3ªDACOSTA
O Corcubión novo lider a falla dunha xornada .
Crónicas 17ª Xornada
Sábado 05 de Marzal
Atlético Pereiriña FC 1-0 SD Oza
Hora : 18:00
Campo : “San Paio de Refoxos”, (Xallas-Cee)
Colexiado : David Vázquez Lema.
Vitoria dos da parroquia ceense nun choque ao que os carballeses chegaron con 11 xogadores e que tiveron que xogar máis dunha hora cun menos trala expulsión no 42 de David Roibal, por dobre cartón amarelo. Un gol de Carlos aos 7 minutos de xogo foi suficiente para que os da Pereiriña sumasen 3 novos puntos colocámdose, a espera do que faga hoxe o Xallas “B”, a 2 puntos da cuarta praza, que otorga 4 puntos para a liguiña polo ascenso.
SD Laxe 4-3 SD Camelle
Hora : 16:30
Campo : “Cabo d´area”, (Laxe)
Colexiado : Adrián Pérez Rellán.
Festival de goles no campo laxense, con remontada dos locais, que aos 15 minutos de xogo perdían por 0-2 con goles de Adrian Pasantes, (11´), e un tanto en propia porta de Jorge, (15´). Reaccionou ben o equipo laxense e conseguía recurtar distanzas aos 20 minutos de xogo, e igualaba a contenda a volta de vestiarios con goles de Gora, (20´) e Felipe, (56´). Bieito por partida dobre abría fenda no marcador, (56´e 60´). Maka acurtaba distanzas no marcador no 80, pero o gol da igualada non chegaría.
Domingo 06 de Marzal
Sporting Seaia CF 4-2 CF Porteño
Hora : 16:30
Campo : “Pedra Queimada”, (Camelle)
Colexiado : Iván Ferreiro Santos.
Inesperado tropezo do Porteño na sua visita a Malpica, que lle costa perder o liderato, por golaveraxe, en pos do UD Corcubión, a falla dunha xornada para o remate da liga regular. Gran primeira metade dos seaieses que se poñían na primeira metade cun craro 2-0, con goles de David Muiño, (26´), e Sergio Cancela, (36´). Saeu a por todas no reinicio o equipo porteño e consigueu meterse no encontro cun gol de Alan aos 53 minutos de xogo. Pouco durou a ledicia no bando visitante, pois practicamente na seguinte xogada, os laxenses abrían de novo fenda no marcador, cun tanto de novo de Cancela, (55´). Non tardou a reacción porteña e de novo o xove Alan acurtaba distanzas, (67´), e de novo respostaban os de Laxe por medio de Luis Manuel, (71´).
UD Corcubión 8-2 CF Castrelo
Hora : 17:00
Campo : “Novo Cubaleiro”, (Corcubión)
Colexiado : Pablo Rama Cotelo.
Plácido encontro do equipo corcubionés que se foi ao descanso xa co choque resolto, cun craro 4-0, con goles de Iago Lema, (8´, e 18´), w César Lojo, (24´e 44´), ambos por partida dobre. Na segunda metade o equipo vimiancés entrou mellor o encontro e consigueu meterse no choque con goles de Samuel, (50´) e Daniel Picallo, (54´), perio un novo gol de César Lojo, (64´), curtaba nde sesgo calquer reacción visitante. Luis lago por partida dobre, (68´ e 80´), e entre medias Mario, (71´), completaban unha goleada histórica, sumando os corcubioneses un total de 21 goles nos dous derradeiros encontros, e desbancan do liderato, por golaveraxe, ao CF Porteño.
SD Ameixenda 1-1 Xallas FC “B”
Hora : 17:00
Campo : “Sampaio de Refoxos”, (Xallas-Cee)
Colexiado : Pablo Rama Cotelo. Fíxolle fronte o equipo amexeindés ao filial do Xallas FC, que a pesares de conseguir adiantarse no 42 por medio de Sergio Barbeira, conseguía empatar no treito final cun tanto de Alberto, (85´).
CLASIFICACIÓN
-Foto : FaceBook UD Corcubión
-Texto : piratasdemuxia
