CRÓNICAS DA 5ª XORNADA DA 3ª DA COSTA : “O PORTEÑO NOVO LIDER EN SOLITARIO TRAS GOLEAR NO DERBI”.

3ª DA COSTAO Porteño levouse o derbi do Rodeiro.

 

-5ª XORNADA-

Domingo 21 de Novembro 

Sporting Seaia CF 3-3 Atlético Pereiriña

Hora : 16:30

Campo : “Pedra Queimada”, (Malpica)

Colexiado : Manuel Rodríguez Rojo. Amosoulle 2 amarelos e un vermello aos locais e 1 amarelo e 2 vermellos aos visitantes.

Encontro cun final tenso, o vivido no Pedra Queimada, nun choque no que os seaieses adiantábanse aos 17 minutos de xogo por medio de Sergio Cancela. Non tardaba en igualar Esteban Lema para os de Pereiriña, pero nun final bo dos locais, Iván, (25´) e Sergio Cancela, (43´), deixaban moi ben encarrilado o choque para a segunda metade. Non foi así e foron os visitantes os que conseguían primeiro acurtar antes dod escanso, por medio de esteban Sendón, (45´) e xa na segunda metade empatar por medio de Carlos Blanco. Os ánimos caldeáronse e no desconto verían vermello direto, Martín polos seaieses e Nil e Kevin polos da Pereiriña.

 

SD Camelle 3-5 Porteño CF

Hora : 16:15

Campo : “O Rodeiro”, (Camelle)

Colexiado : David Vázquez Lema. Amosoulle un cartón aos locais e 3 aos visitantes.

Ambente de luxo no “Rodeiro” que xa quixeran moitos equipos da 1ª RFEF. Se o ambente coma neste tipo de derbis foi extraordinario tampouco lle fixeron desmérito ningún ambos equipos, con festival de goles. O primeiro chegou en propia porta do central do Camelle, Huchiño, aos 4 minutos de xogo. Conseguía empatar para os camelláns, Adrián Pasantes pouco despois, (8´), pero pouco duraba a ledicia, pois Edgar poñía de novo por diante aos porteños, (29´), pero antes do decanso Riveiro voltaba a levar as augas o rego, (37´). Xa na segunda metade Manuel Canosa conseguía poñer de novo en ventaxe aos da Ponte do Porto, e él mesmo abría fenda cun novo gol pasada a hora de xogo, (69´). Non tivo tregua o choque ata o final, e ainda se verían dous goles no desconto, primeiro Pablo acurtaba distanzas para os camelláns e despois Brais mataba o choque en favior dos visitantes.

 

Xallas FC “B” 3-1 Castrelo CF

Hora : 16:30

Campo : “A Fontenla”, (Santa Comba)

Colexiado : Jonathan Pardiñas Blanco. Amosoulle 2 cartóns aos locais e ningún aos visitantes.

Encontro que se lle puxo de cara aos xalleiros na segunda metade ao transformar un penalti Iván aos 56 minutos de xogo e abrir fenda Ángel Cus, dez minutos despois co 2-0. Reaccionou o equipo vimiancés e acurtaría distanzas cun tanto de Luis “Capote”. Non foi ata o descono cando Pensado facía o defionitivo 3-1 cos vimianceses a procura do empate.

 

Sábado 20 de Novembro

UD Corcubión 0-2 SD Ameixenda

Hora : 16:15

Campo : “Novo Cubaleiro”, (Corcubión)

Colexiado : Manuel Espasandín Romar. Amosoulle 2 cartóns o xogador do Corcubión Gorka, (41´e 59´), e 7 os de Ameixenda.

Deu a sorpresa a domicilio o Ameixenda que chegaba a casa do lider como colista, sen saber ainda o que era puntuar. Os ceenses nun derbi moi disputado conseguían poñerse por diante xusto antes de irse o descanso, cun tanto de José. O gol deulles forzas para defenderse na segunda metade, ante un Corcubión que se foi arriba, pero que perdía a Gorka antes da hora de xogo. O gol que mataba o encontro chegaba no minuto 83, por medio do muxián, de Morpeguite, Castreje.

 

SD Laxe 3-3 SD Oza

Hora : 16:30

Campo : “Cabo d´area”, (Laxe)

Colexiado : David Castreje Ferrío- Amosoulle un cartón o xogador do Laxe, Paredes, e 5 os do Oza, dous deles a Alejandro Vázquez, que saía expulsado no desconto.

Encontro xogado de poder a poder, no que se adiantaban os de Oza por medio de Alejandro López aos 6 minutos de xogo. Gora empataba para os laxenses 6 minutos despois e Crístian, conseguía poñer de novo aos visitantes por diante no 37. Pouco lles duraba a ledicia aos carballeses, pois Paredes conseguía neutralizar o seu tanto antes do descanso, (42´). Xa na segunda metade as cousas tomaban máis calma, con respecto o primeiro periodo e non era ata o treito final cando voltaba a acción. Alejandro López voltaba a batir o meta local, Jacobo e non era ata o desconto, cando parecía que se escapabam os puntos do Cabo d´area, cando de novo Paredes conseguía neutralizar o tanto visitante e que se quedase 1 punto.

 

CLASIFICACIÓN

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia