CRÓNICAS DA 5ª XORNADA DA PREFERENTE GALICIA G2, E DA 2ª NA 1ª GALICIA G2, AMBAS CON EQUIPOS DA COSTA.

O Mazaricos levouse un dos 3 derbis que houbo n 1ª Galicia.

Aquí tedes as crónicas e resultados da 5ª xornada da Preferente Galicia Norte 1A, e os da 2ª xornada da 1ª Galicia G2- Ambas ligas nas que están enmarcados os equipos costeiros.

 

PREFERENTE GALICIA GRUPO NORTE 1A

5ª Xornada

SD Fisterra 1-1 SD Dubra

Nunha tarde fría no Arasolis todos quedaron xeados cando tras unha primeira metade na que non se movía o marcador e unha segunda que ía polo mesmo camiño, Martín adiantaba aos do interior a falla de 14 minutos para o final. Todo apuntaba a que o que marcase levaríase o encontro pero chegou o deconto e sen nada que perder os fisterráns conseguiron romper a muralla dubresa e rescatar un punto, gracias a un gol de Diego Estévez.

CD Boiro 0-1 Sigüeiro FC

Compliouselle e moito o encontro ao CD Boiro cando no minuto 23 quedaba cun menos por expulsión do meta Juan Pérez con vermello direto. O adestrador Luis Carro tivo que modificar o equipo sacando o centrocampista Mario Regueiro para dar entrada o meta, Lois. O encontro decideuse cun tanto de Diego Fuentes aos 51 minutos de xogo e os visitantes sufrían a expulsión de Borja por dobre cartón no desconto, tras un choque con moito contacto físico.

Xallas FC 0-1 SD O Pino

Un gol do visitante Jesús Frtnando aos 83 minutos de xogo foron un xarro de auga fría para un Xallas FC que suma xa a cuarta derrota en 5 xornadas que se levan disputadas.

Laracha CF 0-2 Puebla FC

Primeira vitoria do campiobato para un Laracha que estivo ben en defensa e que tivo a Adrián Falcón como o seu máximo exponente, sendo o artífice dos dous goles. O primeiro deles cando ían tan só 5 minutos de xogo e o segundo que daba a tranquilidade, aos poucos do comezo da segynda metade, (53´).

Agrupación Estudiantil 0-1 UD Paiosaco

Fíxoselle duro de roer o colista aos de Peisaco que se adiantaban no marcador aos 19 minutos de xogo vun tanto de Juan Pombo. O curto do resultado fixo que houbese tensión ata o pitido final, pois o gol dos locais podía chegar de calqueira maneira.

Boimorto CF 0-2 Atlético Arteixo

Mantén o liderato da competición o equipo arteixán, gracias ao bo facer na primeira metade na que deixaron o choque solventado. Óscar aos 14 minutos de xogo e David Bandera 5 minutos despois finiquitaban o choque e só quedaba controlar e manter a porta a cero, para evitar sobresaltos, e así foi.

 

 

1ª GALICIA GRUPO A COSTA/SANTIAGO 2B

Tarde chuviosa no “Pedra D´ouro”.

 

2ª Xornada

CD Belvís 3-1 Volantes de Baño CF

A pesares de adintarse os 16 minutos de xogo cun tanto de José Antonio, os muradáns que se ían os vestiarios co marcador por diante vían como os locais lle remontaban na segunda metade cun “Hat-trick” de Chrístian. Empataba no 53 e non era ata o treito final cando acadaba os goles da remontada, de maneira seguida, (81´e 83´).

Mazaricos CF 2-0 CD Baio

O Mazaricos levouse un dos 3 derbis da costa que tíñamos nesta xornada o dobregar ao CD Baio, cun tanto de Óscar na primeira metade, nos primeiros compases do xogo, (32´). e Kevin na segunda no treito máis complicado, (83´), cando os baieses tiñan toda carne no asador na procura do empate.

SD Negreira 3-1 SD Tordoia

José Caamaño adiantaba aos nicranienses aos 39 minutos de xogo e Denís acadaba a igualada para os torfoieses a hora de xogo. Non foi ata o 72 cando os locais se poñian de novo por diante e un gol en propia porta de Javier Seoane, era o que mataba o encontro.

Soneira SD 3-0 Ponteceso SD

Volveu a sair goleado o equipo pontecesán, desta volta na Terra dos Moscoso. Javier Alonso no 20´e Geto no 39 deixaban bastante encarrilado o derbi. O gol da “puntilla”, chegaba no 55´por medio de Iván Noya.

CF Dumbría 3-0 Corme

O equipo dumbriés é o único xunto co SD Negreia que suma como vitorias as duas xornadas disputadas. Os de adiantábanse por medio de Xabier aos 8 minutos de xogo. Babacar facía o segundo a media hora de xogo e o propio Babacar facía o terceiro e que “mataba” o encontro, na primeira xogada do reinicio, (46´). Os de Dumbría son colíderes co SD Negreira, ocupando a primeira praza os nicranienses por golaveraxe.

 

-Foto : Jorge Villar “Gorrión”

-Texto : piratasdemuxia