CRÓNICAS DA INACABADA POLO TEMPORAL “FABIEN” 14ª Xda DA 3ª DA COSTA :

Grada do “Rodeiro” o sábado pola mañán.

 

Tan só se xogaron 3 encontros completos da 14ª xornada da 3ª da Costa dos 5 cos que conta cada xornada. A borrasca “Fabien” con ventos de máis de 150 Kms e refachos que superaron os 180 deixouse notar e moito en Galicia e como cada vento que nos chega do cadrante W, na nosa costa moito máis. O Campo do “Rodeiro” feudo do SD Camelle foi un dos que sufreu maiores desperfectos no fútbolo galego, tal e como vos anunciamos ao instantes, coa desfeita en especial na grada. O encontro que debía xogarse o sábado xa estaba suspendido por mor da anulación da RFGF, coma tódolos que había para ese día. De non ter sido así, sabe Deus que podería ter pasado.

No que se refire aos encontros do Domingo o Sporting Seaia CF-Outes CF, suspendeuse cando o equipo seaiés sufría a quinta expulsión e quedaban con 6 xogadores sobre o campo, en torno o minuto 75 de xogo. Todo apunta que tras pasar polo comité daraselle o encontro gañado ao Outes CF, xa que non se pode reanudar con 6 xogadores no equipo contrario. Destacar que a pesares do que poda parecer o encontro foi “limpo”, exceptuando unha xogada puntual, tal como apuntan ambos adestradores.

Nos encontros que se xogaron completos, o lider Camariñas FC, “Campión de inverno”, na sua liña goleaba o SD Ameixenda, (4-0), e acaba o ano 2019 da mellor maneira posible, con 11 encontros gañados, 1 empatado e 1 perdido. O CF Castrelo conseguía a sua segunda vitoria da tempada a costa do CF Porteño, (3-1), e o UD Monte Louro e o SD Laxe remataban o ano con táboas, (1-1).

 

CRÓNICAS

 

Soule fixo dobrete co Camariñas.

 

Camariñas FC 4-0 SD Ameixenda

Berto Suárez, (Adestrador do Camariñas FC) : “Partido controlado de principio a fin contra un equipo muy noviño e ven presentado no campo con 2 lines de 5 e 4 e intentabannon salir goleados. Partido limpio e como siempre a nota arbitro e 2 linieres non sei asta cando. Un apuntamento : 20 afeccionados no campo, 29 euros de ingreso, e de gastos arbitrais 200, con árbitros da Coruña”.

Fernando, (Xefe de prensa do SD Ameixenda) : “Partido no que o Camariñas, lóxicamente, pronto se fixo co dominio do xogo ainda que a primeira boa oportunidade foi para o Ameixenda nos pés de Pichino tras dun erro do porteiro. O dominio camariñán traducíase en moitas chegadas e tres ou catro boas ocasións pero unhas veces os fallos dos dianteiros e outras as intervencións de Rivers, que debutaba hoxe na portería do Ameixenda, facían que non se movera o marcador ata o minuto 36 no que Rivers fai unha moi boa parada pero o rexeite da mesma recolleo Souleymane para facer o 1-0. Con ese resultado foise o descanso; superioridade camariñán e boa imaxe do Ameixenda. No segundo tempo pronto fixo o Camariñas o 2-0. No m.52, tras un saque de falta dende a esquerda, de novo Souleymane marca adiantándose ós defensas. Sen cambios para poder facer (tan sólo foi o Ameixenda con 11 xogadores) as forzas foron acabándose e o Camariñas xa non tivo maiores dificultades en finiquitar o encontro, e no m.63 Brandon facía o 3-0 nunha contra. A partir de ahí xa baixou o ritmo, e destacar tres ou catro boas intervencións de Rivers, que nada pudo facer no 4-0 marcado por Mario. Felices Festas a todos e ata o próximo ano”.

Goles : 1-0, Soule, (36´); 2-0, Soule, (52´); 3-0, Brandon, (63´); 4-0, Mario, (74´).

 

UD Monte Louro 1-1 SD Laxe

Juan Porrúa, (Adestrador do UD Mone Louro) : “Mal partido del Monte Louro donde no se encontro cómodo e ningun momento. La primera parte el Laxe dominaria el juego en el medio campo, Minos fallaria un mano a mano contra el portero, el Laxe se adelantaria por una falta al borde del area que tras varios rechaces lograria el 0-1, poco despues Marcos salvaria el 0-2, ya en los minutos finales con otra falta al borde del area Pablo pondría las tablas en el marcador. En la segunda parte mas de lo mismo con un Laxe que se imponia en la medular, la U.D. no conseguia ni convinar ni llegar por bandas, aun asi Borja tendria dos ocasiones a bocajarro que se irian fuera. Partido que nos aleja un poco mas del segundo puesto”.

José Antelo, (Adestrador do SD Laxe) : “Un partido moi intenso donde nos adiantamos, e dunha falta moi discutida pola nosa parte, na seguinte xogada empatáronnos eles. A segunda incluso máis disputada donde houbo varias ocasións para ambos equipos pero non se moveria o marcador”.

Goles : 0-1, (43´); 1-1, Pablo, (44´).

 

CF Castrelo 3-1 CF Porteño

Sergio “Crejo”, (Adestrador do CF Castrelo) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.

Manuel Castiñeiras, (Presidente do CF Porteño) : “Partido moi igualado. Sin dominio por parte de ningún, de fútbol direto e donde o Castrelo estivo máis afortunado de cara o gol. Tiraron 4 tiros e marcaron 3. Nos tivemos ocasións, pero nada”.

Goles : 1-0, Roi, (28´); 2-0, Capelo, (78´); 2-1, Brais, (80´); 3-1, Capelo, (Desconto).

 

Sporting Seaia CF 1-2 Outes CF

(Suspendido no minuto 75)

Sánchez da Silva, (Adestrador do Sporting Seaia CF) : “No minuto 75, tiña 4 xogadores expulsados entre eles os dous porteiros, titular e suplente. O árbitro foiselle das mans, e acabaron todos desquiciados xogadores e árbitro. O partido,empezamolo ben co aire a favor e xogando ben,sobre todo por banda ,e os dez minutos nun balon o que chegaba o central o porteiro saia de frente , o central aparta po lado frena o balon co aire e metese o delantero e o porteiro fai falta,eso o arbitro decidiu q era falta e expulsion,quedariamos con 10,inda asi estabamos ben en defensa e creando ocasios por banda e nunha xogada por banda na que o noso xogador tina a opcion de disputar o balon o porteiro saca ventaxa collendo o balon ca man cerca do pico da area ,ahi o arbitro decide amarilla e falta ,ainda asi nesa xogada marcariamos de rechace,xa no resto da primeira parte o outes trataria de empatar o partido pero sen chegar a facer ocasiones claras ,asi fomos o descanso,conscientes de q eramos un menos e co aire encontra saimos a defender ben e sabiamos que ibamos ter as nosas,e teriamos unha clara con pase a espalda da defensa que saca o porteiro do outes,e noutra case igual o arbitro pitaria fora de xogo algo que non tiña sentido que estivera porque tendo o aire encontra e sendo un menos non iba quedar nadie por detrás da defensa do Outes, xa cos outeses máis volcado no noso campo teriamos outra na que o noso xogador e derrivado na area do outes e o arbitro non pitaria nada,o outes teria unha clara q saca o porteiro,e noutra parecida solo que máis escorada ,onde o delantero choca co porteiro e este queda no suelo tirado,o dianteiro sae co balón a trompicóns sacao po borde da area e marcan gol co porteiro tirado con un golpe,que logo protestaría e sacaríalle amarela. Sacamos do medio e seguiamos aguantando e xa co Outes máis metidos na area o arbitro pitou o ver unha discursion entre o noso porteiro e o delantero ,porq lle deixara o pe na outra xogada,o outes seguíu xogando e marcou o gol da victoria despois de pitar, e o árbitro daríalle o gol a partir de ahi,expulsou dous xogadores mais do noso equipo e decidiu suspender o partido,foi unha situacion bastante rara porque non temos asta agora expulsados en toda temporada,e desta vez expulsaron 5”.

Miguel da Laracha, (Adestrador do Outes CF) : “Partido limpio entre os 2 equipos , o tema das expulsións e un tema árbitro-Seaia , exceptuando nas que expulsa a un xogador de cada equipo por darse unhas “collejas”, (o único en todo o partido) ….Partido no que non demos entrado na primeira parte, eles consiguen adiantarse nun rexeite e poñerse por diante, eles estaban con 10 trala expulsión do porteiro, por unha forte entrada o diantero noso, cando era o último xogador, (entrada fortuita e xusta). De aí o descanso cun marcador xusto. Na segunda conseguimos dominar o partido mentras durou e o rival, salvo nunha xogada aislada non nos chegaron a nosa área. Nós chegábamos pero non definíamos, ata que nunha delas conseguimos marcar. Seguimos insistindo e conseguimos marcar o segundo, aí expulsa o segundo porteiro por protestar, cando xa se habían quedado cun menos polo mesmo motivo. Despois desto ven a expulsión do noso xogador, e outro deles polos manotazos, (xustas as duas roxas), e nese lance outro xogador do Seaia insultado, (según me dín), e expulsao co que só quedaban con 6 xogadores e suspendese o partido“.

 

CLASIFICACIÓN

 

PRÓXIMA XORNADA, (15ª)

12/01/2019

(Data oficial)

SD Ameixenda-SD Camelle

CD Nantón-CF Castrelo

CF Porteño-UD Monte Louro

SD Laxe-Sporting Seaia CF

Outes CF-FC Camariñas

 

Darlle as gracias aos nosos colaboradores e adestradores pola sua colaboración na confección das crónicas, fotos, vídeos e todo que nos aportan en beneficio da información.

www.piratasdemuxia.es non se responsabiliza polas opinións vertidas polos colaboradores, sendo suas e intransferibles.

 

 

-Foto : piratasdemuxia.es

Texto : colaboradores/piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.