CRÓNICAS DA 2ª XORNADA DA LIGA DA COSTA GRUPOS 1A e 1B : DOUS EQUIPOS REPITEN VITORIA NO “1A” E 3 NO “1B”.

O Coristanco no Grupo 1B está intratable.

 

GRUPO 1 A

Domingo 31 de Outubro 

CD Baiñas 2-2 UC Cee

Hora : 16:30

Campo : “Municipal de Vimianzo”

Colexiado : Juan Marcos Ríos Suárez, Comezo vertixinoso antre dous equipos chamados a loitar polo ascenso e que vía como se abría o marcador con tan só 3 minutos gastados con gol do fisterrán Isaac Fábregas, que vía porta por segunda semana consecutiva. Non tardaba en reaccionar o equipo baiñés e 3 minutos despois xa acadaba a igualada por medio do viancés Maikol, (6´). Pasada a media hora de xogo era de novo Isaac o que adiantaba aos ceenses, resultado co que se ía o descaso. A segunda metade puido caer de calquera banda, o equipo baiñés buscaba a igualada e o ceense matar o encontro en perigosas contras, e non foi ata o desconto cando chegaba o gol para os de Baiña, por medio de Dylan, para estabrecer as táboas finais, 

 

SCDR Esteirana 3-0 CD Muros

Hora : 17:00

Campo : “Xosé Luis Vara”

Colexiado : Óscar Martínez Santos Tras unha primeira metade na que non se mioveu o marcador, pasouse a unha segynda na que o esteirán, Carlos lestón facía dous tantos, (59´e 63´), en tan só 4 minutos, e que tiraban por terra calquer opción dos locais de facer algo no derbi local. No desconto Pablo Rama facía o definitivo 3-0.

 

Outes FC 4-2 UD Monte Louro

Hora : 17:00

Campo : “O Conchido”

Colexiado : Amine Alaoui Soulimani

Extraordinario encontro de Rober Solís, que co 2Hat-tricj” desta tarde xa suma 5 goles en 2 encontros, cos 2 que lle fixo na xornada inaugural o Muxía CF. O seu primeiro gol, aos 20 minutos de xogo era o único que se presenciaba na primeira metade no Conchido. Empataban os loureses por medio de Xián a volta de vestiarios, (49´), e remontaba para os outeses Rober Solís, 10 minutos despois. O gol que abría fenda no marcador era en propia porta, do visitante, Antón, (58´), e xa no desconto, Rober Solís, mataba o choque. Raúl Olveira pouco despois facía o definitivo, 4-2.

 

Camariñas FC 5-3 Muxía CF

Hora : 17:00

Campo : “Hermanas Patiño”

Colexiado : Marcos Ordóñez Rodríguez

Chegou tarde o Muxía CF o encontro no que os camariñáns debutaban no seu campo, tras descansar na xornada inaugural. Cando despetaron os muxiáns xa ía unha hora de xogo e un 4-0 no marcador, con tantos de Roi Carril, (20´de penalti) e Soule, (37´), na primeira metade e de Óliver, (57´) e Mario, (59´), na segunda. Reaccionou o equipo muxián e acurataba distanzas por medio de Isma, (60´) e Fran-chute, (79´), e xa no desconto, Víctor Alcaina non erraba na sua especialidade, os penaltis, para facer o 4-3 para tratar de sacar 1 punto. O “todo a unha carta” caeu desta vez da banda camariñana que cos muxiáns ariscando facían o definitivo, 5-3.

 

Descansou : Lira CF

 

CLASIFICACIÓN

 

GRUPO 1 B

Domingo 31 de Outubro 

SD Buño 0-1 SD San Lorenzo

Hora : 12:00

Campo : “Xaviña”

Colexiado : Daniel Martínez Ferreiro

Trunfo pola mínima dos de Verdillo que xogaron con superioridade numérica máis de 40 minutos, trala expulsión do meta dos “oleiros”, Xurxo aos 49 minuto de xogo. O gol que lle daba a vitoria aos visitantes chegba pasada a hora de xogo por medio de Brais Cancela, (68´).

Segundo 4-0 consecutivo do Coristanco.

 

SD Coristanco 4-0 Sporting Zas

Hora : 16:30

Campo : “A Rocheira”

Colexiado : Óscar Santos Rodríguez

Novo exercicio de fortaleza dos da Terra da pataca que foron moi superiores aos zacenses de principio a final, Cunha presión alta e non deixando circular o balón aos visitantes, Pazos aproveitaba unha mala cesión dos visitantes para facer o primeiro, (13´). Dez minutos depois Lagoa mandaba o fondo un balón que lle chegaba dunha falta dende o medio do campo. Puido acurtar distanzas o equipo de Zas cun balón de Yago o longueiro, pero non se movería o marcador. Xa na segunda metade, Daniel facía o terceiro, (48´) e curtaría calquer opción para os visitantes. Co encontro en fase REM, Pazos facía o 4-0 tras un despexe do meta Pereira, (81´).

 

SD Castríz 3-0 UD Cerqueda

Hora : 17:00

Campo : “San Pedro”

Colexiado : Iván Vilanova Antelo

Complicouselle o encontro a un Castríz que o tiña máis que controlado cun claro 3-0 no minuto 53´, con goles de Juan, (5´) e Braulio, (15´), na primeira metade e o de Fabian, (53´). Dani García, (87´), acurtaba de penalti, pouco despois quedaban cuun menos os de San Pedro, polo vermello direto a Alejandro, e no desconto chegaba o segundo dos cerquedenses, por medio de Chrístian. Tamén acababa vendo vermello direto o adestrador local, Miguel Chouza.

 

SCD Malpica 0-0 CD Nantón

Hora : 18:00

Campo : “Pedra Queimada”

Colexiado : Pablo Rama Cotelo

Debút sen goles para o Malpica que descansaba na primeira xornada, nun choque no que os malpicáns acababan o encontro cun menos ca expulsión de Abelenda no treito final do choque, (87´). Primeiro punto para ambos neste curso.

 

Descansou : Cabana SD

 

CLASIFICACIÓN

 

 

-Fotos : Sporting Zas

Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies