CRÓNICAS DAS VITORIAS DE SOFÁN E XALLAS E DERROTA DO FISTERRA NA 19ª Xda DA PREFERENTE NORTE.

O Sofán sumou 3 importantes puntos ante o Lemos.

 

Clube Lemos 0-1 SD Sofán

Marco López, (2º Adestrador do SD Sofán) : “Partido trabado na Pinguela, onde chegaba a SD Sofán despois dunha boa racha e coa intención de seguir aumentando as boas sensacións, tanto en xogo coma en resultados. Pronto avisou o Lemos nun centro lateral que desvia lixeiramente Brais para evitar o remate de Denis. Moito centrocampismo e demasiadas imprecisións propiciaron poucas ocasións para os dous equipos. Foi ata os últimos 10′ da primeira parte onde o Sofán estirouse para ter varias ocasións consecutivas, onde os protagonistas foron Alexandre e Carro que con boas combinacións entre os dous tiveron os remates mais claros, un para cada xogador. Antes do descanso reclamouse un penalti sobre Carro que o colexiado non apreciou. Asi chegouse o descanso. Na reanudación mais do mesmo, con un Sofán ben plantado e buscando a velocidade polas bandas para abrir o marcador pero seguian sen materializarse. Non foi ata o 79′ cando nun roubo do equipo visitante, Matias xoga con Quintela e este prolonga para Eibe que mete un pase en campo contrario e coa defensa do Lemos en medio campo para a chegada de Alexandre incorporandose dende atrás e tras unha gran internada desde o medio adentrase na área e marca de tiro cruzado para poñer o 0-1 definitivo. De ahi ata o final o Lemos buscou o empate ante unha SD moi sólida e que suma 3 novos puntos nun campo dificil e cos que cerra a 1a volta.

SD Sofán : Brais, Añon, Gody, Canedo, Viqueira, Juanjo, Carro, Fabian, Alexandre, Raúl, e Fita.

Cambios:
45: Quintela x Raúl
65: Eibe x Carro
67: Matias x Fita
69: David Castro x Viqueira
85: Becerra x Juanjo

Goles : 0-1, Alexandre, (79´).

 

Xallas FC 2-0 CD Foz

Adrián Lema, (Adestrador do Xallas FC) :Partido diante de un rival directo donde para nos era un partido importante e así foi que salimos enchufados desde o inicio ainda. Foi unha primeira parte sin un dominador claro e con varias ocasions de goles por parte do Foz 2 claras e por parte do xallas blanco, marquiños e carliños. O marcador non se movía ainda que o xallas chegaba con algo mais de peligro. Na segunda metade o xallas saliu con mais intensidad e apretaba xa que non se conformaba co empate. E en unha contra casi o final marca carliños en un centro lateral. A raíz do gol o Foz puxo mais efectivos pats empatar pero camilo marca o ver o porteiro adiantado. E así sentenciar o encontro.

Xallas FC : Coke, Cris, (Peke), Jaco, Loureiro, Mouro, Santi, Borja, Carliños, Mato, (Camilo), Marquiños e Blanco.

Goles : 1-0, Carliños, (87´); 2-0, Camilo, (90´).

 

San Tirso 2-1 SD Fisterra

Ángel López, (Adestrador do SD Fisterra) : “Partido trabado moi físico donde non demos o ancho necesario para sumar puntos. O San Tirso tirou duas veces e metíu dous goles, pero defendíu a sua área como se lle fora a vida, e nos non puidemos igualalos. Empezamos ganando no minuto 15 de saque de banda, errou o porteiro e gol de Makaay que só empuxou o balón a rede. Empatou a San Tirso no minugo 30 de forte disparo de fora da área, despois dun rexeite de corner. Na segunda parte tíñamos que cambiar de marcha para superar o rival, pero non fomos capaces. O San Tirso, puxo o segundo igual que o noso primeiro de saque de bada de erro da defensa, e do noso porteiro. Expulsaron ao 11 do Sa Tirso por duas amarillas e iniciamos o acoso a área, pero o San Tirso defendeuse moi ben. Anularon un gol a Aarón por fora de xogo e Makaay e Breixo non acertaron dous remates de cabeza. Resultado xusto pola entrega do San Tirso que mereceu o resultado despois do gran traballo que nós, non puidemos igualar.

Goles : 0-1, Adrián “Makaay”, (21´); 1-1, César, (36´); 2-1, César, (60´).

San Tirso : Diego, Daniel, Óscar, César, Nacho, Alejandro, Álvaro, Manuel, Daniel González, Xián e Ramos.Tamén xogaron : Murillo, Alejandro e Martín.

SD Fisterra : Iván Bouzón, Pablo, Breixo, Aarón, Adrián “Makaay”, Santiago, Herbert, Javier, Julián, Julito, e Esteban. Tamén xogaron : Rodrigo, Chritopher, Marcote, Jesús e David.

 

CLASIFICACIÓN

SD Fisterra : 2º con 36 puntos

SD Sofán : 12º con 24 puntos

Xallas FC : 19º con 15 puntos

 

Darlle as gracias aos nosos colaboradores e adestradores pola sua colaboración na confección das crónicas, fotos, vídeos e todo que nos aportan en beneficio da información.

www.piratasdemuxia.es non se responsabiliza polas opinións vertidas polos colaboradores, sendo suas e intransferibles.

 

-Foto : Marco López

-Texto : colaboradores/piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.