2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA GRUPO 3
O Cerqueda provisionalemente en posto de promoción.
Xallas FC 1-0 ED As Miúdas
Plantoulle cara o equipo muradán ao xalleiro que se impoñía pola mínima gracias a un gol de Michelle aos 18 minutos de xogo. Dar maior valor o feito polas muradanas que chegaron a Fontenla con tan só unha xogadora para os trocos.
O vindeiro Domingo 3 de Marzal xógase a penúltima xornada, de liga. O Xallas FC repite a partires na casa, para enfrontarse ao CD Unión, que é o equipo que as precede. As xalleiras afioanzaron con esta vitoria a 7ª praza. Pola sua banda as muradanas reciben no Eleuterio Balayo ao SR Calo dende ás 12:00 horas.
CD Unión 1-0 ED As Miúdas
Segue na boa onda o equipo muradán, que a pesares de perder, fixeron un bo encontro ante o 6º clasificado. A derrota foi a raiz dun tanto a madia hora de xogo, materializado pola local, Yaiza.
O vindeiro sábado 26 de Marzal xógase a 20ª xornada, cando o ED As Miúdas visita no derbi da costa ao Xallas FC no “A Fontenla“, a partires das 18:30 horas. As muradanas continuan na penúltima praza con 5 por enriba do colista Amio SD. As xalleiras continúan na 7ª praza con 19 puntos.
SR Calo 1-3 UC Cee
Vitoria moi traballada das ceenses que afianzan a segunda praza do campionato e póñense a 4 puntos do lider CF Noia con 6 por disputar. As rapazas do Cee adiantábanse por medio de Lucía Canosa aos 21 minutos de xogo, resultado co que se chegaba ata o descanso. Non foi ata o minuto 70 cando Nerea empataba para as de Teo. A resposta foi inmediata e Andrea por partida dobre, voltaba a poñer por diante as ceenses e finiquitaba o encontro, (73´e 76´).
O UC Cee recibe este Domingo, na penúltima xornada de liga ao Victoria FC “B”, no Sampaio de Refoxos. O SR Calo visita o ED As Miúdas.
UD Cerqueda 7-0 Amio SD
Encontro prácido das cerquedenses que xa se foron o descanso co encontro finiquitado, cun craro 4-0, con goles de Naroa, (12´), Isabela, (22´e 38´), e entremedias, Paula, (31´). Na segunda metade completaron a goleda as colistas, Paula, (88´de penalti), e Nuria, (desconto).
O UD Cerqueda visita o vindeiro Domingo ao Praiña Sporting Club. As cerquedenses a espera do que faga mañán o Cacheiras SD ante o CD Unión, ocupan posto de promoción de ascenso, con 1 punto sobre o Cacheiras, e a 2 das terceiras SR Calo.
OUTROS RESULTADOS
Victoria FC “C” 2-1 Praiña Sporting Club
Cacheiras SD – CD Unión, (30/03 ás 20:00 horas)
Descansou : CF Noia.
-Fotos : RSS/UD Cerqueda
-Texto : piratasdemuxia