CRÓNICAS : DEBÚT HISTÓRICO DO FISOBER SENIOR MASCULINO CON VITORIA E VITORIA DO CADETE FISOBERISTA.

 FISOBER MASCULINO SENIOR E CADETE

O Fisober Senior debutou con vitoria en Monfero.

 

Este fin de semana era unha data histórica para o Fisober xa que xogaba o seu primeiro partido oficial o senior masculino, tamén competía o cadete masculino.

 

 

Na Primeira Autonómica Masculina Senior no seu Grupo 1 o Fisober visitaba o CD Concello de Monfero en partido disputado na mañá do sábado no PM O Xestal de Monfero en partido correspondente a primeira xornada de liga.

Polo Fisober xogaron: Víctor, Carlos, Álex, Javi, Iván; tamén xogaron: Álex, Adan, Suso, Mario.

Os colexiados foron: Pablo García, Ramón Bujía.

Os goles foron obra de Álex e Javi en dúas ocasións e Iván.

O resultado foi de un a cinco a prol dos costeiros que conseguían o triunfo no seu primeiro partido oficial da historia. Un equipo nado para dar saída os xogadores que acaban a súa idade en inferiores cheo de xogadores en idade xuvenil e con pouca experiencia que ten coma obxectivo seguir a competir.

A vindeira semana reciben o CD Composala, herdeiro do antiguo Santiago Futsal.

 

 

Na División de Honra Cadete Masculina o Fisober visitaba o SDCR Narón O Freixo en partido disputado na tarde do domingo no PM As Lagoas de Narón en partido correspondente a terceira xornada de liga. O resultado foi de un a seis a prol dos costeiros.

Polo Fisober formaron: David, Adrián, Pablo Costa, Juan Emilio, Pablo Taboada; tamén xogaron: Miguel, Iago, Mario, Rubén, Eloy.

Os colexiados foron Eloy Bello, Inés Rodríguez.

Os goles costeiros foron obra de Pablo Costa, Iago e Adrián en dúas ocasións cada un.

Primeiro triunfo a domicilio dos costeiros que suman seis puntos de nove posibles na máxima categoría, gran inicio de tempada para os de Ana Mouzo.

A vindeira xornada o Fisober recibe ó ADC Lugo Sala Acasti Reformas.

 

-Foto e Texto : Prensa Fisober FSF

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies