FASE DE PERMANENZA NA LIGA DA COSTA
O Outes acabou goleado en Cee.
4ª Xornada
-Grupo A-
Camariñas FC 2-4 CD Baiñas
Día : 08/05
Hora : 17:00
Campo :Hermanas Patiño, (Camariñas)
Árbitro : Luis M. Insua Lago.
Importante vitoria dos baiñeses que foron quen de remontarlle un 2-0 ao lider na primeira metade. Adiantábase o clube camariñán por medio de Djibril aos 13 minutos, que repetía 2 minutos despois. Non tardou a reacción baiñesa e Carlos acurtaba distanzas a media hora de xogo, e de penalti Dylan igualaba, para que Esteban xusto antes de irse a vestiarios puxese un 2-3 e facía que os espectadores se frotasen os ollos nunha primeira metade de tolos. Nada máis comezar o segundo tempo Crístian Canosa facía o definitivo 2-4.
UD Cerqueda 6-1 CD Nantón
Día : 08/05
Hora : 17:00
Campo : Xaviña, (Buño)
Árbitro : Óscar Rey Sánchez
Vitoria incontestable dos cerquedenses que fixeon unha extraordinaria segunda metade. Breo aos 21 minutos abría a conta anotadora, para que Eloy no 40 fixese o 2-0, Pouco despois Souto metía no encontro, de penalti, aos nantoneses, pero nada máis comezar o segundo perioro, un penalti tranformado por Eloy, era o preludio da goleada final. Breo, (65´), Eloy, (76´) e Julián, (82´), completaban a goleada.
Clasificación
Camariñas FC : 15
UD Cerqueda : 14
CD Baiñas : 7
CD Nantón : 3
–Grupo B-
SCD Malpica 2-3 SD San Lorenzo
Día : 08/05
Hora : 17:00
Campo : Pedra Queimada, (Malpica)
Árbitro : Bruno Méndez Castro
Dura derrota do Malpica que segue en caida libre e que se topou cun serio San Lorenzo que non se veu abaixo cando perdía por 2-0 con goles dos malpicáns, Aday, (9´) e Iván, (12´), remontando con goles de Diego, 815´), e na segunda metade de Alejandro, 855´) e Pablo, este último no tempo de desconto.
UD Monte Louro 2-0 CF Lira
Día : 08/05
Hora : 17:00
Campo : Agra de Filgueira, (Louro)
Árbitro : Óscar Martínez Santos
Traballada vitoria dos lourese que nun ramalazo na segunda metade, con dous goles seguidos, finiquitaron o choque ante un rochoso Lira. Iker no 75 e Xián no 78 facían os goles que sentenzaban a contenda.
Clasificación
SD San Lorenzo : 13
UD Monte Louro : 11
CF Lira : 6
SCD Malpica : 6
-Grupo C-
UC Cee 5-2 Outes FC
Día : 08/05
Hora : 17:00
Campo : San Paio de Refoxos, (Xallas-Cee)
Árbitro : Pablo Rama Cotelo
Xa son 20 os goles deste imparable UC Cee en 4 encontros e desta volta goleando o segundo do grupo. Tras unha primeira metade igualada na que o fisterrán Bruno poñía por diante aos ceenses, pasouse a unha segunda na que de novo Bruno, (59´9 abría fenda no marcador. José ampliaba a ventaxe no 65 e Adrián acurtaba de penalti para os outeses, (72´). Bruno de penalti facía o cuarto dos ceenses, 880´), terceiro na sua conta particular, e Santi, 886´9, e Ezequiel, 8desconto), completaban a goleada.
SCD Buño 2-3 Sporting Zas
Día : 08/05
Hora : 17:00
Campo : Xaviña, (Buño)
Árbitro : Chrístian Sendón Villar
Primeira vitoria dos zacenses nesta loita por evitar o descenso e ante un rival direto. Andrés aos 21 minutos de xogo poñía por diante aos de Zas e Eloy empataba a media hora de xogo a contenda. Resultado co que se ía o descanso. Álvaro no 51 poñía de novo por diante aos visitantes e 2 minutos despois Iván poñía terra de por medio. Omar no 72 acurataba distanzas para os oleiros, pero xa non se movería o marcador.
Clasificación
UC Cee : 14
Outes CF : 11
Sporting Zas : 5
SCD Buño : 5
-Foto e Texto : piratasdemuxia