CRÓNICAS DA XORNADA NO FÚTBOL FEMININO DA COSTA : “VITORIA E 2º POSTO DO CORCUBIÓN NA LIGA DE F7 DA CORUÑA, EMPATE DO CERQUEDA E DERROTAS DO CORME E PONTECESO NA 2ª DIVISIÓN GALEGA GRUPO2”.

 

LIGA FÚTBOL 7 A CORUÑA GRUPO A

15ª Xornada

O UD Corcubión xogou nos Campos da Torre, (A Coruña).

 

Relámpago SD 0-3 UD Corcubión

Rubén Castillo, (Adestrador do UD Corcubión) : “Partido moi serio das nosas. Apenas permitimos que o Relámpago nos tirase máis que algún tiro lonxano que Elena parou sen problemas. Empezamos moi enchufadas e tivemos ata 2 paus antes de marcar o primeiro gol de Sara. Na segunda parte era cuestión de tempo para que caesen máis goles chegando ao 0-3, con dous goles de María. Partido importante moi ben traballado e ganado”.

Relámpago SD :  Raquel, María, rebeca, Lucía, Top seck, Laura e Estefanía, (7 inicial), Antía.

UD Corcubión :  Elena, Alexandra, Victoria, Cristina, María, Sara e Noa, (7 inicial); Marta, Paula, Maruxa, Claudia, Adriana e Ana.

Goles : 1-0, Carla, (8´); 2-0, Cristina, (12´); 3-0, Cristina, (18´); 4-0, Lara, (43´).

Árbitro : Aurora Malvarez. Sen amonestacións.

 

CLASIFICACIÓN

O Corcubión sube a 2ª praza con 37 puntos, 3 máis co seu rival desta xornada, Relámpago SD, e a 5 do lider, CD Marte.

++++

 

2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA GRUPO 2

-18ª Xornada-

 

Corme CF 0-3 UD Carral

Rubén Souto, (Adestrador do Corme CF) : “Partido condicionado polo vento, como sempre no Cairo cando hai temporal, ainda así os dous equipos intentaron propoñer e non utilizar o vento para atacar. Estaba o encontro igualado no marcador cando fixo a aparición o factor favorable do vento, e levantaría un balón despois do bote por encima da nosa porteira que saira a por un balón sin perigo ningún, (pasoulle exactamente igual o porteiro do Coristanto despois a tarde). Ese foi un golpe duro para o equipo que a partir de aí, si empezou a ver cómo o Carral collía o control do partido xerando perigo constante, metendo dous goles máis. O terceiro deles un golazo de tiro lonxano.
Na segunda parte non se movería máis o marcador
“.

Corme CF : Belén, Lucía (Ana), Laura (María), Aroa, Vero, Cris (Julia), Irene, Ana, Carla, Nati (Candela), e Naroa.

Goles : 0-1, Anabel, (25´); 0-2, Alba, (31´); 0-3, Sara, (40´).

Árbitro : Alejandro Tato. Amonestou a Ana María do Corme.

 

Lance do xogo do Ponteceso-Meicernde.

 

Ponteceso SD 0-5 Sporting Meicende

Marcos Curro, (Adestrador do Ponteceso SD) : Comezaba o encontro con moita intensidade por parte dos dous conxuntos , pero onde as ocasións máis claras eran para as locais por medio de Andrea e Lauriña en sendas xogadas convinativas onde foron ben atalladas pola meta visitante Aroa. Non conseguía ter ocasións claras o Meicende grazas a un bo traballo de presión grupal das rapazas de Curro podendo de novo adiantarse en sendas xogadas o contragolpe nas que Ainhoa , Mel e as dianteiras Lauriña e Andrea non estarían atinadas . Chegaría un duro golpe o bo traballo mostrado polas pontecesás en toda esta primeira parte co gol visitante o redor do minuto 42 con un pase filtrado a espaldas das centrais e no que non perdoarían o man a man colocando o 0 a 1 no marcador co que se chegaría o deacanso .

Logo do tempo de lecer as de Curro sufrírian unha serie de desafortunios durante toda esta segunda metade convertidos en problemas físicos de ata 4 xogadoras as cales non poideron continuar , e no que o Meicende subiría liñas e conseguiría gañarnos en todas as facetas do xogo e non dou opción a unha posible remontada , conseguindo así cerrar o encontro co resultado de 0 a 5 no que a pesar de ser abultado viuse unha moi boa imaxe local podendo irse con varios goles no seu haber“.

 

 

 

Ponteceso SD : María Lema, Laura Ramos, Andrea Varela, Eva, Andrea Rodríguez, Ainhoa, Lara, Noelia Martínez, Míriam, Laura Berdeal e Silvia. Tamén xogaron : Lucía Mantiñán, Lucía Vila, Virginia e Laura Rodríguez.

Goles : 0-1, Zuleyma, (42´); 0-2, Alba, (47´); 0-3, Nuria, (61´); 0-4, Lucía, (73´); 0-5, Lucía Mantiñán, (80´ en propia porta).

Árbitro : David Cancela. Sen amonestacións.

 

 As cerquedenses celebraron o putno acadado nun bo encontro.

 

UD Cerqueda 2-2 SDC Órdes

Dani García, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Partido moi disputado de principio a fin, con alternativas no xogo para os dous equipos. Comezamos o partido co gol tempraneiro de Paula. Mediada a primeira metade. Logo unha gran xogada do equipo visitante remata no gol do empate. O fío do descanso volvemos poñernos por diante con outro gol de Paula. resultado de 2-1 co que nos iríamos ao descanso. A segunda metade seguiu con alternativas para os dous equipos, e xa contra o final un pequeno erro defensivo foi aproveitado polas visitantes para empatar o partido.
Enorme o esforzo de todas as rapazas”.

UD Cerqueda :  Valeria, Jimena, Lucía, Mónica, Paula, Tatiana, Irene, Lorena, Raquel María Isabel, e Mariña. Tamén xogaron : Inés, Uxía, Sonia e Vanesa.

Goles : 1-0, Paula, (3´); 1-1, Carla, (26´); 2-1, Paula, (44´); 2-2, Sahara, (86´).

Árbitro : David Castreje. Sen amonestacións.

 

 

CLASIFICACIÓN

 

Crónicas da xornada do outro grupo

-2ª División Galega Feminina Grupo 4 : PREME AQUÍ

 

+++++

 

Piratasdemuxia.es non se responsabiliza dos comentarios vertidos polos protagonistas, que són únicos, propios e intrasferentes. Só pedimos coherencia nos comentarios e corrección. Todos aqueles comentarios que nos cheguen con insultos non serán publicados. As críticas a terceiros, (árbitros, público, etc), só as emitiremos baixo a corrección e o respecto. As críticas sobre arbitraxes que poida haber, son propiedade do que as di, pois no mundo do fútbol en tódalas ligas, as críticas arbitrais son totalmente normais. Tamén queda abertan a nosa porta a todo aquel do colectivo arbitral que queira amosar a sua disconformidade con calquer comentario, no dereito a respota, así coma outra clase de persoas nomeadas, (delegados, adestradores, xogadores, aficións, etc…). Por último agradecer a tódolos que colaboran nestas crónicas, que son ás máis completas da nosa prensa deportiva e que amosa dous puntos de vista sobre un mesmo encontro. Sen eles non sería posible pois este é un traballo de todos…Gracias.

Tamén invitar aos que ainda non se uniron a este sistema de crónicas, que contacten connosco, para compartir as suas, así como fotos e todo o material que queiran achegar.

 

-Foto Corcubión : Rubén Castillo

-Fotos Ponteceso : Marcos Curro

-Texto e montaxe : Xosé Búa “Pirata”/adestradores