CRÓNICAS DA 4ª XORNADA DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G3 : “SÓ UC CEE E UD CERQUEDA CONSEGUEN PUNTUAR DOS EQUIPOS COSTEIROS”.

2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G3

-4ª XORNADA-

Imaxe do UC Cee que estreaba indumentaria.

 

Moi pouca bagaxe dos equipos costeiros nesta 4ª xornada, na que a diferenza da pasada semana que só un dos equipos costeiros conseguía puntuar, desta volta foron dous, O UC Cee que se sacaba a espiña da pasada semana e que lle facía un 6-1 ao Amio SD, desquitándpose do 6-0 da pasada semana ante o CF Noia. Deixaban xa o encontro finiquitado na primeira metade as rapazas da Vila da Xunqueira, i era a muxiana, Lucía Canosa, nun excelente estado de forma, a que abría o marcador os 5 minutos de xogo, Saray, (23´), María, (25´) e Sharay, (39´), completaban o 4-0 do primeiro periodo. Na segunda metade acadaba o “gol da honra”, Patricia, (57´), para as amiesas e marcaban para as ceenses, Sharay, (59´) e Nerea, (61´).

O que tamén puntuaba era o UD Cerqueda, que repetía trala vitoria da semana pasada, empatando desta volta co Victoria FC, un choque no que remontaron o gol inicial das locais, por medio de Naroa, (32´) e Saskia, (70´), pero vían como se lles ían 2 puntos no descotno, no que empataba Carolina as santiaguesas.

Voltaba a competición o Xallas FC pero facíao con derrota na casa ante o Cacheiras SD, (1-4), que se coloca cuarto, empatado co 3º, CD Unión, e a 1 punto do UD Cerqueda, (2º) e 3 do lider, CF Noia. O gol das xalleiras era obra de Yasmina aos 36 minutos de xogo, pero tras acabar así a primeira metade, a segunda era totalmente das visitantes que goleaban xa dende a volta de vestiarios.

Día para esquecer do ED As Miúdas, que chegaban con tan só as 11 xogadoras de campo ao encontro ante o lider, CF Noia, e tras aguantar no primeiro tempo no que as noiesas se adiantaban aos 18 minutos de xogo por medio de Adriana, na segunda metade o segundo gol visitante a hora de encontro, por medio de Xulia, unido o cansanzo e a sirtuación do encontro, fixo que o adestrador muradán Juan Carlos vise o vermello direto pola sua disconformidade co colexiado e que caesen 2 goles máis, ambos de Melania, da banda noiesa.

 

CLASIFICACIÓN

   

5º XORNADA 

Praiña Sporting Club-UC Cee, ás 19:00 horas do Domingo 21/11 no “A Cañoteira”

Amio SD-ED As Miúdas, ás 12:30 horas do Domingo 21/11 no “Municipal do Sergas”

CF Noia-Xallas FC, ás 16:30 horas do sábado 21/11 no anexo o “Julio Mato”

CD Unión-UD Cerqueda, ás 17:00 horas do Domingo 21/11 no “CM de Vilas”

-Foto : FaceBook UC Cee

-Texto : piratasdemuxia