Gran ambente nun choque entretido no “Rodeiro”.
Aquí vos traemos as crónicas dos dous encontros da volta de semifinais do Play-Off de ascenso a Liga da Costa cos comentarios dos nosos colaboradores os adestradores, Sergio “Crejo”, Martín Vecino, José Antonio Carabel e Lilo. Unha volta de semifinais na que pasaban o Camelle e o Laxe, tras deixar pola popa a Sportin Zas e SCD Buño respectivamente, e que xogarán o vindeiro sábado día 22 de Abril deste 2023 no “Cabo d´area” de Laxe a partires das 18:00 horas a ida da gran final polo ascenso, que a semana seguinte terá a decisión final no “Rodeiro” de Camelle.
Desexámoslle sorte a ambos contendentes e que trunfe a festa do fútbol da costa.
SD Camelle 3-0 Sporting Zas
(Na ida : 1-1)
Sergio “Crejo”, (Adestrador do SD Camelle) : “Partido no que entramos algo nervosos, con fallos de colocación e sen contundencia atrás. Teríamos unha ocasión clara os 10 minutos cun rexeite que recollen Dido dentro do área, e no que o porteiro fai un paradón. Eles terían un par de ocasións pero sin claridade. Poñeríamonos por diante cun tiro cruzado de Adrián. Na segunda parte deixamos os nervos na caseta e empezamos a ser máis contundentes no xogo, e igualaríanse as forzas, tendo nós ocasións máis claras, e os dous equipos xogando con balóns en longo, pero os que acertaríamos fomos nós, e facíamos o segundo, con outro bo tiro de Adrián. Eles terían un par de ocasións boas pero iríanse fora. Xa con eles volcados en recurtar distancias marcaríamoslle o terceiro, nunha boa xogada de Tereso que poñe o centro e Ruso que remataba de testa”.
Martín Vecino, (Adestrasdor do Sporting Zas) : “Partido con ambientazo, bonito para xogar no que empezamos ben, metidos no encontro, penso que na primeira parte estivemos mellor co Camelle, e merecimos algo máis. Tivemos 2-3 ocasións claras, sobre todo duas claras de Andrés. Non acertamos de cara a gol e pagámolo xa que no 45, antes de irse o descanso, nunha mala vixilancia, Adrián plantouse só diante de Pereiras para abrilo marcador. Na segunda pouca historia xa que o sair dos vestuarios recibíamos o segundo. O Camelle defendiuse ben e non conseguimos facerlles dano. Felicitar o Camelle merecedores para min de subir. Espero que lles vaia todo ben na derradeira eliminatoria. Téñolle un cariño moi grande o mister Sergio dende fai anos, e merécese este ano o ascenso polo gran grupo que formou”.
SD Camelle : David Caamaño, Huchiño, Martínsiño, Santi “Maka”, Estiben, Carlos de Dido, Chori, Mario, Carlos, Gabi, Adrián Pasantes, e David Vázquez. Tamén xogaron : Ruso, Sergio, Rubén Lado, e Carlos “Tereso”. Adestrador : Sergio Salgueiros “Crejo”
Martín Vecino : “Adrián, Dani Mato, Pablo, Manuel, Adrián Rama, Álvaro, Andrés, Ánxo, Pablo, Marcos e Darío. Tamén xogaron : Iván e Chrístian. Adestrador : Martín Vecino.
Goles : 1-0, Adrián Pasantes, (43´); 2-0, Adrián Pasantes, (54´); 3-0, Ruso, (86´).
Árbitro : Carlos Señarís Balsa, con Alberto Pombo e Alejandro Tato nas bandas. Non amosou ningún cartón.
SCD Buño 0-1 SD Laxe
(Na ida : 3-1)
José Antonio Carabel, (Adestrador do SCD Buño) : “Partido completamente dominado polo Buño, (o Laxe prácticamente non pasou do medio do campo durante todo o partido, excepto nos últimos minutos do partido), e no que tivemos moito control e moitos acercamentos a portería do Laxe durante todo o encontro, ainda que non estivemos acertados na definición, e no que se notou as múltiples baixas que tíñamos de xogadores ofensivos. Sacamos en torno a 6-7 corners e faltas laterales, e nun despexe deles, na única ocasión que tiveron marcaron o 0-1, xusto antes do descanso. Nos seguimos na misma liña arriscando moito e xeramos moitas aproximacións a portería de Jacobo, ainda que a ocasión máis clara da segunda metade tiverona eles noutra contra despois dun corner que Felipe mandou o longueiro. A diferencia entre un e outro equipo estivo claramente na eficacia, porque creo que o Buño foi o único equipo que intentou gañar no encontro. A pesar de que o resultado non reflexase o acontecido no campo, gustaríame felicitar o Laxe pola sua clasificación para a final do Play-off e desexarlle sorte, tanto a eles coma o Camelle”.
Eliseo Rama “Lilo”, (Adestrasdor do SD Laxe) : “Partido Partido e eliminatoria moi xusta para o Laxe en canto a que nós fomos fomos un equipo que actuou como un bloque compacto e actuando en campo contrario con posicionamento táctico, co obxetivo de non encaixar goles, sabedores de que temos moito potencial do medio hacia arriba, e sabíamos que íamos a ter unha, e así foi, tivémola e tamén oportunidades para ampliar o marcador. Te todas formas o Buño comezou cunha ocasión clara, en torno aos 20 minutos na que puido poñerse por diante e meternos presión, pero nós comezamos a emplearnos máis e ter máis dominio e con contragolpes, e así chegaron as ocasións. Na primeira metade un par delas de Iago Torres, e nun saque de curruncho en contra, no contrataque con Bieito, e cun pase atrás a Santi Casás, que nos poñía por diante antes do descanso. esto foi un xarro de auga para o Buño. A segunda metade foi un calco do mesmo, pero creo que nós tivemos unha marcha máis e fomos máis equipo e máis bloque, e tivemos ocasións moi claras, en especial unha de Felipe que manda a madeira, outra de Biieito, e tamén de Iago Torres, cun man aman que lle sacou Darío. Creo que puido ser un 1-3, 1-4, e penso que xustos vencedores da eliminatoria. Agora vexo que o Camelle vai a ser un rival moi difícil, que chegou moi ben o final desta tempada e ademáis o Rodeiro vai a ser determinante, porque eles saben xogar nese tipo de terreo e a ver se nós somos quen de adaptarnos a él. Que sexa un bo partido para todos, xogadores e afeccionados”.
SCD Buño : Darío, Simón, José, Martín, Breogán, Miguel Dourado, Fran Santiago, Luis, Iván, Eloy e Sergio. Tamén xogaron : Omar, Javi Facal e Adrián. Adestrador : José Antonio Carabel.
SD Laxe : Jacobo, Mikel, Pombo, Iago Torres, Gora, Santi Casás, Miguel Torres, Bieito, Eloy, José Ángel e Felipe. Tamén xogaron : Jacinto e Camafreita. Adestrador : Eliseo Rama “Lilo”.
Goles : 0-1, Santi Casás, (45´)
Árbitro : Manuel Rodríguez Rojo, axudado nas bandas por Chrístian Sendón e Manuel Espasandín. Amonestou polo Buño a : Miguel Dourado, Eloy, Sergio Bastón, Fran Santiago e Adrián Pose. POolo Laxe amonestou a : Santi Casás, Felipe e Iago Torres.
-Foto : Gonzalo Lemus.
-Texto : Xosé Búa “Pirata”