CRÓNICAS DA 22ª XORNADA DA LIGA DA COSTA : “XORNADA DE REMATE DO “ENTRUIDO” CON SORPESÓNS, E NUMEROSAS GOLEADAS CON ATA 44 GOLES MARCADOS CON REXURDIR DOS COLISTAS”.

 

Crónicas 22ª Xornada

A resaca do post-entroido, coa festa estelar da queima da “Mikaela”, parece que se notou nos equipos, en especial nas defensas que foron unha coladeira, pois marcáronse 44 goles, e o único equipo que non marcou foi o Castriz, que sufreu unha expulsión ante o Muxía a medioa hora de xogo, e alónxase da promoción ante un rival direto. O máis escandaloso dos encontros foi o que se viveu no “San Paio de Refoxos, onde o Cee e o Cabana quedaron 5-6, nun choque no que os ceenses chegaron a ir 0-5. Paso adiante do Oza na loita pola salvación derrotando o Corcubión, rival direto, e do Cerqueda o vencer o Camariñas, que da un paso atrás na loita pola promoción, da que xa queda moi descolgado. Sorpresas monumentais as derrotas do lider San Lorenzo, ante o Outes, para escapar estes da zona quente, e do necesitado Volantes, ante o Corme, que non foi o doutros días, derrotas que aproveiotaron os muxiáns para acercarse a cabeza.

 

Iago Muiño fixo o primeiro dos muxiáns. 

 

Muxía CF 4-0 SD Castriz

Diego Lobelos, (Adestrador do Muxía CF) : “O partido comezou con dominio noso, chegando con perigo con Iago por banda, que tuvo a primeira ó pouco de empezar. Xogábamos en campo contrario a maioría do tempo, eles ben organizados e buscando poder sair á contra. O primer gol chega por medio de Iago en un tiro cruzado e pouco despois, Mauro é derribado fora da área o que deixaría ó Castriz con dez, ó ser o último home. Ata o descanso, o partido seguíu igual, a mellor ocasión foi do noso capitán Michael nunha falta que a punto está de meter pola escuadra pero o porteiro saca a córner. No descanso, o Castriz fai cambios, axustamos ó equipo e fomos capaces de poder controlar o partido. Empezamos a ter ocasións con máis perigo, pero tardamos a sentenciar. Fran entrou por un cansado Iago, que fixo un gran traballo, e nunha xogada individual fixo o segundo. Ahí o rival vense un pouco abaixo e creamos moito perigo. Fran fai o terceiro e Maikel o cuarto. A mellor ocasión rival foi un golpeo dende lonxe de Iván Facal que Jose sacou a córner”.

Miguel Chouza, (Adestrador do SD Castriz) : “Prtido marcado desgraciadamente polo árbitro, que non deixou ver un partido que podía ser moi bonito, moi disputado, antre dous equipos que se tiñan moito respecto mútuo e estaba a selo así, ata que decideu ser o protagonista e expulsa inxustamente o meu xogador no minuto 30, entendendo que era o último home, cando esa a nós xa nos pasou 3 veces no que vai de tempada e non nos pitaron ningunha e non foi ningunha cartón vermello. A xogada condicionou o partido. Con 3-0 ou 4-0, xa o partido roto. Moi descontento co caseiro que foi a arbitraxe, e así foi imposible competir o encontro, que me parece inxusto, pois o Muxía non precisaba desa axuda porque ten un equipazo, moi ben traballado e quedaremos ca dúbida, se non fora tan determinante o colexiado. Ata esa xogada, o choque foi igualado, con eles dominando e meténdonos no nosos campo, o que era normal, pero sen crearnos perigo. Puxéronse 1-0 nunha xogada aillada, cun tiro cruzado, pero cas ocasións repartidas, e con varia boas chegadas nosas o contragolpe, quizais con máis perigo, pero chegou a expulsión e xa nos fixo o encontro moi longo, ante o equipo que mellor manexo ten de balón da categoría. Fomos capaces de evitar que nos fixesen perigo, pois ata o 70 e pico non nos fixeron perigo, e coa arbitraxe tan en contra, pitándonos faltas en contra e a nós ningunha, e esto sumado a que estamos moi xustiños a nivel físico, con moitos xogadores tocados. Felicitar o Muxía que foi xusto vencedor, e quedamos ca dúbida de como sería o encontro se xogásemos 11 contra 11 e cunha arbitraxe xusta. Lamentablemente gañou o partido quen decidiu o árbitro. Se tódalas súas decisións fosen ó revés, habería gañado o Castriz ou calquera outro equipo que se presentase. O que podería ser un partido precioso contra, para min, o mellor equipo e o mellor traballado da Liga da Costa, acabou nun partido triste e sin emoción por culpa, como digo, da arbitraxe”.

Goles : 1-0, Iago Muiño, (27´); 2-0, Fran Moreira, (70´); 3-0, Maikel Mouzo, (77´); 4-0, Fran Moreira, (88´).

Incidencias : O colexiado do encontro, Martín Zas. expulsou ao xogador do Castríz, Ánxo Veiga no 33´, con vermello direto.

 

 

Corme CF 1-3 Volantes de Baño FC

Ángel Pérez, (Adestrador Corme CF) :”Partido que se preveía complicado, con baixas moi importantes , aunque non nos poden servir de escusa, cun rival que se xogaba moito tamén e que nos non fomos quen de competir. Primeira parte a nosa sin moitas ideas e falta de intensidade que si a tuvo o Volantes e que lle foi suficiente para poñerse cun 0-3 antes do tempo de lecer. Na segunda métade intentamolo con mais corazón que cabeza, recortamos diferencias por medio de Alejo, dispuxemos de duas ocasións moi claras, como un tiro de Borja a cruceta, pero non era o noso día. Victoria xusta do Volantes, toca seguir traballando e aprender dos erros neste encontro, e a pesar da derrota felicitar os rapaces polo traballo e gran tempada que están a facer”.

Daniel Suárez “Chicho”, (Adestrador do Volantes de Baño FC) : “Partido moi serio do equipo. Cun plan de partido que levamos a cabo moi ben, sobre todo nos primeiros 25 minutos do 1° tempo,  con diagonales constantes dos extremos buscando as espaldas dos laterais en cada recuperación. Cun Borja superlativo, con Pesco entre líñas, e Kevin, e Manu Yi por fora, e co equipo arroupadiño fixemos dano constante. Co balón cada xogador hoxe sí, soubo que facer e o máis importante…moverse sin él cando o tíñamos. Un gran primeiro tempo no que logramos ir cunha ventaxa o vestuario de 0-3. No descanso a consigna foi non relaxarse e seguir coa intensidade. Eles deron dous pasos adiante e encerráronos atrás…pero con algunha contra poidemos matar o partido. Eles metense no mesmo cun penalti, e desde o gol o asedio foi constante, pero defendemos como un EQUIPO, e logramos 3 puntos de ouro para, cos pés no chan, seguir traballando en pro de intentar a salvación“. 

Goles : 0-1, Kevin Lariño, (33´); 0-2, Borja, (37´); 0-3, Kevin Lariño, (44´); 1-3, Alejo, (72´de penalti).

 

 

SD Oza 4-1 UD Corcubión

Miguel Sande, (Adestrador do SD Oza) : “Partido no que o Oza saleu a buscar o partido desde o minuto 1 e foi claro dominador do mesmo. David López conseguía o primeiro despois de un rexeite na área. Acto seguido Nico converteuse no protagonista do partido a marcar dous goles na primeira metade. Na segunda metade o Corcubión quixo reaccionar e marcou un gol, pero minutos despois outra vez Nico marcaría de novo, conseguindo un “Hat-trick” e redondeando un partido redondo. Dispuxo Oza de moitas máis ocasións para un resultado máis abultado pero o marcador quedaríase no 4-1 final.”.

Nito Quintela, (Adestrador do UD Corcubión) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí“.

Goles : 1-0, David López, (15´ ); 2-0, Nico, (37´); 3-0, Nico, (44´); 3-1, Mario, (46´); 4-1, Nico, (52´).

 

 

UD Monte Louro 2-1 SD Coristanco

David González “Bibi”, (Adestrador do UD Monte Louro) : “Foi un partido no que empezamos moi forte e conseguimos adiantarnos pronto no marcador por medio de Iker nunha boa acción. Despois nun corner marcaríanos o segundo nun remate de Manolo Chouza de cabeza. Pensó que na 1ª parte puidemos sentencialo partido. Na 2ª parte eles recortaron distancia cun golazo de fora da área e sufrimos bastante. Tamen tivemos unhas contras para acabar co partido e non fomos capaces. Esperamos seguir esta líña e saber sufrir que ningún equipo regala nada”.

Alejandro Rodríguez “Juni”, (Adestrador do SD Coristanco) : “Partido malo con gañas, no que o tope de pases consecutivos de calquera dos dous equipos non superou os 3-4. Dentro deste intercambio de pelotazos, gañou xustamente o que conseguiu dirixilos máis cara a portería, e crear máis ocasións, Destacar o debút do rapáz, Benxamín, que tivo un par de boas ocasións“.

Goles : 1-0,Iker Lado, (3´); 2-0, Chouza, (17´); 2-1, Mario Rodríguez, (52´).

Incidencias : Sairon lesionados os xogadores do Coristanco, Rama e Samu, aos que lles desexamos unha pronta recuperación. Debutou no equipo coristanqués o xove de 15 anos Benjamín.

 

 

UC Cee 5-6 Cabana SD

Rafa Suárez, (Adestrador do UC Cee) :  “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”. 

José Manuel Vázquez, (Adestrador do Cabana SD) : “Partido post-Mikaela con todo o que supón. Empezou durmindo o Cee e o Cabana golpeou cun 0-5, con tres de Manuel, un Simon, e un en propia porta, que parecía definitivo, pero o Cee despertou, e o Cabana púxose a dormir a siesta, poñéndose o partido 3-5. Xa no segundo tempo, partido algo máis serio no que o Cee se acercou máis con tiros dende fora da área. Un tiro o longueiro de Manuel, e ocasións para os dous equipos, ata que Miguel forzaba un penalti, que él mesmo transformaba, e que parecía pechar o partido, pero un novo penalti no desconto acercaba o Cee, e dobre emoción para os dous minutos que quedaban. Xogaron : Diego, Aaron, Sergio Ferreiro, Naka, Dani (Cristian), Fernando, Sergio Antelo, Simon (David), Manuel (Pablo), Castro (Miguel)”.

Goles : 0-1, Manuel, (4´ ); 0-2, Manuel, (13´); 0-3, Manuel, (17´); 0-4, Simón, (21´); 0-5, Jorge, (30´en propia porta); 1-5, Isaac Fábregas, (40); 2-5, Isaac Fábregas, (42´); 3-5, Pablo Lestón, (44´); 3-6, Miguel, (70´de penalti), 4-6, Isaac Fábregas, (88´); 5-6, Isaac Fábregas, (90´de penalti)

 

 

Camariñas FC 3-4 UD Cerqueda

Juan Cabrejo, (Adestrador do Camariñas FC) : “Partido para esquecer, cando non se poñen gañas, e o que tes que poñerlle, pasan estas cousas, e acabas perdendo. Nada que obxetar, derrota dura, o Cerqueda aproveitouse dos nosos erros infantís, da nosa desgana, da nosa desidia, do noso pensarq ue está gañado sen baixar do autobús, como se soe dicir“.

Emilio Uzal, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Gran partido contra un equipo con xogadores diferenciais na categoría. Entramos fríos e encaixamos tras un rebote que lle queda franco a un xogador do Camariñas para facer o 1-0. Tras o gol melloramos e tivemos un par de oportunidades antes do golazo de Sergio pola escadra. Eles apretaron e tiveron un pau e nós fixemos o 1-2 na saida dun corner ensaiado que mete Alexis, tamén na escadra. Acto seguido nos empatan por medio dunha falta que non era no, 44′. Despois do descanso os 10 minutos, anúlannos un gol de Lorenzo nun fora de xogo inexistente, e acto seguido o si se da validez a un gol local en situacion dubidosa. Despois do 3-2 puideron aumentar o marcador con outro tiro o pau e posterior balon que salva Adrián, que foi o mellor do partido. No 70′ empatamos o partido por medio de Dani de penalti, que lle fan a Jose, para marcar o definitivo 3-4 no 84′, de Lorenzo tras un corner. Estamos moi xustos pero seguiremos traballando. Independentemente do resultado, decir que a meu xogador Jose, de ascendencia venezolana se lle califucou de “panchito” dentro do campo e creo que todos deberíamos repudiar. Entereme despois do partido pero pareceme lamentable… todo esto sen mirar nen calificar a nomina dos rivais… si me chego a enterar en xogo paro o partido“.

Goles : 1-0, Yuyo, (1´); 1-1, Sergio, (5´); 1-2, Alexis, (32´); 2-2, Dani Omar, (41´); 3-2, Mario, (54´); 3-3, Dani García, (75´de penalti); 3-4, Lorenzo, (83´).

 

 

SD San Lorenzo 3-4 Outes FC

Dani Casal, (Adestrador do SD San Lorenzo) : “Partido para olvidar, dónde fomos capaces de adelantarnos 3 veces no marcador e salimos perdendo encaixando 4 goles na nosa casa. Empezamos dominando sin claras ocasións, pero conseguimos adelantarnos por medio de Iván. O Outes esperaba para salir a contra e na única chegada que sería córner que regalamos nós cando iba salir por banda nos empatan o partido. Aos poucos minutos e un centro lateral marca Jony, en un bo remate de cabeza. Seguiamos dominando sin moita claridade e en unha falta lateral, na segunda xogada marca Capelo un golazo desde fora da área para ir ao descanso con un 2-2 no marcador.

Na segunda máis do mesmo, seguimos dominando sin causar perigo claro sobre o rival pero en unha boa xogada combinativa, finaliza moi ben Iván a pase de Eloy para facer o 3-2. A partir de aí, tivemos un par de ocasións por medio de Eloy para sencenzar pero pecamos de exceso de contianza e en unha contra nos logran facer o empate. Intentamos ir a polos 3 puntos e fomos quenes de increpar a un Outes moi serio en defensa, e en outra contra en un fallo de comunicación entre Puyol e Lucho, o delantero Priegue creo que era, leva o balón e marca a pracer para facer o 3-4 no marcador que nos faría moito dano anímicamente. Apartir de ahí poidemos empatar por medio de Raúl en un remate a saía de un córner que o porteiro Alex faría un auténtico paradón na mesma escadra. Co equipo volcado ainda nos poideron meter o quinto en unha contra moi clara defende moi ben Pablo. Creo que non merecemos tanto castigo como para recibir 4 goles pero como dixen antes, partido para olvidar e a pensar xa no partido contra o Ponteceso”.

Miguel Ángel Ramos, (Adestrador do Outes FC) :Íamos a casa do lider, encontro complicado, pero o equipo traballara moi ben toda a semana, estábamos con confianza e fomos con toda a ilusión e creendo que podíamos sacar algo positivo e plantexamos un encontro moi serio, tíñamos maniatado o San Lorenzo en todo momento, que tiña dificultades para conseguir sair e incluso xerarnos ocasións. Nun centro o área tivemos a mala sorte de que metemos en propia porta pwero ainda así o equipo recompúxose e pronto empatamos, nun saque de curruncho que remata Martín. O encontro sigueu polos mesmos derroteiros, eles tiñan o balón pero senc rearnos perigo, pois quen levaba o tempo de partido éramos nós. Sufrimos outro contratempo cun gol en contro a saida dun corner, pero o equiopo estaba con confianza e sigueu igual e antes do descanso, un golazo de Capelo dende fora do área e conseguíamos empatar. Non fomos moi superiores, pero si superiores o San Lorenzo nesta primeira metade. Na segunda saimos a busar o terceiro gol que nos acercase a vitoria e eles non tiñan o balón, salvo con individualidades de Eloy e Iván Rojo, para min o mellor do rival. Nunha xogada moi protestada polos meus, marcan os 3-2, que pedimos un craro fora de xogo. O equipo sigueu apretando arriba e buscando o gol e conseguimos empatar e pronto acadamos co equipo moi arriba o da remonttada, e tivemos un man a man de Aarón, que podía ser o 3-5. Hai un remate de Priegue que entra na porta contraria, pero colleo o árbitro lonxe e non da gol. Un gol clarísmo, que entra uns 50 centímetros, un gol que nos houbera dado a sentenza nese intre. No derradeiro momento do partido Pouso saca un balón que ía a escadra cun paradón sacando a corner. Creo que fomos superiores e xustos vencedores ante un san Lorenzo que ou non estivo ben, ou fomos nós que non lle deixamos“.

Goles : 1-0, Iván Rojo, (7´); 1-1, Martín, (14´); 2-1, Jonathan, (20´); 2-2, Iván Capelo, (44´); 3-2, Iván Rojo, (61´); 3-2, Iván Capelo, (73´); 3-4, Manuel, (76´).

Incidencias : Sairon lesionados os xogadores do San Lorenzo, Padín e Jony. O noso desexo de que sexa o menos posible e volvan a estar pronto cos seus. Desexoque tamén nos trancriben o adestrador e os compañeiros.

 

 

CD Muros 2-1 Ponteceso SD

Juan Manuel Luces, (Adestrador do CD Muros) : “Partido moi disputado por ambos nos que sumar os tres puntos era fundamental. Na primeira parte estuvemos a un bo nivel creando varias ocasions de gol que non querian entrar e nunha acción un tanto inocente dentro da nosa area cometeriamos un penalti e xusto despois o árbitro pitaria o final da primeira parte. Non entrariamos ben na segunda parte donde o Puenteceso manexaba millor o balón no centro do campo, cambiamos o sistema de xogo e xunto cos xogadores de refresco tiñamos que ir polo partido e asi foi con un Ivan (o Capi) espectacular que se botou o equipo as costas e fomos que de voltear un partido que se puxo moi costa arriba. Cabe destacar a aportación de Ivan Esmoris (juvenil) e Xavi que saliria mancado. Dar a noraboa os meus futbolista por dalo todo ata o final”.

Pablo Mallón, (Adestrador do Ponteceso SD) : “O resumen do encontro para min é que o Muros gañou con xustiza, pero cun penalti que non foi, que recoñeceu ademáis o seu dianteiro, que se tirou. En liñas xerais o equipo muradán foi mellor e mereceu gañar o encontro. Eles comezaron moi metidos no encontro e pecháronos no área, e nos 5 primeiros minutos xa conseguiran 3 ou 4 saques de esquiña, e colgaron varios balóns no área, e nós non éramos capaces de sair de aí, só nos quedaba achicar auga do bote e de maneira “alocada”, e sen ser capaces de controlar os tempos de partido. Facíannos moito dano co seu ritmo e con entradas por banda, e balóns as costas da defensa, e con xogadas a balón parado. A partir da media hora adiantamos liñas e conseguimos poñernos no partido, con máis control e tivemos algunha, e no límite do primeiro tempo fanlle un penalti a Charro, que él mesmo transforma, e que a piques estivo de pararlla o porteiro, sen dúbida o mellor da liga. Eles antes de irse a vestiarios tiveron unha moi clara, que pasa por diante da liña de gol, sen que chegasen a rematar. Lamentar a lesión de Eloy, que escordou o nocello, ca mala sorte que de forma fortuita cáelle o defensa enriba e agraba a lesión. Estamos a ter moi mala sorte cas lesións, a pasada semana, Nando, agora, Eloy, Luca…Na segunda metade saimos mellor, tíñamos o balón, e era o noso intre de matar o encontro, pero a pesares de ter ocasións non as rematamos. A partires do minuto 10, eles de novo voltaron a ser o equipo do primeiro tempo, volcándose no noso área e tendo ocasións, e sensación de perigo e nós non éramos quen de alonxalos e chegou o gol, nunha acción mal defendidas por nós, con 4 ou 5 disparos e ao final entrou. Seguiron esixíndonos e a base de insistir, chegoulle a fortuna do penlati, e nos derradeiros 5 minutos, máis os 5 de alargamento puidemos empatar. Tivemos duas moi boas, xa que eles deron un paso atrás, e estivemos a piques de conseguir un empate, que como dixen, polo visto no encontro sería inxusto”.

Goles : 0-1, Charro, (45´ de penalti); 1-1, Iván, (77´); 2-1, Iván, (82´de penalti).

Incidencias : Saeu lesionado o xogador do Ponteceso, Eloy no 23´de encontro, nunha xogada fortuita na que se produce unha posible escordadura de nocello, a expensas do que lle dictaminen na mútua. O noso desexo de que sexa o menos posible e volva a estar pronto cos seus.

 

 

CLASIFICACIÓN

 

 

Piratasdemuxia.es non se responsabiliza dos comentarios vertidos polos protagonistas, que són únicos, propios e intrasferentes. Só pedimos coherencia nos comentarios e corrección. Todos aqueles comentarios que nos cheguen con insultos non serán publicados. As críticas a terceiros, (árbitros, público, etc), só as emitiremos baixo a corrección e o respecto. As críticas sobre arbitraxes que poida haber, son propiedade do que as di, pois no mundo do fútbol en tódalas ligas, as críticas arbitrais son totalmente normais. Tamén queda abertan a nosa porta a todo aquel do colectivo arbitral que queira amosar a sua disconformidade con calquer comentario, no dereito a respota, así coma outra clase de persoas nomeadas, (delegados, adestradores, xogadores, aficións, etc…). Por último agradecer a tódolos que colaboran nestas crónicas, que son ás máis completas da nosa prensa deportiva e que amosa dous puntos de vista sobre un mesmo encontro. Sen eles non sería posible pois este é un traballo de todos…Gracias.

 

 

-Resultados de todo o Fútbol senior masculino e feminino da Costa : PREME AQUÍ

-Crónicas e novas do Fútbol da Costa : PREME AQUÍ.

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”