CRÓNICAS DA 23ª XORNADA DA 1ª GALICIA G2 : “EMPATE DO DUMBRÍA EN PROMOCIÓN E VITORIAS DO XALLAS E SONEIRA, AS PORTAS DELA…DERROTAS DE ESTEIRANA, BAIO E MAZARICOS, ESTE ÚLTIMO NO DERBI CO SONEIRA”.

 

Volta a competición dos equipos costeiros tralo parón polo “Entruido”.

Importante vitoria do Soneira no derbi ante o Mazaricos no que debutaba no banco, Marcos Rodríguez. Os vimianceses engánchanse a loita pola promoción, namentras que os mazariquenses seguen a ver máis preto os postos de descenso, nos que co Silleda e o Vista Alegre practicamente descendidos, o outro posto fixo de descenso, está agora mesmo nunha loita ata o final, co Baio ocupándoo nestes intres, un equipo o baiés, que consigueu empatar un encontro que os 17 minutos perdía por 0-2. Pola sua banda a Esteirana caía ante o Flavia, nun choque moi disputado, e segue cos mazariquenses, na loita por escapar da queima, na que o Baio acercouse a eles un punto e teñen como compañeiro de loita ao Tordoia. Por arriba o Xallas derrotaba con placidez ao colista Vista Alegre, e está a portas da promoción cos vimianceses, e a tan só un punto do Dumbría, quer marca o derradeiro posto promocional, e que conseguía empatar un encontro moi complicado ante o terceiro, Lalín, nun final de tensión máxima, no que no desconto final, poñíanse por diante os lalineses e empataban os dumbrieses.

Segundo nos vaian chegando os comentarios dos adestradores que faltan poñerémolos nas crónicas, polo que estas están sen pechar.

 

Javi Souto, fixo o gol da vitoria no derbi.

 

 

 

CF Mazaricos 0-1 Soneira SD

Marcos Rodríguez, (adestrador do CF Mazaricos) : “Partido para min que estaba abocado o empate, ainda que é xusto que venceran eles por méritos se alguén tiña que gañar o encontro eran eles. Moi disputado o xogo, o campo non estaba en moi boas condicións. Levamos só unha semana de adestramentos e temos que ir collendo cousas que nos costan, e este partido tíñamos a baixa do porteiro titular, a de Brais, lateral esquerdo e de Molinos por cumprir sanción e de Iago, que non puido estar por molestias. Chegamos polo tanto mermados, pero competimos badtante ben e tal como ía, pensei que acababa a ceros, pero nunha contra matáronnos o partido. Hai que seguir traballando. Nos a pensar en Agolada e seguir traballando”.

Pedro Gómez, (adestrador do Soneira SD) : “Partido no que tivemos o control do xogo en todo momento, non con moitas ocasións pero sí que moi claras, no que atrás apenas concedemos nada ao Mazaricos. Na primeira metade tivemos ocasións moi claras de Pichi, Javi e Basti, pero o marcador non se movería. Na segunda metade conseguiría o gol da vitoria Javi. Tivemos ademáis ocasións moi claras de Borja, Basti, ou De la Sierra”.

“.Goles : 0-1, Javi Souto, (71´).

 

 

CD Lalín 2-2 CF Dumbría

Pablo Conde, (Adestrador do CF Dumbría) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.

Goles : 0-1, Xabier, (30´); 1-1, Manuel, (86´); 2-1, Manuel, (90´); 2-2, Diego Estévez, (desconto).

Incidencias : O colexiado do encontro Darío Rodríguez, amosou un total de 12 cartóns, 6 para cada equipo, espulsando con vermello direto ao delegado do Lalín, César Brandido, no desconto, e ao xogador do Dumbría, Babacar, con dous cartóns amarelos, (79´e 83´).

 

 

CF Vista Alegre 1-5 Xallas FC

Adrián Vázquez, (Adestrador do Xallas FC) : “Partido no que levamos a iniciativa do xogo e o Vista Alegre esperábanos repregado cun 5-4-1, esperando algunha contra para poder sair e de feito na primeira metade teñen un tiro o longueiro. Sacando eso foron todo situacións de ataque nosas, pero faltaba ese último pase debido a precipitación. Costábanos o derradeiro pase, pero marcou Doro o 0-1, co que nos fomos o descanso. Na segunda metade parecía que ía ca mesma tónica, pero eles márcannos un golazo. Aí o equipo estivo un pouco grogui, repuxémonos e fixo Juan de Selia o 1-2, e a partires de aí, na derradeira media hora fomos moi superiores e ainda tivemos ocasións para marcar algún gol máis”.

Goles : 0-1, Doro, (41´); 1-1, Pablo, (49´); 1-2, Juan de Selia, (65´); 1-3, Ángel Cuns, (68´); 1-4, Juan de Selia, (70´); 1-5, Samuel, (75´).

Incidencias : Saeu lesionado aos 11 minutos de xogo o dianteiro xalaleiro, Álex Blanco, cunha escordedura de nocello. O soso desexo dunha pronta recuperación. Destacar tamén o debút no primeiro equipo do porteiro xuvenil, Iker.

 

 

SCDR Esteirana 1-3 Flavia SD

A Voz da Esteirana : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.

Goles : 0-1, Pedro, (30´); 0-2, José Antonio, (44´); 1-2, Elías Ruso, (50´); 1-3, José Antonio, (89´).

Incidencias : O colexiado do encontro, Rubén Rodríguez, expulsou o xogador esteirán, Simón, con dobre cartón amarelo, (25´e 75´). Tamén expulsou, neste caso con vermello direto, ao visitante, Uxío, (75´).

 

 

CD Baio 2-2 SD Cruces

Félix Raposo, (Adestrador do Xallas FC) : “Partido que por resultado parece muy igualado pero polo vidto no terreo de xogo, creo o baio mereceu os 3 puntos no computo xeral do partido. Nas unicas ocasions non claras adiantanse no marcador 0-2 nos primeiros 20 min. A raiz de ahi dominio local e solo a precipitacion por momentos privou de unha remontada final¡! Conseguimos igualada e ahora a quedarnos co positivo da capacidade de igualar un resultado adverso”.

Goles : 0-1, Víctor, (11´); 0-2, Ezequiel, (17´); 1-2, Martín MC, (70´); 2-2, Bieito, (86´).

Incidencias : Destacar o debút no 11 inicial do xuvenil Chechi, sendo un dos destacados do partido.

 

 

RESTO DE RESULTADOS

SD Negreira 3-0 SD Tordoia

SR Calo 3-2 SD Agolada

Cidade de Ribeira FC 3-0 Puebla FC

Cordeiro CF 4-0 CF Silleda

 

CLASIFICACIÓN

 

 

Resultados de tódalas ligas da costa masculinas e femininas e ligas con equipos da costa : PREME AQUÍ.

 

Piratasdemuxia.es non se responsabiliza dos comentarios vertidos polos protagonistas, que són únicos, propios e intrasferentes. Só pedimos coherencia nos comentarios e corrección. Todos aqueles comentarios que nos cheguen con insultos non serán publicados. As críticas a terceiros, (árbitros, público, etc), só as emitiremos baixo a corrección e o respecto. As críticas sobre arbitraxes que poida haber, son propiedade do que as di, poois no mundo do fútbol en tódalas ligas, as críticas arbitrais son totalmente normais. Tamén queda aberta a nosa porta a todo aquel do colectivo arbitral que queira amosar a sua disconformidade con calquer comentario, no dereito a respota, así coma outra clase de persoas nomeadas, (delegados, adestradores, xogadores, aficións, etc…). Por último agradecer a tódolos que colaboran nestas crónicas, que son ás máis completas da nosa prensa deportiva, e que amosa dous puntos de vista sobre un mesmo encontro. Sen eles non sería posible…Gracias.

 

-Foto Mazaricos-Soneira : Jorge Villar “Gorrión”

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”