CRÓNICAS DA PENÚLTIMA XORNADA DA FASE DE ASCENSO A 1ª GALICIA : “MUXÍA E ESTEIRANA DEIXAN TODO PARA A DERRADEIRA XORNADA”.

FASE DE ASCENSO A 1ª GALICIA

O Muxía golea o Cabana para coller a primeira praza.

 

Esteirana e Muxía deixan todo para a derradeira xornada desta liguiña. Os esteiráns ainda que nas clasificacións da RFGF poñen ao Muxía CF de primeiro, parece ser que se terá en conta o golaveraxe total das duas competicións, (1ª e 2ª fase), polo que os esteiráns van primeiros con +17 polos +15 dos muxiáns. Na derradeira xornada desta fase de ascenso os muxiáns visitan ao Coristanco e os esteiráns ao Cabana.

 

 5ª XORNADA

 Muxía CF 4-1 Cabana SD

Hora : 17:00

Campo : A Arliña, (Muxía)

Árbitro : Adrián Pérez Rellán

Traballada vitoria dos muxiáns fraguada en especial nunha gran segunda metade. Manu Nogueira, que foi a estrela dos muxiáns, con 3 dos 4 goles, sendo dél o que abría o marcador na primeira metade, (9´). Xa na segunda Fran Moreira abría fenda no marcador, 853´), e o Cabana metíase no encontro de novo pouco despois, (63´), cun tanto de Sergio. Manu Nogueira, (85´) e “Peski”, (desconto), deixaban o choque resolto.

 

 SCDR Esteirana 1-0 SD Castríz

Hora :18:00

Campo :  Xosé Luis Vara, (Esteiro)

Árbitro : Gustavo Vidal Fonseca

Importante vitoria dos esteiráns cun tanto aos 10 minutos de xogo, de Alberte, dáballe 3 puntos de ouro ante un rochoso Castriz, que sempre foi un invitado incómodo.

 

CD Muros 2-1 SD Coristanco

Hora : 17:00

Campo : Agra de Filgueira (Louro)

Árbitro :Jesús Piñeiro Lugo

Vitoria traballada dun Muros que sorprendeu aos da Terra da pataca nos derradeiros minutos da primeira metade con goles de Jesús, 841´) e Thiago, (44´). Respondeu o equipo visitante a volta de vestiarios, cun tanto de Kevin, (52´), pero o bo traballo defensivo dos muradáns fixo que non se movera o marcador.

 

Clasificación 

SCDR Esteirana : 17 puntos

Muxía CF : 17

Cabana SD : 8

SD Castriz : 5

CD Muros : 5

SD Coristanco : 4

 

-Foto : FaceBook Cabana SD

-Texto : piratasdemuxia