CRÓNICAS DA VITORIA DO UC CEE E DA DERROTA DO ED AS MIÚDAS NA 15ª Xda DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G3.

 

 

UC Cee 3-0 Carreira CF

Rafa Suárez, (Adestrador do UC Cee Feminino) : “Partido contra un rival da zona baixa no que pese a non facer o noso mellor xogo gañamos con comodidade. Na primeira parte xogamos en contra de vento pero mantivemos a posesión e non pasamos apuros, adiantámonos no minuto 30 nunha boa xogada colectiva pola banda dereita e despois dun centro a Sharay Caamaño, ésta, nunha gran asistencia, asiste a Uxía que define con clase de tiro cruzado.
A segunda parte, con vento a favor, foi un monólogo no que Naira foi unha espectadora máis, Canosa non faltou á súa cita semanal co gol e no primeiro minuto da reanudación puso terra de por medio no marcador.
Seguimos presionando arriba pero non estivemos acertados no remate, hasta que nunha boa xogada individual de Canosa, María Lijó aproveitou o rechace da porteira para cerrar o definitivo 3-0″.

 

U C Cee : Noemi, Lucía, Laura, Alba, Nerea, Lucia Canosa, Saray, María Lijó, Sharay, Uxía e Lucía Martínez. Tamén xogaron : Naira, Ruth, Laura e Paula.

Goles : 1-0, Uxía, (30´); 2-0, Mariña, (47´en propia porta); 3-0, María Lijó, (86´).

Árbitro : Esteban Domínguez, (non amosou ningún cartón).

 

CLASIFICACIÓN

UC Cee : 3º con 36 puntos

 

PROXIMA XORNADA

O UC Cee visita no Municipal do Viso, (Arzúa), na vindeira xornada, (16ª) ao Arzúa FCF, que o precede na clasificación, o 02/02 ás 16:30 horas.

 

 

Touro SD 3-1 ED As Miúdas

Fran Figueroa, (Adestrador do ED As Miúdas) : “Encontro moi disputado e intenso de principio a fin o vivido na tarde de domingo en Touro, con unha parte para cada equipo onde sobresaleu Rocío Sanín para decantar a balanza para as locales. Xa no primeiro minuto de encontro un balón en largo a espaldas das centrales no que parecía que Antía tiña o dominio do balón para despexar, atopou co exceso de relaxación da central que a atacante non desperdicióu para poñer o 1-0 no casilleiro. Unha primeira parte marcada polo dominio nas disputas das locales e a incomodidade das de Muros para situarse de maneira cómoda sobre o tapete. A pesares do dominio e de disputar mellor os duelos individuales as locales non se achegaron con perigo á area de Laura, pola outra banda as visitantes tanpouco lograban dominar o nerviosismo de remar a contracorriente e co vento en contra, co que se chegaría o descanso coa mínima vantaxe para as locales.

Na reanudación veuse outra cara das Miúdas, mellor posicionadas e conseguindo atopar ocos en campo rival para crear perigo. Nunha internada de Ainoa o balón sae desviado pola porteira local, e o posterior saque de curruncho novamente ben executado por Gala moi pechado atopa a Leti que, zafándose das marcaxes, pon o 1-1 cun testarazo no 2º pau no minuto 53. As de Touro replegábanse en campo propio asediadas pola ofensiva visitante que se vían quen de darlle a volta o mal arranque, Gala volvía a executar moi pechado un córner pero desta volta o balón petou no pau saindo repelido, na seguinte xogada, tras un barullo na area local, Ainoa remata o longueiro e o balón é despexado pola zaga tras botar en liña de gol.

Insistían as muradanas e iban con todo, así tras outro saque de esquina moi protestado polas locales tras tocar o balón nunha rival antes de sair fora, Ainoa recibe un rexeite dentro da area e regatea a unha central que zancadillea a de Outes cometendo penalti. As protestas acabaron con 2 cartóns para as de Touro, e a execución da pena máxima nos pes de Antía atopa co acerto da gardamallas local que sin apenas moverse evita a remontada “rossinegra”, segundo penalti marrado pola de Esteiro en 7 días…E dos mellores minutos e a posibilidade de remontar a verse por debaixo noutra xogada onde, desta volta a que se confía é Martina e ve de novo como Rocío lle rouba a carteira e bate de punteira por alto a Siaba no minuto 65.E como si fose a repetición que poñen na tele… 3 minutos despois, exactamente as mismas protagonistas e mesma acción por banda dereita, confíase Martina, rouba Rocío e balón á “caixa”, 3-1 con 100% de acerto nas ocasións para as locales e caras de incredulidade para unhas Miúdas que viron como o encontro se escapou por erros clamorosos en ambas areas. Logo do 3-1 o partido volveuse bronco, Selene vería a segunda amarela tras unha tangana por unha acción de Ainoa no medio campo no minuto 70, lonxe de sacar algo da superioridade as de Muros non foron quén de sair do barullo entre piques que favorecían o paso dos minutos e o bo facer local para amarrar o resultado.

Ainda sería peor a colleita o ver como Martina recibía o cartón vermello directo tras derribar a Rocío sendo a última defensora no minuto 83, nunha tarde para esquecer para as centrales costeiras. E sin máis se chegaría o final dun encontro no que houbo de todo e que deixou os 3 puntos do lado de quen estivo máis vivo nas duas areas”.

 

 

ED As Miúdas : Laura, Paula, Marcela, Antía, Martina, Leti, Gala, María, Marta, Ainoa e Pati. Tamén xogaron: Siaba, Eva, Sofía e Iria.

Goles : 1-0, Rocío, (1´); 1-1, Leti, (53´); 2-1, Rocioa, (64´); 3-1, Rocío, (67´).

Incidencias : O árbitrosCrístian Machado expulsou con dobre cartón a xogadora do Touro, Selene, (43´e 70´) e con vermello direto a das Miúdas, Martina, (83´). Ademáis ensinou cartóns amarelos as locais : Lorena e Laura e a visitantes Ainoa.

 

CLASIFICACIÓN

ED As Miúdas : 7º con 24

 

PROXIMA XORNADA

O ED As Miúdas recibe na vindeira xornada, (16ª) ao Xuventú Aguiño lider da liga o 02/02 con horario por determinar.

 

Darlle as gracias aos nosos colaboradores e adestradores pola sua colaboración na confección das crónicas, fotos, vídeos e todo que nos aportan en beneficio da información.

www.piratasdemuxia.es non se responsabiliza polas opinións vertidas polos colaboradores, sendo suas e intransferibles.

-Foto : Chema Caamaño

-Texto : colaboradores/piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.