2ª División Galega Feminina Fase Permanenza a 1ª División
Trintadousavos
(Ida)
SD Xuventú Aguiño 5-4 CF Dumbría
Fran Figueroa, (Adestrador do CF Dumbría Feminino) : “Partido de ida pola permanencia do que queren chamar “fase de ascenso condicionada” (…), e tan condicionada, pola tensión e o nervio impropio de dous equipos que mostraron máis nervos que xogo nun duelo no que primaron os ataques sobre as defensas, con moitos erros que nada teñen que ver co nivel que demostraron todo o ano, pero que veñen provocados polo que está en xogo en tan so dou duelos. O partido comezou cun Dumbría entrando polas bandas especialmente con Kelly, pero sin claridade para definir.
Adiantouse o equipo local tras un pase da morte de Rut, que Oumkaltoum non perdonou ante Naira. O duelo era de ída e volta, sin xogo polo medio e creando perigo en ambas areas buscando balóns ás costas que as defensas de ambas escuadras tentaban chicar.
Martina igualou tras un córner e Eva doulle a volta o marcador cun tiro dende a frontal. Non había un claro dominador e as ocasións caían por ambos lados. María das Carisas tras unha boa presión sobre a zaga de Sabela rouba e pon o 1-3 que parecía poñer terra polo medio, nada que ver ca realidade, Oumkaltoum volveu a recurtar antes do descanso nun partido igualado tanto a nervios como a ocasións, Carla e Rut polas locales buscaban continuamente en longo as espaldas da zaga, pero Naira estuvo impecable para ir o descanso coa mínima ventaxa.
Sairon máis entonadas as dumbriesas no arranque da segunda metade, tentando combinar máis no medio e na saida dende atrás, froito deso María das Carisas volve a meter vantaxe tras un bo roubo e marchando en velocidade para definir por baixo. Eva tivo o quinto tras unha boa arrancada pero o balón saíu rozando o pau. Pero ó pouco, cas forzas xa tocadas, o balón deixou de ter dono e volveu o cruce de golpes. Recurtou distancias o Aghiño nun libre directo por mans de Mai, e en 10 minutos tras moitas imprecisións na area deron a volta o resultado con apenas tempo para reacionar. Intentárono as visitantes á desesperada, con máis corazón que cabeza, pero a vantaxe das locales xa non se movería. Tocará remontar no Conco ante unha rivales que mostraron unha bonita batalla, que seguro se repetirá no próximo domingo”.
CF Dumbría : Naira, Noa, Carril, Martina, Mai, Fandi, Eva, Kelly, Claudia, Sabela e María das Carisas.
Tamén estiveron : Sara, Icía, Paula Rodríguez e Reyes.
Goles : 1-0, Oumkaltoum, (6´); 1-1, Martina, (12´); 1-2, Eva, (20´); 1-3, Maria das Carisas, (31´); 2-3, Oumkaltoum, (35´); 2-4, María das Carisas, (55´); 3-4, (67´); 4-4, (79´); 5-4, (87´).
Arbitro : Mar Thiaw. Amonestou a Noa do equipo dumbriés.
Copa da Costa
No aire o día de xogar a Copa, pois teñen fase e o rival sairá hoxe do Corme-xallas.
ED As Miúdas 1-0 Galicia de Caranza
Luis Ferreiro, (Adestrador do ED As Miúdas) : “Un bonito e agradable partido en canto o ambiente e deportividade.
Estivemos ambos equipos coa prudencia típica deste tipo de eliminatorias de doble partido, con un xogo moi tactico intentando ganar metro a metro e de ahí o axustado marcador. Toca partido dificilisimo de volta e a seguir aprendendo e disfrutando”.
Goles : 1-0, PatiGol, (5´).
Arbitro : Diego García. Amonestou polas Miúdas a Ana e Pati e polas de Ferrolterra a Tania, Paula e Carla.
Copa da Costa
O equipo muradán espera rival na Copa da Costa do vencedor do encontro que se xoga hoxe no Cairo, (Corme), antre o Corme CF e o Xallas FC, pero non sabe cando se xogará o encontro de copa, pois esta fin de semana teñen fase.
SCD Milagrosa 2-1 Corme CF
Día : Rubén Souto, (Adestrador do Corme CF) : “Partido desta fase pola permanencia tan incómoda de xogar como inxusta por méritos deportivos . Íamos sin información do rival, mais aló do que nos podía indicar a sua clasificación e estadísticas na liga, quedaron de 11° casi cos mismos puntos que nos 7,° e algo que facia preveer que eran competitivas era o diferencial positivo de goles no seu haber, e así foi. Equipo moi ben traballado tácticamente, incluso facendo vixilancias defensivas cando atacaban, cunha moi boa porteira e Unha delantera moi pilla, rápida e con gol.
Volvemos a disputar un partido nun campo grande, pero o equipo supo adapartarse rápido e en ésta ocasión non nos afectou, na primeira parte penso que os dous equipos íbamos un pouco a ver qué nos propoñía o rival, e en eses minutos de tanteo, nos temos duas ocasions de gol. Unha a balón parado e outra nun man a man coa porteira que non somos quen de anotar e elas teñen 3 ocasións e consiguen meter dous goles, Unha primeira parte donde elas estuveron mais calmadas e eficaces en canto a materializar as ocasións.
Na segunda saimos moito mellor, e dominamos a maioria do segundo tempo, elas sempre tiñan a opción de salir a contra coa sua delantera eso sí, pero na segunda parte controlamola moito mellor, en canto a nos, o equipo sempre xenera ocasions, sempre, donde outra vez volvemos a ter outro man a man que para a porteira de novo, un tiro exterior libre de marca na frontal da área que se Vai arriba por pouco e duas de estratexia q tampouco quixeron entrar, estanos costando materializar todas as ocasions de gol que estamos a xenerar e eso quizá a nivel de resultados nos está restando, pero o traballo e esforzo que fixeron as xogadoras foi increíble, vaciaronse todas dunha forma tremenda e sacaron adiante unha situación complicada co 2-0 a base dese carácter e identidad que ten o vestuario.
Eliminatoria aberta, na que esperamos que a nosa afición nos axude, porque vamos moi xustos de efectivos e forzas neste final da primeira temporada do equipo que se está a facer moi larga a verdade, e vamos a necesitar toda a enerxía que nos podían dar para éste último partido do ano”.
Corme CF : Belén, Lucía, Laura, (Aurora), Aroa, María, Cris, Irene, Carla, Nati, Ana e Naroa.
Goles : 1-0, (5´); 2-0, (45´); 2-1, Naroa, (81´).
Arbitro : Fernando Fernández. Non amosou ningún cartón.
Hoxe na Copa da Costa
O equipo cormelán xoga hoxe a partires das 21:00 horas no Cairo, (Corme), o encontro da previa da Copa da Costa e o que pase terá de novo encontro de copa ante o Miúdas.
Ponteceso SD 1-6 SD Pontecaldelas
Moi esixido o equipo pontecesán que viña de xogar 48 horas antes un encontro de Copa, con desprazamento a Negreira e no que a loita foi ata o pitido final, xa que tal como vos apuntamos o pasado sábado, acababa co resultado de 1-0 para o Nicrariense.
Goles : 0-1, (16´); 0-2, (41´); 1-2, (43´); 1-3, (45´); 1-4, (73´); 1-5, (78´): 1-6, (89´).
-Foto : CF Dumbría Veteranos
-Texto : Xosé Búa “Pirata”/Adestradores