Razo e San Ramón serán os finalistas da “Copa da Costa de Veteranos”, tal e como xa vos apuntamos no avance do pasado Domingo tralo remate dos encontros de semifinais, nos que o San Ramón desfacíase do Buño nun choque tremendamente disputado e o Razo deixaba pola popa ao Nantón nun choque moi serio dos carballeses.
-CRÓNICAS DAS SEMIFINAIS-
SCD Buño 3-4 ACD San Ramón
Encontro tremendamente disputado no que se adiantaba o San Ramón mediada a primeira metade cun tanto de Sergio, e que poñía terra de por medio tras materializar un penalti, Juan Maceiras, pero un gol de Whashington un minuto despois, e antes de irse a vestiarios abría o marcador. A volta do tempo de lecer Víctor conseguía a igualada, e sen tempo a reacción Whashington facía o da remontada. Despertou o San Ramón e pouco despois conseguía poñer as táboas no marcador cun tanto de Juan carlos. Foi no 71 cando repetía Maceiras para facer o 3-4. Pouco despois os de Buño quedaban cun menos o ver vermello direto Dani Cerqueiro, o que axudou o desenlace final.
Goles : 0-1, Sergio, (26´); 0-2, Juan Maceiras, (41´de penalti); 1-2, Whashington, (42´); 2-2, Víctor, (52´); 3-2, Whashington, (54´); 3-3, Juan Carlos, (59´); 3-4, Juan Maceiras, (71´).
Arbitro : Carlos Señarís. Expulsou a Cerqueiro no 75´e amonestou a Jonatan, ambos do Buño, e a José Manuel e Pablo do San Ramón.
CD Razo 2-0 CD Nantón
Encontro de loita que se levou o subcampión da 1ª Galicia de Veteranos o adiantarse a media hora por medio de Bello, e que sentenzou na segunda metade no derradeiro cuarto de hora de xogo cun gol de Docampo. Buscou o gol que os metese no encontro o equipo cantonés pero este non chegou.
Goles : 1-0, Alejandro Bello, (29´); 2-0, Jesús Docampo, (78´).
Arbitro : David Castreje. Amonestou a Alejandro Bello polos racenses e a Félix polos nantoneses.
-GRAN FINAL-
CD Razo – ACD San Ramón
Día : Domingo 04/06/2023
Campo : As Pedreiras, (Verdillo-Carballo)
Hora : 11:00
Arbitro : Sen asignar
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”