CRÓNICAS DERRADEIRA XORNADA DA 3º DA COSTA : “A LIGA REMATA CO BAIÑAS CAMPIÓN, PORTEÑO SUBCAMPIÓN, E BUÑO, ZAS, CAMELLE E LAXE A PROMOCIÓN”

 

Crónicas 26ª Xornada

(Derradeira)

Quedaba por saber o campión e unha praza de fase de ascenso, e todo quedou como estaba a semana pasada. O Baiñas gañou e levouse o campionato, o Porteño a praza de ascenso direto, que xa acadou fai 3 semanas, e o Laxe, tiña que gañar para loitar na fase de ascenso e fíxoo. Polo tanto Baiñas, con 64 puntos de 20 encontros gañados, 4 empatados e tan só 2 perdidos, marcando 66 goles e con tan só 21 en contra é o flamante campión e na fase xogarán Zas contra Camelle e Buño contra Laxe. Destacar da xornada a capacidade goleadora, con 36 goles anotados.

O “mérito” final de ser o “Faroliño vermello”, que se xogaban Ameixenda e Malpica, o final foi para os ceenses, que xa o tiñan e precisaban gañar e que o Malpica non o fixera. Perderon os dous.

 

O Baiñas pecha a liga regular co título de campión.

 

CD Baiñas 3-0 CF Lira

Ángel Insua “Rosqui”, (Adestrador do CD Baiñas) : “O Partido levámolo ben, dominamos de principio a fin, gañamos 3-0, e o millor para min do Lira foi o seu porteiro. Estivemos moi ben na casa este ano, gañamos todos os partidos coa portería a cero, solo recibimos un gol do Laxe nun 3-1. O acabar a primeira volta perdéramos un partido e empatáramos 3. Propuxemos melloralo e centrarnos en ir partido a partido, e fixemolo. Creo que somos un equipo merecedor do campionato. Tivemos baixas importantes pero o equipo competiu mantendo o nivel sempre. Agora a disfrutalo, pois traballámolo moito…Xogharon: Sergio, Raúl, Borja, Dylan, Héctor, Hermida, Maikol, Oreiro, Cristian Canosa, Kevin e Ruli. Tamen xogharon; Chipi, Carlos, Adrián e Rodrigo”.

Gabri de Sil, (Adestrador do CF Lira) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.

Goles : 1-0, Crístian Hermida, (26´); 2-0, Dylan, (37´de penalti); 3-0, Javi Oreiro, (65´).

 

 

CF Porteño 4-1 CD Nantón

Jesús Alonso Cousillas, (2º Adestrador do CF Porteño) : “Antes ca nada felicitar ao Baiñas polo título de liga, e no que se refire o encontro na 1ª parte saimos algo apáticos, non estábamos moi metidos no partido. Os primeiros 20 minutos o dominio foi do Nantón sen crear ocasións, pero puxéronse diante tras unha boa xogada e conseguimos empatar por medio de Carrabete que lle gaña a partida o porteiro e marca a porta baleira. No descanso dixémoslle aos nosos que había que subir unha marcha e entendérono moi ben e foron a polos 3 puntos, e nada máis comezar o segundo periodo marcaba Álan. Logo nunha boa xogada facía Brais o terceiro e faltando 5 minutos Marquiños facía un bo gol ca sua perna menos boa para rematar 4-1, e poñer fin a tempada e agora esperar a que chegue a Copa”.

Francisco Javier Cerbán, ( Adestrador do CD Nantón) : “No referente o partido, unha primeira parte sen demasiadas ocasións, na que nos adiantamos cun bo gol de Iván. Eles empatan finalizando a primeira parte e nesa xogada lesionase o porteiro Guille, cun problema na man, tendo que actuar toda a segunda parte Xoel, lateral ezquerdo. Con esta premisa intentamos seguir xogando e competindo, pero eles conseguiron adiantarse tres veces máis. Destacar un clarísimo penalti por mans dentro da área que se viu de aqui a lúa, e que o árbitro non pitou. Fora do estrictamente do partido non me gusta entrar en polémicas pero hai cousas que non vou permitir, a semana pasada leía a crónica do Laxe-Porteño que non era bó para o futbol que lles puxeran contra o Camelle un árbitro de Vimianzo e contra o Laxe un de Cabana. Houbérame gustado ver hoxe tamén que criticaran que para o partido deste finde puxeran un árbitro veciño e ex xogador do Porteño, pero claro só nos queixamos cando nos interesa. E outro detalle que ainda é peor para o fútbol e que se dubide da profesionalidade dos xogadores do Nantón, que estan xogando por amor a unhas cores e un deporte, con frases por parte do entrenador rival decindo que estaban correndo tanto porque víñamos pagados polo Baiñas. Eu son de Baiñas e teño moitos amigos xogando no Baiñas, e en ningún momento me escribiron ou chamaron para falar do noso enfrontamento contra eles, porque como se demostrou o final non o necesitaban“.

Goles : 0-1, Iván Moreira, (32´); 1-1, Carrabete, (38´); 2-1, Álan, (47´); 3-1, Brais, (65´); 4-1, Marquiños, (90´).

++++

 

Zas e Camelle volverán a verse as caras na fase de ascenso.

 

Sporting Zas 1-1 SD Camelle

Martín Vecino, (Adestrador do Sporting Zas) : “Partido no que o Camelle lle valía o empate para mantela cuarta praza, e no que esperabánnos repregados. Tivemos o maior parte do tempo a posesión de balón, e intentábamos mover para que apareceran os espazos. Na primeira parte tivemos algunha ocasión clara para poder abrilo marcador, e tamén un susto nunh boa xogada do Camelle, con centro lateral e remate perigoso. A segunda parte volvemos a ter moitas ocasións pero non estivemos acertados de cara a gol. Adiantouae o Camelle nun balón que nos colleron as costas, e puidemos aproveitar unha ocasión de Dani das moitas que tivemos para empatar”.

Sergio “Crejo”, (Adestrador do SD Camelle) : “Partido no que chegábamos con 4 sancións e ata 7 baixas, seríamos 11 e mais un porteiro suplente. Deixámoslle que eles levaran o peso do xogo, e nós tentar elaborar xogadas con paciencia, e con esa paciencia teríamos un para de ocasións claras, pero o Zas chegaba con máis ganas e tería asta un man a man que o noso porteiro pararía, pero o marcador non se movería antes do descanso. A segunda parte foi máis do mesmo, pero adiantaríamonos no marcador, cun gol de Gabi cun tiro dende fora do área. A partires de aí o Zas colleu as rendas do partido, e nós xa con algún xogador desfondado, empezaron a dominar o partido e tiveron 4-5 ocaións claras para marcar. O gol chegaría cunha xogada, na que se aprobeitan que o noso porteiro queda tendido no céspede por mor dun encontronazo cun xogador deles. Terían un par de ocasións máis claras, pero o marcador non se movería”.

Goles : 0-1, Gabi, (65´); 1-1, Dani Mato, (85´).

 

Xallas FC B 1-3 SD Laxe

Jorge Quintáns “Churián”, (Adestrador do Xallas FC B) : “Empezamos moi ben situados no campo e con claro dominio, tendo varias ocasións de gol, donde o Laxe non nós creaba ocasións. No minuto 30 chega o gol de Adrián Forjan. No dedcanso realizamos dous cambios, e no 20 da segunda parte outros dous por lesión. Cara o final do partido o Laxe apretou pola importancia que para eles tiña o encontro e foi onde conseguiron os goles. Dar por finalizado a temporada e agradecer os xogadores polo traballo e presidente e directiva pola confianza que depositaron en mín“.

Eliseo Rama “Lilo” (Adestrador do SD Laxe) : “Partido que tivo duas caras. Na primeira metade o Laxe saeu agarrotado, non soubemos sair como equipo e o dominio foi do equipo rival, co control e nós non estábamos a ter o noso día e a raiz disto ven o gol deles. Na segunda metade fomos a polo partido pola importanza que tiña para nós, e José Manuel empataba a saida dun corner tras un rexeite mete a bocaxarro e tocando nun defensa. A partires de aí fomos a por todas e Iago Toerres facía dous goles de Champions, imparables por toda a escadra. Na derradeira media hora demos a talla sabedores de que podíamos ir a por eles cunha presión alta. Vitoria merecida e estamos aí no Play-Off”.

Goles : 1-0, Adrián Forján, (30´); 1-1, José Manuel, (79´); 1-2, Iago Torres, (81´); 1-3, Iago Torres, (86´).

 

 

Atlético Pereiriña FC 3-2 SCD Malpica

Serxio Domínguez, (2º Adestrador do Atlético Pereiriña FC) : “Partido marcado pola situación de non xogarse nada e polo climático, con temporal de vento e choiva. Na 1ª parte o Malpica xogou a favor do vento e custáballe pouco chegar a nosa área, incluso o gol de falta foi condicionado polo vento. Ainda así o Pereiriña defendeuse ben e empatábamos. Resultado co que íamos o descanso. Na segunda os cambios sentáronlle ben o Malpica e tentaron vencer as condicións pero nós marcábamos dous máis, e tivemos oportunidades para pechar o encontro. Coa expulsión do noso porteiro o Malpica recortaba diatancias“.

Jorge Calvete, (Adestrador do SCD Malpica) :“Partido moi condicionado polo forte vento. Primeira parte eles querían tocar pero non conseguían pasar do medio campo, porque un nada que levantabas o balón ía fora, e eso que o campo ceense é unha agra. Unha falta, e mete Alberto por enriba da barreira. Tampouco creamos moito perigo, e eso que tíñamos o vento a favor. Na segunda co vento en contra, eles tiraban desde calquer lado, e paraba Macías ou ía fora. Nunha delas o final entra e empatan, O vento mete o balón dentro nun corner. Siguen tirando desde lonxe, e segue parando Macías. Meten o terceiro, e Simn nunha contra mete no 83´, para recurtar distanzas. Vento, auga e pouco fútbol”.

Goles : 0-1, Alberto Hombre, (19´); 1-1, Salvador, (45´); 2-1, Rodrigo, (74´); 3-1, Rodrigo, (75´); 3-2, Simón, (83´).

Incidencias : O árbitro do encontro, Chrístian Sendón, expulsou con vermello direto o porteiro do Pereiriña, Isma Antelo, (60´), e ao xogador do Malpica Jorge Martínez, (43´).

 

 

SCD Buño 7-3 CF Castrelo

José Antonio Carabel, (Adestrador do SCD Buño) : “Partido dominado de principio a fin polo Buño no que volvemos a recuperar as boas sensacións e bo xogo da primeira parte da temporada. Adiantámonos no marcador nunha xogada combinativa que Elías Suárez termina picando por enriba do porteiro. Xusto despois Miguel Dourado anotaba ó 2-0, con un golpeo desde fora da área. O Castrelo recortou distancia con unha falta desde o medio do campo que sorprende a Darío. Volvemos a marcar xusto a continuación de penalti, outra vez Elías Suárez. O Castrelo sempre moi ordenado e querendo sair a contra. Ata o final da primeira metade tivemos varias ocasións claras nas que nin Iván, nin Omar estiveron acertados na definición. A volta do descanso, Omar con unha volea desde a frontal marcou ó 4-1, e nun centro lateral o 5-1. O Castrelo non lle perdeu a cara o partido en ningún momento e nunha contra marcou ó 5-2. Nos seguimos acumulando ocasións, e Eloy fixo o 6-2 de forte disparo cruzado. Noutra contra o Castrelo marcou o 6-3 xa qué na segunda metade tivemos menos equilibrio defensivo. Xa cerca do final Omar cerrou o definitivo 7-3 firmando o seu “hat-trick” particular, resultado que incluso podería ser máis abultado se estiveramos máis acercados na finalización o longo do partido”.

José Manuel Ordóñez, (Adestrador do CF Castrelo) : “Era o noso último partido desta temporada, e fomos con moitas baixas, entre elas a do noso porteiro por lesión, e tivo que poñerse baixo paus o capitán e presi, Estebo. Resultado quizás demasiado abultado polo visto no campo. Esta segunda volta notamos moito perder varios xogadores claves por distintos motivos. Quero agradecerlle os que nas duras estiveron co equipo ata o final. Xa por último felicitar o Porteño polo ascenso, e o Rosky, e Baiñas por o título de liga. Agora haberá que ir apoiar a algún equipo na fase desde a grada”. 

Goles :  Polo Buño marcaron : Elías, Miguel Dourado, Elías Suárez, (2), Miguel Dourado, Omar, (3), e polo Castrelo : Adrián, e David, (2).

 

O Ameixenda no Pedra Queimada.

 

Sporting Seaia CF 6-1 SD Ameixenda

Óscar Moscoso, (Adestrador do Sporting Seaia CF) : “Partido dominado de principio a fin polo Buño no que volvemos a recuperar as boas sensacións e bo xogo da primeira parte da temporada. Adiantámonos no marcador nunha xogada combinativa que Elías Suárez termina picando por enriba do porteiro. Xusto despois Miguel Dourado anotaba ó 2-0, con un golpeo desde fora da área. O Castrelo recortou distancia con unha falta desde o medio do campo que sorprende a Darío. Volvemos a marcar xusto a continuación de penalti, outra vez Elías Suárez. O Castrelo sempre moi ordenado e querendo sair a contra. Ata o final da primeira metade tivemos varias ocasións claras nas que nin Iván, nin Omar estiveron acertados na definición. A volta do descanso, Omar con unha volea desde a frontal marcou ó 4-1, e nun centro lateral o 5-1. O Castrelo non lle perdeu a cara o partido en ningún momento e nunha contra marcou ó 5-2. Nos seguimos acumulando ocasións, e Eloy fixo o 6-2 de forte disparo cruzado. Noutra contra o Castrelo marcou o 6-3 xa qué na segunda metade tivemos menos equilibrio defensivo. Xa cerca do final Omar cerrou o definitivo 7-3 firmando o seu “hat-trick” particular, resultado que incluso podería ser máis abultado se estiveramos máis acercados na finalización o longo do partido”.

Fernando Domínguez, (Delergado do SD Ameixenda) : “Fin de tempada, a falta ainda de saber se entraremos ou non na Copa. Despois do bo partido da semana pasada os rapaces iban con ilusión e ganas a Malpica, pero a última hora caéronse tres xogadores da convocatoria e xurdiron de novo as pantasmas recentes de convocatorias sen suplentes. E ademais no m.30 Evaristo non podía seguir por molestias nun nocello e no 45 Mauro por unha picada nunha coxa. O Seaia, mais enteiro e xogándose entrar na fase de ascenso poñía algo mais de empuxe e no m.13 Sergio xa marcaba o 1-0. O Ameixenda fallaba moitos pases en zonas comprometidas e nunha destas perdas de balon chegou o 2-0 despois dun centro dende a dereita rematado de novo por Sergio, m.17. Demasiadas facilidades e opcións de segunda e ata terceira xogada ou malos despexes, como no m.36 no que despois de varios rexeites dentro da área pequena, Luis Manuel aproveita para facer o 3-0. E a piques de terminar a primeira parte, m.42, Alejandro facía o 4-0 que xa deixaba o partido sentenciado. No segundo tempo o Ameixenda entrou mellor no partido e tamén o Seaia xa estaba mais pendente do que pasaba no Xallas B – Laxe. Así o xogo foi mais igualado con ocasións por igual dos dous equipos. Martín no m.76 e Raúl no m.82 facían dos goles mais para o Seaia e Dani marcaba o do Ameixenda no m.85…Xogaron polo Ameixenda: Costa, Pikita, Evaristo (Chapu, 32′), Pablo, Sergio, Juan Lagoa, Álex, Dani, Mauro (Fabián Barreiro, 46′), Torices e Yago “. 

Goles :  Polo Sporting Seaia CF marcaron : Sergio Fernández, (2), Luis, Alex Mato, Martín e Raúl, e polo SD Ameixenda : Dani López.

Incidencias : O árbitro do encontro, Pablo rama, non amosou ningún cartón. Sairon lesionados os xogadores do Ameixenda, Evaristo e Mauro, aos que lles desexamos unha pronta recuperación.

 

 

CLASIFICACIÓN

 

 

-Resultados de todo o Fútbol senior masculino e feminino da Costa : PREME AQUÍ

 

Piratasdemuxia.es non se responsabiliza dos comentarios vertidos polos protagonistas, que són únicos, propios e intrasferentes. Só pedimos coherencia nos comentarios e corrección. Todos aqueles comentarios que nos cheguen con insultos non serán publicados. As críticas a terceiros, (árbitros, público, etc), só as emitiremos baixo a corrección e o respecto. As críticas sobre arbitraxes que poida haber, son propiedade do que as di, pois no mundo do fútbol en tódalas ligas, as críticas arbitrais son totalmente normais. Tamén queda abertan a nosa porta a todo aquel do colectivo arbitral que queira amosar a sua disconformidade con calquer comentario, no dereito a respota, así coma outra clase de persoas nomeadas, (delegados, adestradores, xogadores, aficións, etc…). Por último agradecer a tódolos que colaboran nestas crónicas, que son ás máis completas da nosa prensa deportiva e que amosa dous puntos de vista sobre un mesmo encontro. Sen eles non sería posible pois este é un traballo de todos…Gracias.

 

-Foto Baiñas : Concello de Vimianzo

-Foto Ameixenda : Fernando Domínguez

-Foto Camelle : Gonzalo Lemus

-Texto e montaxe : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies