CRÓNICAS : DERROTA DO BERGANTIÑOS NA 1ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA E VITORIA DO CEE E DERROTAS DE MIÚDAS, E XALLAS NA 2ª DIVISIÓN GALEGA.

Xallas FC Feminino en foto de pretempada.

 

Aquí tes nun só artigo as crónicas dos nosos equipos na 1ª División galega Feminina na sua 2ª xornada e da 2ª División Galega Feminina Grupo 1. Esta é unha web caseira e por tanto as veces non podemos achegarnos as cousas como quexéramos por mor de asuntos laborais, as veces, e outros de saude, ou persoais, xa que fago todo eu. Esperamos en breve poder traervos as crónicas coma estes anos co comentario do adestrador do equipo, pero agora mesmo énos imposible.

Aquí as tedes dunha maneira distinta e seguindo a cronoloxía da acta que publica a RFGF, que pode estar equivocada e algún gol, ou goleador, estar equivocado en cronoloxía ou nome.

 

1ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA

-2ª Xornada-

Bergantiños FC 1-3 SD O Val

Derrota do Bergantiños nun choque que se rompeu o final da primeira metade cando o O Val se adiantaba por medio dun penalti. A volta de vestiarios as rapazas de Gueli Cotelo tentaron a igualada pero chegaba o segundo por medio de Noemí. Acurtou distanzas o Bergan por medio de Alba e no treito final Noemi repetía para firmar o definitivo 1-3 cando parecía que podía chegar a igualada.

Goles : 0-1, Alba Permuy, (44´de penalti); 0-2, Noemi, (63´); 1-2, Alba Villar, (75´); 1-3, Noemi, (89´).

 

CLASIFICACIÓN : PREME AQUÍ

CALENDARIO : PREME AQUÍ

 

2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G1

-1ª Xornada-

UC Cee 2-0 SD Antas

Encontro controlado polas ceenses que se adiantaban na primeira metade, pasado o cuarto de hora, cun tanto de Sharay, e sentenzaban na segunda metade pasada a hora de xogo por medio de Lucía Martínez.

Goles : 1-0, Sharay, (17´); 2-0, Lucía Martínez, (63´).

 

ED As Miúdas 1-2 SE Abella SDEC

Dous malos minutos pasada a media hora de xogo déronlle unha boa ventaxe ao Abella, que se adiantaba por medio de Lucía e dous minutos despois co equipo muradán ainda sen asimilar o gol, facía o segundo Laura. Na segunda metade Elba recurtaba con tempo para todo, pero non chegaría o segundo que lles dera opcións a puntuar.

Goles : 0-1, Lucía, (37´); 0-2, Laura, (39´); 1-2, Elba, (54´).

 

Xallas FC 1-2 Brexo Lema SD

Adiantouse o equipo xalleiro por medio de Olalla a media hora de xogo, resultado co que se chegaba o descanso. Mal lle sentou o gol da igualada as rapazas que dirixe Rupper, pois tan só 3 minutos despois de que Nerea acadase a igualada para as visitantes, Laura facía o da remontada. Buscaron o empate as xalleiras ata o final, pero este non chegou ante o bo traballo das do Brexo.

Goles : 1-0, Olalla, (30´); 1-1, Nerea, (65´); 1-2, Laura, (68´).

 

 

CLASIFICACIÓN : PREME AQUÍ

CALENDARIO : PREME AQUÍ

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Foto : Xallas FC