CRÓNICAS DA 8ª XORNADA DA 3ª DA COSTA : “O PORTEÑO LIDER EN SOLITARIO TRAS GOLEAR O BAIÑAS NO ENCONTRO DA XORNADA”.

 

-Crónicas 8ª Xornada-

CD Nantón 1-3 Atlético Pereiriña FC

Bo encontro dos da Pereiriña que souberon xogar nun As Fontiñas moi pesado polas chuvias. Carlos Antelo adiantaba aos visitantes ao 18 minutos de xogo, e él mesmo abría fenda no marcador pouco despois, tras materializar unha pena máxima, moi protestada polos locais, (37´). Manuel Márquez acurtaba distanzas antes do descanso e metía aos nantoneses no encontrio, para a volta de vestiarios, pero soubo controlar ben o equipo ceense e máis cando Esteban Lema, (53´), facía o segundo, nunha xogada a balón parado.

 

Sporting Seaia CF 2-0 CF Lira

Bo encontro do equipo da parroquia malpicana, que se adiantaba aos 20 minutos de xogo, por medio de David Muiño, e que mataba o encontro pasada a hora de xogo, cun tanto de Raúl Reigía, (65´), ante un Lira que non foi o equipo das primeiras xornadas de liga.

 

Xallas FC “B” 1-3 Sporting Zas

Volveu o equipo zacense a senda do trunfo, tras facer un bo encontro, que ainda que se decideu dende o punto de penalti, puido ter máis goles. Iván Caamaño aos 38 minutos de xogo poía por diante aos de Martín Vecino, resultado co que se chegaba ao final dos primeiros 45 minutos. Tras un primeiro periodo máis igualado, pasouse a un segundo no que os zacences foron mellores. Igualou Adrián Couto para os xalleiros, e pouco despois tiveron unha pena máxima a favor, que erraron, non errou Dani Mato nas duas que tivo e que representaron o 1-3, (58´e 71´).

 

SCD Buño 4-0 SCD Malpica

Segue co seu Vía Crucis o Malpica, e sen visos de mellora, e cae no segundo derbi consecutivo. Foi un xoguete roto o equipo malpicáns en mans do seu veciño, Buño, que na primeira metade adiantábase por medio de José Suárez, (14´), que repetía, desta volta de penalti, na segunda metade, (50´), e sen tempo a subirse os calcetíns, Juan Antelo facía o terceiro, (52´). O propio Antelo pechaba a goleada, (82´), de penalti.

 

CF Porteño 5-1 CD Baiñas

Era o encontro da xornada, e non desmereceu. Levouse os tres puntos o equipo que mellor estivo nas duas áreas, que foi o lider, agora mesmo en solitario. Gañoulle a partida, Baña ao Rosquilleiro, no duelo de adestradores da Ponte do Porto. Lucas Caamaño abría o marcador aos 7 minutos de xogo, único gol que se vería nun pesado campo da Grixa, na primeira metade. Xa na segunda o Baiñas buscaba a igualada e consegíaa por medio de Crístian Canosa, (54´), pero a reacción era inmediata dos da Ponte do Porto, e Martín Paredes, deixaba o choque ressolto con dous goles, (59´e 80´). Marcos, no desconto facía o definitivo 3-1.

 

SD Ameixenda 2-6 SD Camelle

Chegou baixo mínimos o equipo camellán a Xallas, pero non foi handicap para sumar os 3 puntos, ante un Ameixenda que comezou ben, e que se adiantou aos 20 minutos de xogo cun tanto de Crístian Caamaño. Consigueu remontar o equipo camelláns antes do descanso, con goles de Diego, (30´e 44´), e xa na segunda metade, foi moi superior, e tras volver a marcar por terceira vez consecutiva, Diego, (47´), e acurtar Esteban Louro, (49´), para os locais, José, (64´), Marce “Marcotiño”, (72´), e Adrián Pasantes, (83´), acababan goleando para os de Camelle.

 

CF Castrelo 2-4 SD Laxe

Bo partido do Laxe que controlou en todo intre a un Castrelo que viña a máis nos derradeiros encontros. Gora, nada máis pisar o céspede, como quen dí, facía o primeiro, (1´), e antes da media hora Bieto, poñíalle moi costa arriba as cousas os da parroquia vimiancesa. O propio Bieto pasada a hora de xogo, (68´), sentenzaba un encontro que non decaeu en ningún intre. Adrián recurtaba para os castreleses, (75´), e Guillín de penalti, ( 83´), abría un encontro que parecía morto co 0-3. Final máis tenso do que parecía para os laxenses, pero que sentenzaba Miguel Torres na prolongación final, cando ata podía chegar o empate.

 

CLASIFICACIÓN

 

Resultados de todo o Fútbol da Costa Senior e Veteranos :PREME AQUÍ.

-Crónicas do Fútbol da Costa : PREME AQUÍ.

 

-Fotos e Texto : piratasdemuxia