CRÓNICAS DA 2ª XORNADA DA 3ª DA COSTA : 3 VITORIAS LOCAIS, 1 VISITANTE E UN EMPATE.

3ª DA COSTA

Sábado 30 de Outubro 

O Camelle rozou o empate ante o retornado Pereiriña.

 

Atlético Pereiriña 2-1 SD Camelle

Hora : 17:00

Campo : “San Paio de Refoxos”, (Xallas-Cee)

Colexiado : Esteban Domínguez Lado

Encontro condicionado polas condicións meteorolóxicas. en especial o vento, e no que o máis xusto tería sido unha igualada. Adiantouse o equipo de Pereiriña cun tanto de Brais Lagoa aos 14 minutos de xogo, resultado co que se chegaba ao descanso. Na segunda metade os camelláns buscaron a igualada e o equipo da parroquia ceense chegaba con perigo nas contras e nos roubos en medio campo. O empate chegaba no 80 cun gol do sempre presente nestas lides, Felipe Barreiro. Todo parecía apuntar que xa non se movería o marcador, pero a falla de dous minutos para o final, Rodrigo facía o segundo para os locais, deixando a disgusto aos camelláns, tralo bo encontro desenrolado.

 

UD Corcubión 2-2 Xallas FC “B”

Hora : 17:00

Campo : “Novo Cubaleiro”, (Corcubión)

Colexiado : Manuel Rodríguez Rojo

Pesoulle xogar 35 minutos cun home menos ao equipo xalleiro, que se poñía cun claro 0-2 na primeira metade con goles de Sergio Barbeira, (43´) e Bruno, /44´), gioles seguidos e xusto antes de encarar os vestiarios. Fálase moitas veces do psicolóxico que é un gol antes do descanso, poois estes dous fixeron o efecto contrario nos corcubioneses, pois conseguían meterse no encontro gracias a un penalti, que levaba consigo o segundo cartón a Jairo, e a expulsión. Mario Suárez non erraba ante Alejandor, (56´), e abríase outro choque para os locais. O gol do empate, co Corcubión volcado e o Xallas defendéndose, non chegaba ata o desconto e era obra de Iago Lema. Un empate que aos locais sabíalles a vitoria e os xalleiros a derrota. 

 

Domingo 31 de Outubro 

O Castrelo visita ó Ameixenda.

 

SD Ameixenda 1-2 CF Castrelo

Hora : 16:30

Campo : “San Paio de Refoxos”, (Xallas-Cee)

Colexiado : David Vázquez Lema, amonestou polos locais a Kane, (12´) e Iván, (desconto), e polos visitantes a Esteban Lado, (36´e desconto).

Primeira vitoria do Castrelo nesta segunda xornada de competición gracias a un gol de Esteban Lado no desconto, que pouco despois sería expulsado ao ver o segundo cartón amarelo. Adiantáronse antes do cuarto de hora de encontro os vimianceses gracias a un tanto do baiñés, Luis “Capote”, (14´), e cando parecía que se ía a ir o descanso ca vitoria pola mínima dos visitantes, chegaba o gol do local, Chrístian Aguirre, polo que a segunda metade plantexaba o encontro coma se comezase de novo. A pesares da disputa e das ocasións por parte de ambas escadras, non se decidiría hacia ningún lado o choque ata o desconto, cando chegaba o gol de Esteban Lado.

 

Sporting Seaia CF 3-0 SD Laxe

Hora : 17:00

Campo : “Pedra Queimada”, (Malpica)

Colexiado : Carlos Señarís Balsa, amonestou polos locais a Alejandro, (61´) e Jorge Parga, (70´), e polos visitantes expulsou con vermello direto a Borja, (36´) e con dobre cartón ao adestrador Carlos Cousillas, (54´e 65´), tamén amonestou o laxense, Gora, (76´).

O encontro decantouse para os malpicáns tras unha xogada puntual, o penalti sinalado no minuto 61´e que levaba consigo a expulsión de Borja con vermello direto. Esa xogada supoñía o 1-0 para os de Seaia, co gol dende os 11 metros de Sergio Cancela, (36´). Cun home menos o Laxe tentou buscar igualar a contenda e deixou espazos, cousa que non desaproveitou o equipo local e Sergio Cancela batía de novo a Jacobo, (78´) e deixaba moi costa arriba o choque para os visitantes. Manuel Garrido no desconto facía o definitivo 3-0,

SD Oza 3-2 Porteño CF

Hora : 17:00

Campo : “O Carra”, (Sofán)

Colexiado : Iván Ferreiro Santos, expulsou con dobre cartón, nos locais a David, (30´e 68´), e a Pichel, (ambos no desconto), e amonestou a, Jesus Amado, (54´), e Javier, ao adestrador Adrián Varela, e ao seu segundo, Sebastián, (os 3 no desconto). Polos visitantes amonestou a, Yeray, (13´), Alan, (40), JoséAndrade, (62´), e José Caamaño, (68´).

Encontro tremendamente disputado e con moito contacto, no que se adiantaban os 4 minutos de xogo os porteños por medio de Alan. O gol da igualada para os ocenses, chegaba no ecuador do primeiro periodo por medio de David López, (24´), e o da remontada xusto antes de tomar os vestiarios, obra de Pose, (41´). A volta de vestiarios o equipo porteño bucou a igualada abte un Oza que se defendía e buscaba roubos e contras. O gol que mataba a contenda non chegaba ata o desconto, cando Chrístian facía o 3-1. Os da Ponte do Porto chegáballes tarde o gol que buscaran en toda a segunda metade i era de penalti transformado por Alan, antes do pitido final.

 

CLASIFICACIÓN

 

-Fotos e Texto : Marce/piratasdemuxia