PREFERENTE FUTGAL
-Xornada 13ª-
LUGO SALA AUTO M. LOSADA B 10-2 FISOBER FSF
LUGO B: Nico, Álex, Daniel, Raúl, Taisei; tamén:Jorge, David, Yago, Pedro, Luis, Michi, Anxo.
FISOBER: David, Iago, Champi, Carlos, Pablo Costa; tamén: Álex, Suso, Edgar, Juan Emilio, Vicente, Adrián, Cuki.
ÁRBITROS: Fernando Martínez, Francisco Pena, Nico Cutrone.
GOLES: 1-0 min 1 Raúl, 1-1 min 3 Champi, 2-1 min 16 Álex, 3-1 min 17 Álex, 4-1 min 22 Raúl, 4-2 min 23 Carlos, 5-2 min 25 pp, 6-2 min 26 Luis, 7-2 min 27 pp, 8-2 min 28 David, 9-2 min 33 Anxo, 10-2 min 38 Taisei.
Partido correspondente a 13 xornada de liga na Preferente Futgal disputado na tarde do sábado no PM Deportes Lugo. O Fisober a pesares do abultado do resultado final estivo no partido ata que na segunda metade chegaron catro goles seguidos en catro minutos, dous deles en propia porta tras rexeites que minaron a moral dos costeiros.
Difícil saída tiña o Fisober ante un filial dos punteiros da categoría e sempre forte na casa. Non poideron comezar peor as cousas cun gol no primeiro minuto.
Por sorte o Fisober respostou case de seguido cun gol de Champi. Despois disto minutos no que os porteiros foron os protagonistas, con ocasións para o Fisober e para os locais pero desbaratadas polos metas. Ata que cando remataba a primeira metade dous zarpazos de Álex daban vantaxe os locais camiño do tempo de lecer.
A volta do vestiario un gol local era repostado por Carlos, pero chegaron os catro minutos fatídicos que racharon o partido e a moral costeira. Despois ata o final foi capear o temporal.
A vindeira xornada o Fisober recibe ó Casás lucense.
NAS OUTRAS CATEGORÍAS FISOBER
Nas inferiores tan solo competía o Xuvenil Masculino xa que foi fin de semana de selección comarcais con boa representación do Fisober.
PRIMEIRA FUTGAL XUVENIL
-Xornada 9ª-
FISOBER FSF 7-0 HERCULES FS
Polo Fisober formaron: David, Mario, Pablo Costa, Samuel, Juan Emilio; tamén : Adrián Martínez, Lucas, Iago, Adrián Trasmonte.
Os goles costeiros foron obra de : Iago en tres ocasións, Adrián Trasmonte, Pablo Costa, Mario e Samuel.
A colexiada foi, Aya Fathallah.
O partido disputouse na mañá do domingo nas ID de O Conco en Dumbría.
A próxima xornada visitan ó líder C. Liceo.
-Fotos e texto : Luis Sambad/Prensa Fisober FSF