3ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA
-1ª Xornada-
GRUPO 2
Empate no derbi antre Ponteceso e Dumbría.
Primeira xornada desta 3º División Galega Feminina e debút histórico nesta modalidade de fútbol feminino para o Muxía, Outes, Cabana, Camariñas e Fisterra, e ademáis co ata 4 derbis nesta categoría nova na que temos ata 12 equipos costeiros de 15 que compoñen a liga. Nos choques non aparecen goleadoras ou minutos é porque na acta da RFGF non aparecen.
Por motivos persoais as crónicas non van todas cos comentarios dos adestradores, as que os teñen é porque nolos mandaron sen solicitalos, así coma as fotos, que serán ben recibidas as de tódolos equipos que nolas queiran mandar. Para os equipos novos decir que as crónicas do feminino facémolas os martes, agás nos encontros dos sábados que na maioría dos casos xa as poñe,os o Domingo. O noso whatsapp para enviar comentarios e fotos é o 626 72 00 47 e o email : admin@piratasdemuxia.es
-CRÓNICAS-
AD Nicrariense 2-3 Bergantiños FC “B”
O filial do Bergantiños Feminino fixo un encontro moi completo e chegou a ir 0-3, pero a relaxación trala ventaxe puido custarlle cara e acabou pedindo a hora ante a insistencia das de Negreira e poñerse 2-3 nos instantes finais.
Goles : 0-1, Carla, (37´); 0-2, Carla, (40´); 0-3, Aroa, (72´); 1-2, Daniela, (80´); 2-2, Xiana, (88´de penalti).
Ponteceso SD Feminino 2023/24.
Ponteceso SD 1-2 CF Dumbría
Marcos Curro, (Adestrador do Ponteceso SD) : “Primeira xornada de Liga ante o Dumbría que ven de estar a temporada pasada na parte alta da táboa, o que os fai un dos conxuntos favoritos para esta nova competición.
Ambos equipos chegaban ao encontro coas ansias de levarse a vitoria no primeiro encontro da competición. Foron as do Dumbría as que iniciaron o xogo aproveitándose do balón en largo polas bandas para intentar causar perigo, algo que a defensa local soubo solventar ben. As de Curro non baixaban os brazos e intentaban con ganas chegar a portería rival, tras varios intentos sen bo resultado, unha banda de Ainhoa foi controlada por Claudia Pérez, xogadora que se incorporou o plantel este ano, que centrou o balón, Myre deixou de cara o esférico na área para que a killer do Puenteceso, Andrea, rematase a xogada e poñer así ao conxunto local por encima do marcador.
Resultado que igualaría pouco despois Paula Fandiño dende fóra da área, un potente tiro que entraría polo medio das pernas da porteira do Ponteceso, María, e igualaba o encontro. Foi de novo a capitana do Dumbría quen marcaría o segundo gol, de falta pola escuadra. Foi un partido que se resolveu na primeira parte. Na segunda, o Puenteceso saíu con máis cansancio físico que as rivais, costaba máis chegar a portería rival e non había quen finalizase xogadas. O Dumbría, pola súa parte, notábase algo máis descansado o que fixo que alcanzase máis veces a área rival pero sen ocasionar demasiado perigo. Un 1-2 que deixa boas sensacións de inicio de liga, amosando que o Puenteceso non se deixa amedrentar ante as rivais máis fortes e que deixa bos ánimo para o próximo partido, ante o Mazaricos que será dentro de dúas semanas, xa que a próxima toca descanso”.
Fran Figueroa, (Adestrador do CF Dumbría) : “Duas partes moi distintas e resultado algo engañoso. Ata o 1-0 elas estuveron máis entonadas e a nosa zaga moi atrás. Veunos ben encaixar e demos un paso adiante, elas cortaban o xogo e temporizaban cando salía o balón, de feito extraña que recibíramos nós cartón amarelo (Adriana) por dicirlle que nos estaban cosendo a patadas. Empatou Fandi cun bo tiro exterior e o filo do descanso puxo na escuadra un libre directo. Na segunda parte dominamos o balón e as ocasións, prácticamente en campo rival e elas buscando sacar algo de saques de banda que a sua lateral pon en largo pero a nosa defensa despexaba sin chegar a intimidar a Naira.
Tuvemos varias para dar tranquilidade pero o longueiro e a porteira local deixaron quedar o 1-2 final no marcador”.
Goles : 1-0, Andrea, (); 1-1, Fandi, (); 1-2, Fandi, ().
Corme CF 2-2 CF Mazaricos
Rubén Souto, (Adestrador do Corme CF) : “Primer partido de Liga moi duro pola situación na que chegamos e nos tocou encontrarnos sin contalo éste verán, xogamos contra un rival que me gustou moito, moi intenso, ordenado e cun traballo moi Bo que se ve perfectamente, Vai ser un oso duro de roer sin duda, nos non fixemos un bo partido, estamos en reconstrucción das baixas que se nos foron dando sobre a marcha, pero eso non e escusa e vamos a traballar para pronto poder competir o 100% porque a confianza no meu equipo e total, quedome co carácter do equipo de ser capaz de remontar un mazazo tan grande como un 0-2 nos primeiros minutos do primer partido de liga, que demostra que este equipo ten unhas ganas enormes de competir”.
Goles : 0-1, Graciela, (2´); 0-2, Mariña, (15´); 1-2, Nerea, (36´); 2-2, Cristina, (50´).
Histórica primeira convocatoria do CF Muxía Feminino.
CF Muxía 4-1 SD Dubra
Jose “Congui”, (Adestrador do CF Muxía ) : “Primeiro partido de liga e da historia do Muxía no fútbol feminino, xogábamos na casa diante dun equipo que xa competío o ano pasado, e nós sendo o primeiro ano e de debút. Controlamos o partido de principio a fin, só deixando que elas tiraran 2 tiros a nosa porta en todo partido. Fomos con 2-0 o descanso e puxémonos con 4 de ventaxe e fallamos un penalti. As visitantes marcaron no treito final, pero antes nós puidemos facer algún máis”.
Goles : 1-0, Irene, (); 2-0, Barca (); 3-0, Nerea Barrientos, (); 4-0, Andrea, (); 4-1, !, ().
Cabana SD 5-0 Outes FC
Derbi de debút para ambos equipos no fútbol feminino federado e foi ademáis de histórico inexquecible para as cabanesas. Tras unha primeira metade de poder a poder a poder na que non se moveu o marcador, Irene era a primeira goleadora para a historia do equipo cabanés, era pasada a hora de xogo. O tramo final das rapazas que dirixe José Manuel Vázquez foi de festa. Aroa e Irene que completaba un “poker” de goles completaban a “manciña” as sureñas”.
Goles : 1-0, Irene, (63´); 2-0, Aroa, (79´); 3-0, Irene, (80´); 4-0, Irene, (91´); 5-0, Irene, (93´).
SD Fisterra 1-1 UD Cerqueda
Debút con empate para o Fisterra no derbi costeiro con gol histórico pra a Andrea Romero, primeira goleadora do equipo fisterrán feminino e que supoñía o empate, pois antes era Lorena no fío do final da primeira metade a que acadaba o gol que adiantaba as cerquedenses no marcador.
Goles : 0-1, Lorena, (43´); 2-0, Aroa, (79´).
EF “Juan Cabrejo”/Concello Camariñas 4-1 CF Noia “B”
Traballada e histórrica vitoria do equipo camariñán, con gol inicial de Rocío Bouzas que queda como o primeiro da historia no clube de Camariñas, debutante na liga e na modalidade. Empataba Uxía para as noiesas antes do descanso e voltaba a poñer por diante as camariñanas Nuria o fío da hora de xogo. Non foi ata o treito final cando as rapazas que dirixe Cabrejo cando se decantaba definitivamente o choque do seu lado. Paula e Daniela completaban a goleada para a ledicia da afección local.
Goles : 1-0, Rocío, (19´); 1-1, Uxía, (40´); 2-1, Nuria, (59´); 3-1, Paula, (83´); 4-1, Daniela, (90´).
DESCANSA : UD Corcubión
CLASIFICACIÓN : PREME AQUÍ
CALENDARIO COMPLETO : PREME AQUÍ
-Foto Ponteceso : Marcos Curro
-Foto CF Muxía : cf MuxíA
-Texto : Xosé Búa “Pirata”/Adestradores