CRÓNICAS DA VOLTA DE SEMIFINAIS DA COPA DA COSTA FEMININA : “BERGANTIÑOS E CEE LOITARÁN POLO TÍTULO EN SANTA COMBA ESTE DOMINGO”.

UC Cee e CF Dumbría disputaron unha semifinal moi igualada.

 

Bergantiños FC-UC Cee será a final da Copa da Costa Feminina, (3ª orgañizada pola RFGF), que terá lugar o vindeiro Domingo 25 de Xuño no “A Fontenla”, (Santa Comba).

As ceenses tiveron que remontar o gol de Juliette, (25´), para as dumbriesas, que supoñía que a eliminatoria estivese igualada. Lucía a media hora de xogo e Nerea no 88 de penalti, dábanlle a vitoria as da vila da Xunqueira. Pola sua banda o Bergantiños deixaba solventada a clasificación para a final na primeira metade. No primeiro minuto de xogo Isa facía 0 1-0, e repetía o fío da media hora de xogo, e a sua compañeira Lara facía o 3-0, tres minutos despois. Isa completaba a goleada e o seu “Hat-trick” particular a hora de xogo.

Aquí tes a visión dos encontros por parte dos adestradores dos equipos.

 

UC Cee 2-1 CF Dumbría

Campo : San Paio de Refoxos, (Xallas-Cee)

Resultado da ida : 0-1 para as ceenses.

UC Cee : Seguimos a espera dun colaborador/ora do UC Cee para os comentarios.

Fran Figueroa, (Adestrador do CF Dumbría) : “Vendeu cara o equipo dumbriés a eliminación das semifináis desta 3ª Copa da Costa ante un Cee que plantexou o duelo para defender a renda do partido do Conco. As visitantes empuxaron dende o arranque e tras tímidos achegamentos conseguiron igualar a eliminatoria antes da media hora tras un roubo na presión sobre a saída de balón das ceenses que Juliette conseguía materializar por alto dende dentro da area. No minuto 30 María das Carisas tiña que deixar o campo por motivos laborales dando entrada á infantil Sara tras un bo traballo na vangarda do Dumbría, e o pouco o único despiste da zaga provocou que Lucía emptase o duelo cando mellor estaban as visitantes.

Tralo empate o Cee dispuxo dunha boa ocasión nos pes de Uxía pero defineu de maneira escorada. Antes do descanso o Dumbría o intentou a balón parado pero sin claridade cara a porta. Na volta de vestiarios a disputa igualouse, o Cee gardando a roupa e o Dumbría buscando ataques por diferentes maneiras pero o tempo voaba na sua contra.

No treito final como último arreón meteu o Dumbría a Sabela en ataque deixando unha defensa de tres para buscar máis presencia en ataque, supo defender o Cee e sair con perigo, primeiro nunha xogada individual de María Lijó que cando encaraba a Naira veu como Mai non so lle roubou a posición e o balón, sinón que saleu ca misma velocidade armando a contra.
Pero a dous minutos do final, xa co partido de ída e volta, un lanzamento dende un costado atopa o brazo de Yoli dentro da area de maneira involuntaria, penalti para que as locales rubricasen un traballado e disputado pase á gran final da Fontenla, deixando sin opcións a unhas dumbriesas que souberon, coma o resto da temporada caer de pe plantando unha bonita batalla
“.

 UC Cee : Ainhoa, Lara, Laura Rivas, Blanca, Cruz, Isa, Sarai, Laura Caamaño, Carla, Laura Muñíz e Paula. Tamén xogaron : Laura, Nayara e Antía.

CF Dumbría : Naiara, Noa, Paula Carril, Martiña, María das Carisas, María, Paula Fandiño, Yolanda, Claudia, Juliette e Sanela. Tamén xogaron : Julia, Sara e Lucía.

Goles : 0-1, Juliette, (25´); 1-1, Lucía Martínez, (33´); 2-1, Nerea, (88´ de penalti).

Árbitro : Pablo Rama Cotelo, con Miguel Blanco e Óscar Rey nas bandas. Non amosou ningún cartón.

 

 

Bergantiños FC 4-0 Xallas FC

Campo : As Eiroas, (Carballo)

Resultado da ida : 1-4 para as bergantiñanas

Laura, (Prensa Bergantiños FC) : “Partido no que elas traían varias baixas e nos un par delas tamén. Tratamos de controlar o partido de atacar e marcar algún gol máis. Elas defendéronse con todo moi ben e dérono todo. Por parte nosa foi un encontro algo máis doado do que esperábamos “.

Roberto Carlos Suárez “Rupper”, (Adestrador do Xallas FC) : “Partido disputado na Eiroas onde o Xallas xa sabía de antemán a dificultade da eliminatoria aínda así tratou de dar a cara neste partido de volta onde era toda unha autopia remontar a mesma. Ata cinco titulares do partido de ida non se deron cita no partido de onte… As Saskia, Carla, Andrea Otero, Olalla ou Yasmina botáronse en falta e de qué maneira sobre o verde… Xogando no seu lugar nenas infantís e outras sin ritmo de xogo.

O partido comezou da peor maneira recibindo o primeiro xa antes de tomar posesión no campo, despois o equipo tratou de cerrar espazos e que non fóra demasiado castigo o resultado. A debutante Valeria a nosa punta de lanza tivo que ser sustituida antes do descanso, no que chegamos cun 3-0 no marcador. O descanso valeunos para recompoñer o equipo e voltar a esos 45 minutos con ánimo. No que só recibimos un gol e que tivemos algunha que outra chegada.

Noraboa o Bergantiños por esta final que tiñamos moi marcada no calendario pero que non poidemos alcanzar e grazas por non facer máis lume do árbol caído, xa que rematamos o choque con dez xogadoras pola lesión de Rhany.
Resaltamos que nesta eliminatoria ás dúas capitas máis veteranas Rita e Leti poideron xogar o seu último partido oficial vestindo as nosas cores, dende aquí a nosas grazas por todo o que fixeron nestes dous anos e que foron pioneiras deste sentimento feminino xalleiro.

Trataremos de rendirlle unha homenaxe a súa altura, en pouco tempo.
Moi orgulloso de compartir vestiario e vivencias nestes dous anos.
GRAZAS a TODAS POR ESTE TEMPORADÓN”.

 Bergantiños FC : Ainhoa, Lara, Laura Rivas, Blanca, Cruz, Isa, Sarai, Laura Caamaño, Carla, Laura Muñíz e Paula. Tamén xogaron : Valeria, Alejandra, Alba, Eva e Sara.

Xallas FC : Rosío, Alicia, María Alicia, Lucía, Claudia Facal, Claudia Espasandín, María Rial, Andrea, Rita, Laura, Paula e Valeria. Tamén xogaron : Paula Gándara, Grabiela, Maite, Leti e Inés.

Goles : 1-0, Isa, (1´); 2-0, Isa, (28´); 3-0, Lara, (31´); 4-0, Isa, (59´).

Árbitro : David Cancela García, con Roberto Baña e Rubén Baña nas bandas. Non amosou nigún cartón.

 

 

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”/adestradores