CRÓNICAS DA 8ª Xda DA 3º GALEGA FEMININA G3 A COSTA : “O CABANA LIDER PROVISIONAL A ESPERA DE QUE SE COMPLETE A XORNADA”.

3º GALEGA FEMININA G3 A COSTA
8ª Xornada
Diferentes días :

Outes FC 2-1 EFCC Juan Cabrejo, (CRÓNICA)

SD A Baña 1-3 Sporting Zas

Cabana SD 3-0 Xallas FC “B

Ponteceso SD  SD Dubra, 07/12

Soneira SD  UD Corcubión, 07/12, ás 12:00

ED As Miúdas  UD Cerqueda, 07/12

AVISO : Só poñemos os comentarios dos que nolos queiran mandar. O noso whatsapp : 626 72 00 47 está aberto a todo aquel pertencente a un club que nos queira mandar información, fotos, comentarios, vídeos, etc…

CRÓNICA XERAL

A 8ª xornada da 3ª Galega Feminina G3 quedou incompleta ao se disputaren só tres dos seis encontros previstos tal e como xa vos informamos anteriormente. O primeiro deles xogouse o sábado na Serra, onde o Outes FC superou por 2-1 ao EF Juan Cabrejo, o que derivou na perda do liderado ao conxunto camariñán nun partido do que xa demos ampla información no seu momento.

O domingo disputáronse os dous duelos restantes da fin de semana: o Sporting Zas venceu a domicilio á SD A Baña (1-3), mentres que o Cabana SD superou con autoridade ao Xallas FC “B” (3-0). Este triunfo permite ás cabanesas situarse líderes provisionais, á espera do que suceda nos tres encontros pendentes que completarán a xornada o vindeiro domingo: Ponteceso SD-SD Dubra, Soneira SD-UD Corcubión, e ED As Miúdas-UD Cerqueda.

 CRÓNICAS 

Cabana SD 3-0 Xallas FC “B”

 José Manuel Vázquez (adestrador do Cabana SD) :

“Partido adiantado da xornada que o Cabana afrontou con moita seriedade ante o Xallas B. Levaron o peso do partido as locais, que rondaron a porta do Xallas ata que Aroa facía o primeiro nun córner. Seguiu a mesma tónica do encontro e as cabanesas mantiveron a raia os intentos de contra das visitantes. Foi Mireia quen fixo o segundo antes do descanso nun novo córner, o que nos deu tranquilidade.

Xa na segunda parte o Cabana continuou co dominio e dispuxo de boas ocasións desbaratadas pola porteira xalleira. Foi Nerea quen fixo o terceiro e sentenciou o partido.”

 Goles :

1-0, Aroa (23′)
2-0, Myrella (43′)
3-0, Laura Torrado (63′)

SD A Baña 1-3 Sporting Zas

Ánxo Garrido (adestrador do Sporting Zas) :

“Partido moi traballado polo Zas para sacar os tres puntos. O inicio foi trepidante, xa que aos dez minutos o marcador ía 1-1. Adiantounos Nerea na saída dun córner, pero as locais empataron rápido cunha falta. A partir de aí houbo pouco xogo nos primeiros 45 minutos.

Na segunda metade, a Baña xogou con moita intensidade que non fomos capaces de igualar, pero as ocasións claras caían do noso lado. Fixemos o 1-2 nun córner que as locais remataron en propia porta, e ese gol deunos tranquilidade para manter a pequena vantaxe malia non estarmos finas. Non sufrimos atrás, pero tampouco acertabamos arriba ata o último minuto, cando unha galopada incrible de Nuria rematou co 1-3 definitivo.”

 Goles :

0-1, Nerea (2′)
1-1, Paula (4′)
1-2, Bruna (pp) (52′)
1-3, Nuria (92′)

VÍDEOS GOLES SP ZAS

 

CLASIFICACIÓN PROVISIONAL 

1º Cabana SD – 19 pts
EF Juan Cabrejo – 18 pts
Outes CF – 17 pts
Soneira SD – 15 pts
UD Corcubión – 13 pts
Sporting Zas – 13 pts
UD Cerqueda – 10 pts
ED Os Miúdos – 8 pts
Ponteceso SD – 6 pts
10º SD Dubra – 6 pts
11º Xallas FC “B” – 4 pts
12º SD A Baña – 0 pts

Os comentarios dos adestradores son propios e intrasferibles dos propios protagonistas polo que piratasdemuxia.es non se fai responsable dos mesmos.

.

-Fotos : Sporting Zas e José Manuel Vázquez

-Texto : Xosé Búa “Pirata”