O lider San Lorenzo, abre máis distanza co segundo trala sua vitoria sobre o segundo clasificado, San Román, (3-1), no que era o encontro da xornada e no que os laracheses precisaban unha vitoria para coller na táboa aos de Berdillo, pero o final de poder empatar na cabeza da táboa, ca vitoria dos carballeses, pasan a ter un colchón de 6 putnos co segundo. Aproveitaron o Arasolis e o Sporting Zas a acercarse ao San Román, cos fisterráns a 2 puntos e os zacenses a 3. Por abaixo o colista Fisterra e o penúltimo Mazaricos, ven cada vez máis lonxe a salvación, ca vitoria do Leliloio, que se suma con 13 puntos, (7 por enriba dos de Mazaricos), a un grupo de outros 3 equipos ca mesma puntuación.
O Leiloio, (tricolor), ponse 7 puntos por enriba do descenso que marca o Mazaricos.
AVISO
Todo aquel equipo que nos queira mandar fotos, comentarios de lesionados, altas,m baixas, etc…Pode facelo a info@piratasdemuxia.es
PROXIMA XORNADA
1ª GALICIA VETERANOS
-11ª Xornada-
No dobre derbi carballís, vitoria axustada do Razo ante o Deportivo Carballo, (2-3), que lles valeu para agunatar o tirón do lider, Oza, que derrotaba ao Sofán, (2-0), para seguir mandando na liga. Aproveitou o Malpica, cunha vitoria apurada pola mínima ante o Soandres, (0-1), para subir a terceira praza e desbancar ao Soneira, que descansaba esta semana.
AVISO
Todo aquel equipo que nos queira mandar fotos, comentarios de lesionados, altas,m baixas, etc…Pode facelo a info@piratasdemuxia.es
PROXIMA XORNADA
-Foto : Jorge Villar “Gorrión”
-Texto : piratasdemuxia