FASE ASCENSO A LIGA DA COSTAO Oza deu un paso de xigante hacia a Liga da costa.
8ª XORNADA
Grupo 1
Xallas FC 0-3 UD Corcubión
Día : 07/05
Hora : 17:00
Campo : A Fontenla, (Santa Comba)
Árbitro : Pablo Rama Cotelo
O Corcubión acadou o ascenso tras derrotar sen miramentos ao seu principal rival, e na sua casa. Os de Carlos Lema nunha extraordinaria segunda metade goleaban ao filial do Xallas FC cun “Hat-trick” de Luis Lago, (50´, 77´e 87´), para poñer terra de por medio e coa necesidade de facer 1 punto nas 3 xornadas que restan. Os corcubioneses xogaron cun menos dende o minuto 85 por expulsión con vermello direto de Mario.
A nosa máis cordial noraboa a tódolos que forman o UD Corcubión.
CF Castrelo 0-2 Sporting Seaia CF
Día : 07/05
Hora :16:30
Campo : Municipal de Vimianzo
Árbitro : Esteban Domínguez Lado
Chegoulle a primeira metade ao equipo de Seaia para levarse os 3 puntos con goles de Sergio, (34´) e Raúl Reigía, (40´).
Descansa : SD Camelle
CLASIFICACIÓN
UD Corcubión : 25
Xallas FC “B” : 17
SD Camelle : 9
Sporting Seaia CF : 7
CF Castrelo : 4
GRUPO 2
SD Laxe 2-3 Atlético Pereiriña FC
Día : 08/05
Hora :17:15
Campo : Cabo d´area, (Laxe)
Árbitro : Iván Vilanova Antelo
Dura derrota para un laxe que xa di adeus a loita polo ascenso tras ser fai pouco lider do grupo. Ademáis os laxenses eran superados por un Pereiriña que lles remontaba un 2-0 . acadado na primeira metade dpo David, (28´) e Bieito, 840´). Rodrigo por partida dobre, (70´e 90´), e entre medias Kevin, (88´), eran os autores da remontada pereiriñense.
SD Oza 2-0 CF Porteño
Día : 07/05
Hora : 16:30
Campo : O Carral, (Sofán-Carballo)
Árbitro : Óscra Santos Rodríguez.
Paso atrás importante dun Porteño que caeu ante un rival direto, que ten na sua man o ascenso facendo o mesmo que fagan os da Ponte do Porto nas duas xornadas que quedan. Os do ex árbitro da costa, Adrián Varela rompían o encontro no seu treito final cun tanto de Crístian aos 82 minutos de xogo, e outro der Varlos Amado, de penalti, xa no desconto.
Descansa : Atlético Pereiriña FC
CLASIFICACIÓN
SD Oza : 17
CF Porteño : 15 puntos
Atlético Pereiriña FC : 13
SD Laxe : 12
SD Ameixenda : 4
-Foto : FaceBook Adrián Varela
Texto : piratasdemuxia