CRÓNICAS DA FASE DE ASCENSO A 1ª GALEGA FEMININA : “XALLAS E CEE QUEDAN FORA COLLEITANDO IGUAL RESULTADO ADVERSO”.

2ª División Galega Feminina Fase Ascenso a 1ª División 

Cuartos

(Encontro único)

O Xallas xoga hoxe a Copa e podería ter de rival o Dumbría na seguinte rolda.

 

 

PM Friol B 3-0 Xallas FC

 Rupper, (Adestrador do Xallas FC Feminino) : “Partido no que as locais se adiantaron nos primeiros minutos, cun tiro que nada puido facer Rosio. Unha temperatura que pasaba dos 28 grados e que marcou tamén o partido facendo descanso para hidratarnos. Chegouse con 1-0 no marcador o descanso, sin apenas crear, nin recibir perigo nas áreas.
Cando intentamos dar un pasiño máis e fixemos o primeiro cambio, antes de que se adaptaran o novo sistema recibimos o segundo, e aí xa se puxo moi costa arriba. Un man a man de Olalla puido ser clave para ter algunha opción pero o seu tiro foise o lateral da rede. Cando xa estábamos con todo arriba, nunha contra o Friol faría o definitivo 3-0.
Toca pensar na copa contra o Corme hoxe martes ás 21:00 horas.

Goles : 1-0, (4´); 2-0, (58´); 3-0, (84´).

Arbitro : Alberto Lago, con Brais del Olmo e Diego Seco nas bandas. Non amosou ningún cartón.

 

Copa da Costa

O Xallas FC comeza hoxe a sua andaina na Copa da Costa Feminina co encontro da previa que se adiou o ter que xogar o equipo xalleiro a Fase de Ascenso. As xalleiras visitan esta tarde-noite a partires das 21:00 horas ao Corme CF Feminino coa arbitraxe de Manuel Rodríguez Rojo.

 

 

Lóstrego CF B 3-0 UC Cee

Buscamos colaborador do UC Cee para achegarnos a visión dos encontros.

Non foi ata o derradeiro cuarto de hora de encontro cando se rompeu o encontro. Chegouse o 74 co empate incial, pero tralo gol das locais e a necesidade de buscar o empate por parte das ceenses chegou o segundo no 88, un gol que xa sentenzaba o encontro. O terceiro chegaría no desconto xa con todo o peixe vendido.

Goles : 1-0, (74´); 2-0, (88´); 3-0, (90´).

Arbitro : Miguel de Castro. Amonestou a local, Ainhoa.

 

Copa da Costa

O UC Cee que eliminou o pasado venres ao Mazaricos na previa da Copa da Costa Feminina, (2-0), terá como rival nos Cuartos de Final ao UD Cerqueda, nun encontro estipulado para o vindeiro Domingo 4 de Xuño ás18:00 horas no “San Paio de Refoxos”.

 

-Foto : Ruper

-Texto : Xosé Búa “Pirata”