AD Zas Dimobel Bazar Baio, (esq) – CTM Coruña A, (der).
.
.
1ª división galega
AD Zas Dimobel Bazar Baio – CTM Coruña A 1-6
.
lara Romero -Isabel Rodríguez 1-3
José A. Pazos – Pilar Varela 1-3
Matteo Yang – José M. Fernández 2-3
Dobre (Lara/Pazos) – (Isabel/José) 1-3
Lara Romero – Pilar Varela 0-3
Matteo Yang – Isabel Rodríguez 0-3
José A. Pazos – José M. Fernández 3-0
.
Non reflexa o marcador ao que realmente aconteceu na mesa de xogo, pois o AD Zas Dimobel Bazar Baio mereceu gañar mais partidos pero a premura para rematar pronto e as imprecisións pola necesidade de gaar non axudaron nada ante a veteranía do rival. Así derrota contundente coa salvedade de que José A. Pazos salvou a honrilla gañando o ultimo partido. Mal se lle presentan as cousas para manter a categoría a menos que outros xogadores ou xogadoras participen no equipo e que lle gañen partidos.
.
.
VTM Pinturas Figueiras, (der) – Finisterre Sphera, (esqu).
.
.
VTM Pinturas Figueiras – Finisterre Sphera 4-3
.
Nicolás Paz – Elvira García 1-3
Julio Figueiras – Nerea González 3-2
Francisco Paz – Manuel Carrasco 3-2
Dobre (Julio/Fco) – Manuel/Nerea) 1-3
Julio Figueiras – Elvira García 3-0
Nicolas Paz – Manuel Carrasco 0-3
Fco Paz – Nerea González 3-1
.
Sufrida victoria dos vimianceses por 4-3 ante os coruñeses do Finisterre Sphera. Os vimianceses tiveron que loitar ata o último para doblegar ao correoso equipo coruñes. Poideron resolver antes os vimianceses, pero un mal partido de dobres de Julio Figueiras e Paco Paz puxeron a emoción no marcador ata o final. Precisamente foi Paco Paz, seguindo as instruccións dende o banquillo, o que acadou a sufrida victoria no septimo partido contra Nerea González, desquitandose así da derrota que lle endosara a coruñesa na última xornada da liga Malov. Moi ben, coma sempre, Julio Figueiras gañando os dous partidos individuais. Cabe tamén dar ánimos e unha pronta recuperación a Brais Touriñan que sufriu unha lesión durante o entreno o día previo a xornada de liga.
.
2ª división galega
Vilagarcia Graftium – AD Zas O Pinar 5-2
.
Jorge Vázquez – Adrián Levoso 3-0
Jesús Recio – Laura García 3-0
Brais Chaves – Manuel Barreira 3-0
Dobre (Jorge/Brais) – (Manuel/Adrian) 3-1
Jorge Vázquez – Laura García 0-3
Brais Chaves – Adrián Levoso 0-3
Jesus Recio – Manuel Barreira 3.0
.
Derrota por 5-2 do AD Zas O Pinar fronte ao lider invicto Vilagarcia Graftium. Os xogadores vilagarcianos, claros favoritos ao ascenso e posuedores dunhas porcentaxes de victorias entre o 72 e o 100 %, foron superiores aos zasences. A pesar da derrota destaca a loita de Laura García e Adrián Levoso que acadaron as primeiras victorias dun equipo nesta temporada na cas dos vilagarcianos. Os zasences teñen agora as tres últimas xornadas da primeira volta ante rivais asequibles para remontar na clasificación e colocarse nos postos altos e que poidan dar ascenso a primeira galega.
–
.
Concello de Cee, (der)-Club del Mar, (esq).
.
.
2ª división nacional femenina
Concello de Cee – Narón Femenino 0-3
Concello de Cee – Club del Mar 0-3
Concello de Cee – Finisterre TM A Moa 0-3
SD A Baña – Finisterre TM A Moa 3-2
SD A Baña – Club del Mar 0-3
SD A Baña – Narón Femenino 0-3