AD Zas O Pinar – Arteal Promesas
.
3ª división nacional masculina
AD Zas Ponciano Nieto – Arteal Ventanas 2-4
Concello de Mazaricos – CTM Coruña 2-4
.
1ª división galega
AD Zas Dimobel Bazar Baio – EMALCSA Grumico A 5-2
VTM Pinturas Figueiras – CTM Coruña A 4-3
.
2ª división galega
AD Zas O Pinar – Arteal Promesas 2-5
.
Partidos intensos e moi disputados os celebrados este fin de semana tanto en Zas coma en Vimianzo, todos os equipos xogaron como locais, dando como resultado solo dúas victorias en total e ambalas dúas na primeira división galega. Nas outras categorías dase a impresión de que se pode gañar calquer partido e disputase ata o final e este sae favorable ao riival. Queriamos que o progreso nos resultados fose sempre positivo, os demais tamén xogan e non permiten florituras nin se deixan gañar facilmente. Tampouco os nosos xogadores, de aí que os partidos sexan moi igualados, incluso aqueles no s que o resultado xeral marca un 3-0 ou un 0-3, pois si se miran os sets comprobamos que se resolven no desempate. Haberá que prepararse mellor para solventar favorablemente estas situacións.
.
.
Resultados parciais
.
3ª división nacional masculina
.
AD Zas Ponciano Nieto – Arteal Ventanas 2-4
.
Brais Blanco – Carlos Nogueira 3-2
Raúl López – José Alborés 3-1
Stevo – Venancio Gonzalez 0-3
Dobre (Raúl/Brais) – (Carlos/Venancio) 2-3
Raúl López – Carlos Nogueira 2-3
Brais Blanco – Venancio Gonzalez 1-3
2-4
.
José A. Lado – Alberto Trapiello 3-1
Javi Rodríguez – José L. Amor 3-2
Alex Blanco – Francisco Gonzalez 1-3
Dobre (Alex/José) – (Fco/José) 2-3
José A. Lado – José L. Amor 1-3
Alex Blanco – Alberto Trapiello 1-3
.
Empezaron moi ben os dous encontros para os equipos locais, gañando os dous primeiros partidos e xogando moi ben todos os xogadores, despois no terceiro partido xa se via que non ía ser doado gañar e quedaba o partido de dobres que se antoxaba crucial de cara a victoria final, canto se estaba xogando daba a impresión de que era o partido definitivo, como si se dixera, “o que gañe o dobre, gaña o encontro”, e así foi, os equipos locais cederon 2-3 e despois non foron capaces de reaccionar e os rivais aproveitaron ese resquicio moral para gañar os dous partidos seguintes e levarse así a victoria dos encontros. Comentan todos que esta temporada o grupo é moi igualado e eso comprobase cada xornada.
.

AD Zas Dimobel Bazar Baio – EMALCSA Grumico A
.
.
1ª división galega
.
AD Zas Dimobel Bazar Baio – EMALCSA Grumico A 5-2
.
Victor Mendez – Emilio Gómez 3-0
José A. Pazos – Santiago Brandariz 0-3
Matteo Yang – Angel Caamaño 3-1
Dobre (Victor/José) – (Emilio/Santiago) 3-0
Victor Méndez – Santiago Brandariz 3-1
Matteo Yang – Emilio Gómez 0-3
Jossé A. Pazos – Angel Caamaño 3-1
.
VTM Pinturas Figueiras – CTM Coruña A 4-3
.
Julio Figueiras – Jorge Rodríguez 2-3
Brais Touriñsn – Isabel Rodríguez 3-1
Nicolás Paz – Pilar Varela 3-1
Dobre (Nico/Julio) – (Isabel/Jorge) 2-3
Julio Figueiras – Isabel Rodríguez 3-2
Nicolás Paz – Jorge Rodríguez 0-3
Brais Touriñan – Pilar Varela 3-1
.
Por fin unha victoria do AD Zas Dimobel Bazar Baio, claro que ante o colista do grupo, pero unha victoria moi necesitada e non foi con moi bo xogo pero o gañar anima mais que xogar ben e perder. Se noutros días José A. Pazos estivo moi ben desta vez non foi así e perdeu contra Santiago Brandariz, pero Victor Mendez non se deixou sorprender e Matteo Yang fixo o seu punto.
.
Outro caso foi o do VTM Pinturas Figueiras que como decimos cada semana parece que non é quen de gañar pero faino e gaña partidos, como se fixesen a máxima de “partido a partido, pero ganandoo”, Desta vez todos gañaron partidos e foi Brais Touriñan, recuperado da súa lesión, o que gañando os dous, incluido o definitivo dou a victoria aos vimianceses que siguen na zona alta. Todo un éxito para un equipo recen ascendido. Pode parecer que baixou o nivel do grupo pero están moitos equipos de vello aí e eles están por arriba.
.
.

.
.
2ª división galega
.
AD Zas O Pinar – Arteal Promesas 2-5
.
Laura García – R0-3aúl García 2-3
Lara Romero – Jorge Vázquez 0-3
Manuel Barreira – Millán Darriba 0-3
Dobre (Laura/Lara) – (Raúl/Jorge) 2-3
Lara Romero – Raúl García 1-3
Laura García – Millan Darriba 3-2
Manuel Barreira – Jorge Vázquez 0-3
.
O Arteal Promesas é un equipo que sempre se lle atraganta ao AD Zas O Pinar e, eso xogue quen xogue pois non parece capaz de quitarse ese peso de encima. Son deses equipos que non sabes moi ben por que pero sempre che gañan. O positivo foi ver xogando moi ben a Laura Garcia e a compenetración nos dobres con Lara. O negativo, ver as presas por facer puntos fáciles pero que necesitan un ou dous golpes mais. Este é un deporte moi rápido pero que necesita moita calma.
.
Para a vindeira semana son os campionatos nacionais, clasificatorios para o Estatal, e dos nosos solo acude Brais Blanco na categoría sub 23.
.
-Fotos e Texto : Stevo Zas
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas