CRÓNICAS DA 25ª XORNADA DA 3ª DA COSTA : “POLÉMICO EMPATE DO PORTEÑO EN LAXE QUE LLE DEIXA EN BANDEXA O TÍTULO O BAIÑAS NAS MANS…E NA PROMOCIÓN UN POSTO NO AR, QUE SE XOGARÁN A VINDEIRA SEMANA ANTRE LAXE, LIRA E SEAIA, COS LAXENSES DEPENDENDO DELES MESMOS”.

 

Crónicas 25ª Xornada

(Penúltima)

Esta semana será atípica en canto a distribución de crónicas na nosa web, por mor da viaxe desta pasada fin de semana a León a apoiar o Depor e estar inactiva a web.

Penúltima xornada da liga e como non podía ser menos tódalas miradas estaban nun encontro, o Laxe-Porteño. Os da Ponte do Porto a “full”, para tratar de pechar o extraordinario ano co título de campións, e os laxenses de agarar o posto de promoción que ainda está no ar. Segundo as versións que nos chegaron, ou foi un encontro tranquilo, ou foi dos que che fan aborrecer o fútbol. Nen opinamos, nen desmentimos, pois como xa avisamos ao final das crónicas, todos os comentarios dos nosos colaboradores, son deles e só deles e baixo a sua responsabilidade. Agora o título está nas mans do Baiñas, que se puxo lider en solitario tras derrotar ao Malpica, e aproveitando o empate do Porteño. No que se refire a promoción, o Buño e o Camelle xa a teñen pechada dende fai unha xornada, agora só lles queda apuntalar a posición no caso dos camelláns, que non pasaban do empate co Xallas B. O Sporting Zas acadou un importantísmo trunfo en Lira que lle valeu para asegurar a promoción de ascenso. Queda no ar un posto de promoción que será loitado antre o Laxe, que depende de si mesmo para acadalo, ou do Lira e Seia, que dependen de carambolas, e a primeira é que o Laxe non gañe ou perda segundo o caso, e eles gañar.

Por abaixo o empate do derbi antre parroquias ceenses, fai que na derradeira xornada o Ameixenda se xogue, deixar o Malpica co “mérito” final de ser o “Faroliño vermello”, dependendo o que fagan uns ou outros.

 

SD Laxe 2-2 CF Porteño

Eliseo Rama “Lilo”, (Adestrador do SD Laxe) : “Partido moi disputado e moi aberto polos dous equipos, levando máis a iniciativa o Laxe, tratando de facer un fútbol máis combinativo e facendo máis dano cara a porta, a pesares de que eles adiantábanse no marcador cunha falta na que un dos da barreira levantaba a man, e o árbitro interpretaba que o balón lle daba na man e pitou penalti que materializou Álan, e o partido a partires de aí o Laxe tratou de levar máis a iniciativa e acurtábamos distanzas a través de bieito, e en liñas xerais, xustos vencedores, por ocasións. Demos un bo nivel, soubemos ser un bo equipo, e fixemos un dos mellores encontros da tempada en canto a afección con máis de 200 espectadores, con xente de Laxe, a Ponte do Porto e doutros equipos coma o Seaia, que tamén ten intereses na promoción. En resumo creo que ainda merecemos algo máis no encontro, e agora a buscar unha vitoria a vindeira semana ante o Xallas para asegurar a sexta praza que temos e que nos daría a promoción”.

Javi Baña, ( Adestrador do CF Porteño) : “Que vou contar do partido, comezar decindo que nós temos a nosa parte de culpa pero o de poñer a semana pasada contra o Camelle un árbitro de Vimianzo, e esta contra o Laxe un de Cabana que non imparteu xustiza, non me parece para nada normal. O que pasou no campo e no partido non é bo para o fútbol, pero bueno, non podo probar nada e terei que confiar en que eles non influiron e son imparciais. Primeiro teño que ser crítico con nós mesmos e decir que si perdoas e regalas, terminas perdendo, pero sufrir ameazas de xente do púbrico que nós entraron no noso banquillo, e non era de Laxe que a xente de Laxe estivo educadísima. E que o árbitro expulse o meu porteiro suplente por axudar a un compañeiro na banda, e sacalo dun intento de agresión, pareceme surrealista, sobretodo cando xogadores de Baiñas insultando os meus xogadores, e xogadores do equipo contrario ameazando na cara do árbitro os meus, e incluso o propio árbitro que non pitou penaltis e non amonestou con expulsións clarisimas… se esto e deporte que mo expliquen. Pero bueno nós con humildade, e esperando o miragre damos a noraboa o Baiñas que o final gana o mellor, e xa o presidente do Baiñas saltou a celebrar cos do Laxe non sei o que…pero bueno e que foi surrealista, como xa dixen. O xogador laxense Gora que estába expulsado, todo o partido detrás da nosa portería escondendo balóns e poñéndose co noso porteiro. Foron moitas cousas que non entendo.. Xa no tema de fútbol nós saimos a polo partido pero non temos acerto de cara o gol, nun partido normal iríamos 1-4 o descanso e listo, pero nada estamos negados. Marcou Álan primeiro de penalti e despois empataron eles nun despiste noso. Saimos na segunda metade a polo partido e logramos poñernos por diante con gol de Martín, pero seguiamos fallando ocasións moi claras, eles aproveitaron outro fallo noso na salida da pelota lograron empatar, e nós fomos a desesperada, e eles cun menos ainda puideron ganar, pero un Sergio impresionante, fixo un paradón, e xa casi terminado o partido, e nós volcados o ataque o árbitro non quixo, (porque non quixo), pitar un clamoroso penalti a Nico, que ata os mesmos xogadores do Laxe quedaron impresionados de que non o pitase. O dito a esperar o miragre e confiar en que o Lira como gran equipo faga o posible para meterse na fase que ainda teñen opcións…O sucedido no campo do Laxe, e repito non por xente de Laxe e denunciable, e creo que é moi malo para o deporte…E ainda que ahora doe eu só podo estar máis que orgulloso de este equipo, afición e directiva…A seguir disfrutando en este gran clube e que naide dubide de que será máis grande para o ano“.

Goles : 0-1, Álan, (23´ de penalti); 1-1, Bieito, (39´); 1-2, Martín, (39´); 2-2, Eloy, (65´).

Incidencias : O árbitro do encontro, David Cancela, expulsou ao xogador do Laxe, Miguel Torres, por dobre cartón, (67´e 73), ´e o delegado laxense, Juan José. (82´), e amoestou aos tamén xogadores locais, Iago Torres, Jorge, Mikel, e Felipe. Por parte do Porteño expulsou o xogador, Jonathan, (56´), no banco, e amoestou o adestrador porteño, Javi Baña, e aos xogadores, Martín, Juan “o vello”, e Nico.

 

++++

 

Once inicial do Camelle ante o filial do Xallas.

 

 

Camelle e Xallas xogaron un entretido encontro.

 

SD Camelle 2-2 Xallas FC B

Sergio “Crejo”, (Adestrador do SD Camelle) : “Partido no que saimos moi durmidos e o Xallas foi moi superior na primeira media hora, nos que o Xallas adiantábase as primiras de cambio cun gol de falta e terían tamén un balón a madeira, a remate dun saque de curruncho. David conseguía o empate para nós tras un disparo dentro do área. Na segunda metade fomos moi superiores, pero eles na sua única chegada poñíanse por diante poñáinse de novo por diante, cun remate de Jota que aprobeitou un rexeite nun barullo na área. O empate conseguíamos o empate por medio de Maka o rematar unha falta. Antes xa dispuxéramos de moitas ocasións, con ata 4 balóns a madeira, 3-4 ocasións que sacou o porteiro baixo paus, pero o marcador quedou en empate”.

Jorge Quintáns “Churian”, (Adestrador do Xallas FC B) : “Partido marcado polo terreno de xogo, donde tivemos que xogar todo partido con xogo direto. Ben colocados no campo e colgar balóns para chegar así o área rival e a segundas xogadas cunhas boas arrancadas por banda de Nando, e pouco máis. Gol noso obra de Nando e despois empate do Camelle. Xogada de Jota, e gol despois de facer varios regates. Nos últimos minutos o Camelle facendo xogo direto e con moitos saques de esquiña consigeu o gol do empate, e puideron ser máis que salvou o noso porteiro Fabián, con unha moi boa actuación. Tamén destacar o partido de Steven”.

Goles : 0-1, Pensado, (4´); 1-1, David, (37´); 1-2, Jota, (63´); 2-2, Santi “Maka”, (89´).

 

SCD Malpica 1-4 CD Baiñas

Jorge Calvete, (Adestrador do SCD Malpica) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.

Ángel Insua “Rosqui”, (Adestrador do CD Baiñas) : “Do partido pouco que comentar, pola nosa parte unha mala novaa con outra lesión de xeonllo con Aníbal, darlle ánimos e esperemos que os resultados da probas salgan ben, e na parte positiva a boa nova da volta de Adrián, que disputou uns 10 minutos, reaparecendo. Por parte do equipo moi ben cumplindo cunha vitoria merecida. En canto o rival darlle ánimos a diretiva, plantilla e afición do Malpica, que non están pasando un bo momento. Agora tralo empate do Porteño dependemos de nós para gañar a liga, vamos traballar o partido do Lira como viñemos facendo ata o de agora. Si facemos bo partido campións, e si non o facemos pois darlle a noraboa o Porteño, pois calquera dos dous merecemos está liga. Eso penso eu…Xogaron: Sergio, Raúl, Borja, Dylan, Héctor, Chipi, Maikol, Oreiro, Hermida, Kevin e Ruli. Tamen xogaron; Joel, Aníbal, Chavico, Carlos e Adrián. “.

Goles : 0-1, Brais, (28´); 0-2, Chrístian, (33´); 0-3, Parga, (47´ en propia porta); 0-4, Ruli, (51´); 1-4, Fran, (69´).

Incidencias : O árbitro do encontro David Cancela, expulsou ao xogador do Malpica, Garrido, con vermello direto, (81´). Lesión con moi mala pinta no xeonllo do xogador do Baiñas, Anibal, que está penddente de probas, e ao que lle desexamos que sexa o mínimo posible e que teña unha pronta recuperación.

 

 

Once inicial do Ameixenda ante o pereiriña no derbi.

 

SD Ameixenda 2-2 Atlético Pereiriña FC

Fernando Domínguez, (Delegado do SD Ameixenda) : “Resultou moi entretido este Ameixenda – Pereiriña disputado nunha tarde primaveral. Todo indicaba, por clasificación e traxectoria, que o Pereiriña gañaría o partido, incluso con facilidade. E nada mais lonxe da realidade. O Ameixenda cedeulle o control do partido a un Pereiriña que apenas facia perigo para sair a contra tan pronto se lle presentaba a oportunidade. O encontro desenrolábase sen paróns e con bo ritmo, tan só faltaban os goles. No segundo tempo o Ameixenda entrou mellor, con mais control do xogo e insistindo nas contras. Así, no m.50 Mauro metíase con forza polo medio para marcar con suavidade por encima do porteiro. Acusou o gol o Pereiriña e durante vinte, vintecinco minutos o Ameixenda foi o dono total do xogo. Aos poucos, a base de centros a área, o Pereiriña foi metendo atrás ao Ameixenda, e un destes centros foi rematado a gol no m.79 por Carlos Antelo. E o malo para o Ameixenda era que o partido iba facerse moi largo. De feito chegouse ata o minuto 105 debido a varios paróns para atender a xogadores lesionados. O Pereiriña seguía colgando balóns e o Ameixenda defendíase como podía. Mais lesionados xa no desconto e tempo engadido sobre o engadido. E cando menos se esperaba, no m.98 outra contra do Ameixenda levada por Torices era culminada por Dani con moita frialdade para facer o 2-1. Parecía que sería o resultado definitivo, pero nada mais sacar de centro, balón en longo, centro dende a liña de fondo e Antelo facía o 2-2 definitivo. Destacar no Ameixenda a Adán, que fixo un partidazo e un bo ton xeral de todos.
Xogaron polo Ameixenda: Costa (Pikita 91′), Torices, Juan Lagoa, Evaristo, Fabián Louzán, Adán, Álex, (Darío 46′), Mauro, Pablo e Yago (Sergio 68′)
“.

Emilio Corzón (Adestrador do Atlético Pereiriña FC) : “Partido difícil de calificar o deste domingo en Cee e onde o resultado final non amosa a cantidade de ocasións falladas polo equipo visitante. Saeu moi ben situado no campo o equipo local, cunha proposta moi defensiva. O Pereiriña tratou de lebar o peso do partido mantendo o dominio do balón unha boa parte do tempo total do encontro, mais non foi ata o segundo tempo cando se rompeu o partido, sendo cada minuto que pasaba unha tolemia máis grande que no minuto anterior. Primeiro chegou o gol do Ameixenda cunha contra mal defendida polo Pereiriña. Tardou en chegar o empate, e non foi por falta de ocasións, senón máis ben pola falta de eficacia goleadora que caracteriza o equipo verdinegro. Tras o empate e xa co tempo vencido faría outro contragolpe o equipo local poñendo o 2-1, pero co saque de medio viría o empate. Xa na última xogada tras un saque do curruncho dos verdinegros, representaría o que foi o partido, con ata catro remates a porta nunha mesma xogada e marchando o balón fóra lambendo o longueiro. Destacar as lesións dos porteiros (Isma do Pereiriña no 1° tempo e do porteiro local nun choque co seu compañeiro no 2° tempo)”.

Goles : 1-0, Mauro, (50´); 1-1, Charly, (90´); 1-2, Rodrigo, (53´); 2-2, Dani, (94´).

Incidencias :  Lesiónados o meta local, José “Ancho”, e do do visitantes, Isma, aos que lles desexamos unha pronta e satisfactoria recuperación.

 

 

CF Lira 0-1 Sporting Zas

Gabri de Sil, (Adestrador do CF Lira) : “Primeiros 60 minutos onde o zas non nos incomodou e nós tivemos ocasións como para adiantarnos e nunha xogada individual de Dani mato adiantaronse eles. A partir de ahí o partido rompiuse e puido chegar o segundo deles ou o empate noso. Nós, na tónica habitual dos últimos partidos, ben defensivamente, generando ocasións suficientes como para gañar e rematar o partido con pouco premio para o visto no campo. Pero todo pasa por algo e toca facer autocrítica para volver tentar o ascenso para a próxima temporada xa que sabíamos que non iba ser un ano fácil, non o foi pero sí sentamos unhas bases e creamos un proyecto esperanzador para clube, ahora toca competir mellor para a próxima temporada.“.

Martín Vecino, (Adestrador do Sporting Zas) :“Sabiamos que ía ser un partido duro, e disputado cada balón, no que o Lira nos ía a esperar xuntos, e saindo as contras, e que ían a tentar aproveitar saques de banda longos, e balóns parados. Defendemos moi ben todo ese tipo de xogadas concedendo pouco. Con balón intentamos ser nós, e facer o que nos gusta, tentar combinar. Custounos xerar na primeira metade, pero na segunda conseguimos xerar máis e chegou o gol de Dani nunha boa xogada sua”.

Goles : 0-1,  Dani Mato, (69´).

 

 

CD Nantón 2-0 SCD Buño

Francisco Javier Cerbán, (Adestrador do CD Nantón) : “Vitoria moi traballada na que só puidemos xuntar 12 xogadores, por mor das lesións e acumulacion de tarxetas. Primeira parte dominada por nós na que tivemos as mellores ocasións e na que nos adiantamos por medio de Eloy. No minuto 35 quedámonos con 10 xogadores por expulsión de Manu. Chegamos o descanso con 1-0 a favor, e na segunda intentamos xogar máis xuntiños e tentar a contra o segundo gol, con Redondo máis adiantado o cal disporía de varias ocasións, pero sería o Buño o que tería a máis clara en forma de penalti que atallaría Guille, nunha boa estirada. Nos últimos minutos do partido unha contra de Redondo daría un pase en profundidade que deixaría a Maikel man a man co porteiro, no que transformaría o definitivo 2-0”.

José Antonio Carabel, (Adestrador do SCD Buño) : “Partido moi igualado no cal a pesar de telo bastante controlado non estivemos acertados de cara a gol. Na primeira metade tivemos un par de ocasións claras pero nin Simón, nin Breo estiveron acertados na definición. Eles adiantáronse nunha indecisión nosa e remataron a porta baleira. Pouco despois nunha falta de Manuel a Mateo, tras revolverse dalle unha patada sin balón e é expulsado. A partir de aí o partido cambia totalmente. O Nantón defendese con uñas e dentes e sale a contra e nos intentando generar ocasións para empatar. Tivemos varias ocasións claras con oportunidades de Eloy, Elías de falta directa ó largueiro, un penalti que fallou Elías incluso unha situación clara de man a man de Iván co porteiro que Martín Suárez fai unha falta que o árbitro o terminar o partido, recoñeceu equivocarse non expulsándoo. Creo que a gran actuación de Guille na portería marcou a diferencia na tarde de hoxe. O Nantón sempre intentou sair a contra con Redondo de dianteiro e no último minuto sentenciaron con un forte golpeo de Micael”. 

Goles : 0-1, Eloy, (28´); 0-2, Micael, (88´).

Incidencias : Oárbitro do encontro, Roberto Baña, expulsou con vermello direto o xogador do Nantón, Manu, a media hora de xogo.

 

 

CF Castrelo 1-3 Sporting Seaia CF

José Manuel Ordóñez, (Adestrador do CF Castrelo) : “Empezamos ben o partido xerando boas chegadas, puxémonos por diante os 7 minutos, e pouco despois tivemos unha ocasión para poñer o segundo. No minuto 28 e 30 marcou o Seaia en sendos despistes defensivos, e 7 minutos despois chegou o terceiro deles, nun penalti que nadie viu, nin os de Seaia reclamaron nada, pensábamos todos que pitará saque de porta. Aí acabou o partido, o Seaia posicionouse ben o resto do partido, para conseguir unha vitoria que lle pode valer pra meterse na fase. Nós intentámolo pero o marcador xa non se movería”.

Óscar Moscoso, (Adestrador do Sporting Seaia CF) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.

Goles : 1-0, Rubén, (7´); 1-1, Luis, (28´); 1-2, Martín, (30´): 1-3, Martín, (37´de penalti).

 

 

CLASIFICACIÓN

 

 

-Resultados de todo o Fútbol senior masculino e feminino da Costa :

 

Piratasdemuxia.es non se responsabiliza dos comentarios vertidos polos protagonistas, que són únicos, propios e intrasferentes. Só pedimos coherencia nos comentarios e corrección. Todos aqueles comentarios que nos cheguen con insultos non serán publicados. As críticas a terceiros, (árbitros, público, etc), só as emitiremos baixo a corrección e o respecto. As críticas sobre arbitraxes que poida haber, son propiedade do que as di, pois no mundo do fútbol en tódalas ligas, as críticas arbitrais son totalmente normais. Tamén queda abertan a nosa porta a todo aquel do colectivo arbitral que queira amosar a sua disconformidade con calquer comentario, no dereito a respota, así coma outra clase de persoas nomeadas, (delegados, adestradores, xogadores, aficións, etc…). Por último agradecer a tódolos que colaboran nestas crónicas, que son ás máis completas da nosa prensa deportiva e que amosa dous puntos de vista sobre un mesmo encontro. Sen eles non sería posible pois este é un traballo de todos…Gracias.

 

-Foto Ameixenda : Fernando Domínguez

-Foto Camelle : Gonzalo Lemus

-Texto e montaxe : Xosé Búa “Pirata”