3ª DA COSTA
O Camelle sumou a sua segunda vitoria consecutiva.
4ª Xornada
Sábado 13 de Novembro
Atlético Pereiriña 3-6 UD Corcubión
Hora : 16:15
Campo : “Sampaio de Refoxos”, (Xallas-Cee)
Colexiado : David Castreje Ferrío
O Corcubión baixou da nube a un Atlético Pereiriña que sumaba de 3 en 3. Os corcubioneses chegaron a ir 0-5 nunha primeira metade na que lles saeu todo e pasaron o rodillo, con goles de Cayetano, (16´), Adrián, (21´), Mario, (25´), César, (31´e 41´), por partida dobre, o primeiro de penalti, e daba señais de vida o equipo da parroquia ceense cun tanto de José M Pérez, (45´). Tralo paso por vestiarios José Ramón facía o 1-6, (72´) e xa con máis pundonor que opcións os da Pereiriña maquillaban o resultado con goles de Carlos Blanco, (75´) e Álex Agulleiro, (79´).
Domingo 31 de Outubro
Sporting Seaia CF 1-4 Xallas FC “B”
Hora : 16:30
Campo : “Pedra Queimada”, (Malpica)
Colexiado : Bruno Méndez Castro
Bo encontro dos xalleiros que se poñían 0-2 pasada a media hora de xogo con goles seguidos de Fernando, (30´) e Steven, (33´). Xa na segunda metade Sergio Barbeira facía op terceiro dos xalleiros no 57 e era respondido polo seu tocaio seaiés, Sergio Cancela 2 minutos despois para poñer os de Seaia no encontro, pero non tardaba en matar o encontro para os de Santa Comba, Brais, (66´) e firmar a primeira vitoria dos xalleiros no campionato e na sua volta o fútbol costeiro.
SD Ameixenda CF 0-4 SD Laxe
Hora : 16:30
Campo : “Novo Cubaleiro”, (Corcubión)
Colexiado : Luis M. Ínsua Lago
Vitoria incontestable do Laxe nunha extraordinaria primeira metade. Oscar Toja, (10´) e Juan Martín, (15´), xa deixaban o encontro encarrilado e listo para que de novo, Óscar, (23´), e despois Jorge, (27´), xa deixaran todo peixe vendido e que a segunda metade se convertise nun trámite.
CF Porteño 4-0 CF Castrelo
Hora : 16:30
Campo : “A Grixa”, (Ponte do Porto)
Colexiado : David Cancela García
Gran segunda metade do equipo da Ponte do Porto tras desatascarse o choque cun penalti que materializaba Alan, (53´), e que facía que se vise outro encontro, no que os porteños foron superiores tralo 2-0 que facía Marcos, (57´), que xa deixaba 6 minutos despois o choque finiquitado. O cuarto e definitivo gol era obra de Canosa, (80´).
SD Oza 2-4 SD Camelle
Hora : 16:30
Campo : “O Carral”, (Sofán)
Colexiado : Carlos Señarís Balsa
Machada do Camelle que chegaba a casa do colider con 4 xogadores con lesións, e sufrían a lesión do porteiro Roi que se lesionaba dun dedo no quecemento e tiña que abandoar o choque aos 13 minutos de xogo, para 6 minutos despois sair tamén lesionado o seu compañeiro Santi “Maka”. Adiantábanse os carballeses aos 5 minutos de xogo cun tanto de penalti transformado por Alejandro, e de penalti empataban os camelláns cun tanto de Vietes, a media hora de xogo e o propio Vieites conseguía o da remontada 3 minutos despois. Xa na segunda metade, Adrián Pasantes facía o 1-3 a hora de xogo, e Rodri finiquitaba a contenda 7 minutos depois. Jorge Pichel que acabaría sendo expulsado no desconto, facía o 2-4 definitivo, (69´). Pero tivo o equipo de Ordóñez a oportunidade de sumar un tanto máis nun penalti que erraba Adrián Pasantes na derradeira xogada do choque.
CLASIFICACIÓN
-Foto e Texto : piratasdemuxia