CRÓNICAS DA 8ª XORNADA DA FASE DE PERMANENZA NA 1ª GALICIA : “SÓ O VOLANTES GAÑOU DOS QUE LOITAN A DESESPERADA POR NON DESCENDER”.

Fase de Permanenza 1ª Galicia

O Ponteceso perdeu pero segue na loita por salvarse.

 

Dos 3 equipos en zona de descenso, Corme, Volantes e Ponteceso, só os de Baño sacaron os 3 puntos cos que saen de descenso dietpo. Os cormeláns sumaban un punto, pero están en zona de descenso indireto, ou sexa, cuartos, pero caerían igual a Liga da Costa, xa que hai nos outros grupos dous equipos con máis puntos. O Ponteceso caeu e está en descenso direto. Pra Dumbría e Soneira, 8vitoria e empate), a liga xa é un adestramento para a Copa da Costa.

 

XORNADA

Grupos 1

  CF Dumbría 1-0  SD Agolada

Día : 08/05

Hora : 17:00

Campo : O Conco, (Dumbría)

Árbitro : David Vázquez Lema

Un gol de Darío Capelo pasada a hora de xogo deulle os 3 puntos aos dumbrieses ante un rochoso Agolada. Os dumbrieses se xa non tiñan problema para asegurar a permanenza, deixárona totalmente finiquitada.

 

 Corme CF 2-2 CD Lalín

Día : 08/05

Hora :17:05

Campo : O Cairo, (Corme)

Árbitro : Darío Costas Rodal

Punto de ouro para os cormeláns ante un Lalín, lider de grupo e que se puxo por diante en duas ocasións. Primeiro foi Casal o que poñían en ventaxe aos lalineses, (17´), e empataba para os costeiros Alejo, (41´), para irse ao descanso ca igualada. Pasada a hora de xogo, Eloy voltaba a poñer por diante aos visitantes, pero aparecía Lucas nos instantes finais, (86´), pera poñer as táboas no marcador e situar aos cormaláns na penaúltima posición, cun punto por enriba do Esclavitude e a 4 do Agolada que marca o posto de salvación direta.

 

Descansa : SD Esclavitude

 

 CLASIFICACIÓN

CD Lalín : 22 puntos

CF Dumbría : 18

SD Agolada : 11

Corme CF : 7

SD Esclavitude : 6

 

Grupo 2

  Volantes de Baño FC 1-0 SD Tordoia

Día : 08/05

Hora : 17:30

Campo : Xosé Luis Vara, (Esteiro-Muros)

Árbitro : Marco Alejandro Castro Liñares

Tres puntos máis ca necesarios para os de Baño, cun tanto de Kevin a media hora de xogo, e que lles valen para sair do descenso ante o lider do grupo. Había que gañar e gañouse nun grupo no que son 3 equipos os que se xogan duas prazas de descenso, ou salvación como mellor cuarto, agora con 10 puntos os muradáns, os mesmos co Val do Ulla, que cae a cuarta praza e 1 máis co Ponteceso que caía ante o Cruces.

 

  SD Cruces 2-1 Ponteceso SD

Día : 08/05

Hora : 17:00

Campo : O Caballón, (Vila de Cruces)

Árbitro : Samuel Gil Caldelas

Dura derrota para os pontecesáns que vían como se adiantaban os de Vila de Cruces aos 10 minutos de xogo por medio de Manuel. Xa na segunda metade Ezequiel facía o segundo, pero  3 minutos despois Ángel, de penalti, poñía de novo no encontro aos da Terra de Pondal, (61´). Non se movería o marcador e caen a derradeira praza os pontecesáns, a 1 punto de Val do Ulla e Volantes que ocupan praza de salvación como mellor cuarto e salvación direta respectivamente.

 

Descansa : UD Val do Ulla

 

CLASIFICACIÓN

SD Tordoia : 18

SD Cruces : 16

Volantes de Baño CF : 10

UD O Val do Ulla : 10

 Ponteceso SD : 9

  

Grupo 3 

 SD Soneira 1-1 CD Belvís 

Día : 08/05

Hora : 17:30

Campo : Municipal de Vimianzo

Árbitro : Pedrpo Rodríguez Penas

Un punto para un Soneira cos deberes feito fai tempo e que só espera a que esto finalice para xogar a copa. Crístaian adiantaba aos visitantes de penalti aos 16 minutos de xogo e Diego Lois empataba avanzada a segunda metade, (72´).

 

 CCD Taragoña 2-1 Cordeiro CF

Día : 08/05

Hora : 18:00

Campo : A Lomba, (Taragoña)

Árbitro : Manuel Paz Hermida

Vitoria tardía para o Taragoña que xa é equipo da Segunda Galicia co empate do Belvís.

 

Descansa : Praiña Sporting Club

CLASIFICACIÓN

Soneira SD : 19

Cordeiro CF : 13

CD Belvís : 12

Praiñas Sporting Club : 11

CCD Taragoña : 5

 

-Foto : FaceBook Ponteceso SD

-Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies