CRÓNICAS DA 22ª XORNADA DA 3ª DA COSTA : “PORTEÑO E BAIÑAS NON FALLAN E NA LOITA POLA PROMOCIÓN FALLAN CAMELLE, ZAS E LIRA”.

 

Crónicas 22ª Xornada

Ao igual ca sua irmá maior a Liga da Costa, notouse a “Mikaela” nos equipos, en especial no número de efectivos, pois foron varios equipos que chegaron cun troco ou dous no banco, e a productividade de cara a gol, non foi tan esaxerada coma na Liga da Costa, (44 goles), pero fixéronse 33, o que amosou máis acerto dos dianteiros ca dos defensas. Non fallou o Porteño que xa necesitaba unha vitoria para sacarse a tensión de enriba, e o seu máximo oponente o Baiñas, tivo que meterse o mono de traballo para derrotar a un correoso Xallas B. Nos que loitan pola promoción fallaron o Camelle, Zas e Lira, o que lles da vida a Laxe e Seaia, que vven mellor as cousas que fai unha semana, e con moito ainda en xogo. No medio da escaseza de xogadores destacar que desta volta o Ameixenda, que leva semanas sufrindo para facer convocatoria desta volta tiña dabondo e pola contra o seu rival, Laxe, chegou co xustiño, para levarse 3 puntos de ouro, nun choque con despedida no equipo amexeindés.

 

CF Porteño 4-0 SCD Malpica

Jesús Cousillas, (2º Adestrador do CF Porteño) : “Partido sen moita historia no que comezamos marcando moi pronto tras un rexeite que colleu Manueliño no borde do área e fixo un golazo. Eles seguiron moi pechados, chegaron moi xustiños, cun só troco. Logo chegou ó 2-0, e o ritmo lento do encontro facía que se xogase o “tran tran”. Antes do descanso Pejo fixo un golazo cun disparo dende moi lonxe, un auténtico golazo. Despois fixemos varios trocos para que xogasen chavales que non xogan tanto e marcou Carrabete ó 4-0. Na segunda metade eles tiveron un man a man que sacou ben Sergio, e algún remate de saque de canto “. 

Jorge Calvete, (Adestrador do SCD Malpica) : “Alegrome de non xogar o futbol, porque sería vermello para min, nos meus bos tempos. Un partido dominado de principio a fin, gol no minuto 2 todo de cara, Bello xogando a relentí 3-0 o descanso e nada que facer. teño que deixar a miña crítica a actirudes coma facer canos e rollos así, e o peor de todo o lateral esquerdo co 3 na espalda metelle un cobadazo sin vir o caso o noso xuvenil, que o árbitro só ve cartón amarelo. Sinceramente sería para min vermello direto”.

Goles : 1-0, Manuel, (2´); 2-0, Ángel, (15´); 3-0, Pejo, (39´); 4-0, Martín, (77´).

 

Juan Antonio, (der.), con Gora e o árbitro fisterrán, Luis M. Insua.

 

SD Ameixenda 3-6 SD Laxe

 Fernando Domínguez, (Delegado do SD Ameixenda) : “Despedíase do fútbol Juan Antonio, un cántabro de Suances ao que o seu traballo no remolcador achegou a Cee e que fichou pola SD Ameixenda na tempada 2016/2017. Xogador dos de antes, comprometido, loitador e amante do deporte xa que chegou a participar en competicións internacionais de judo e karate. A piques de cumprir os 48 anos deixa o futbol logo de xogar nos clubs cántabros Rayo Suances, San Martín de la Arena e Minerva CF ademais da SD Ameixenda, e dende o club queremos agradecerlle o esforzo e interese que mostrou dende o primeiro día. E no referente ao partido, hoxe o Ameixenda encontrouse nunha situación diametralmente oposta as xornadas anteriores xa que hoxe etan 16 xogadores na convocatoria e o Laxe tan só dispoñía de 11 xogadores. E non aproveitaron esta circunstancia. O Laxe saíu mais metido no partido e os xogadores do Ameixenda estaban moi imprecisos nos pases, sobre todo en moitos pases dos chamados fáciles. Non sufría o Laxe e nun contragolpe no m.18 Iago Torres facía o 0-1. Tratou de reaccionar o Ameixenda e encontrou o premio no m. 32 ao transformar Iago Costa un penalti feito a Cristian, 1-1. Entrou o partido nunha fase de ida e volta con ocasións para os dous equipos. No m.36 Gora aproveitaba unha contra e a falta de contundencia da defensa local para marcar o 1-2. E tan só un minuto despois, Cristian facía o 2-2 cunha espectacular volea. Partido moi entretido e que prometía mais goles para o segundo tempo. E non se demorou o Laxe. Nos minutos 49 e 51, Felipe Oróns facía o 2-3 e o 2-4 aproveitando nos dous casos esa falta de contundencia que tanto está lastrando ao Ameixenda esta tempada. Loxicamente ao estar sen xogadores no banquillo, o Laxe notou o cansazo e cedeu o campo a a iniciativa para sair a contra. E o Ameixenda, a base de insistir, marcou o 3-4 no m.69 aproveitando un pase en profundidade. Quedaba ainda moito partido e parecía que podía chegar o empate. Pero un despiste tremendo no m.83 cando ninquén vai a por un balón pensando que vai sair e quenes siguen atentos son os xogadores do Laxe, que aproveitan para facer o 3-5 por medio de Santiago Casas. Xa non parecía posible outra reacción e de feito no m. 92 Iago Torres facía o 3-6 definitivo. Xogaron polo Ameixenda: Costa, Evaristo, Juan Lagoa, Bichinho, Pablo, Juan Antonio (Fabián Louzán 58′), Chucho, Adán (Fabián Barreiro 88′), Torices (Sergio 68′), Yago (Andrés 52′) e Cristian”.

Lilo, (Adestrador do SD Laxe) : “Partido igualado no que ainda que nos puxemos por diante con fútbol combinativo adaptándonos ao campo, os nosos goles eran contrarrestados con goles do Ameixenda. Un tras un penalti moi dubidoso e outro en claro fora de xogo. Na segunda metade comezamos sen trocos e facendo o mesmo que fixemos na primeira metade. Cun bo partido nada que ver co da semana pasada, con bo merecemento e facendo as cousas mellor co adversario. Xustos vencedores e vendo os resultados dos que loitan pola promoción ainda hai opcións para quedar antre os 6 primeiros para ir a promoción, xa que se cambiaron as tornas. Para semana teremos unha verdadeira final contra o Seaia, xa que ambos estamos a 4 do lira, (6º) e 5 do Sporting Zas, (5º)”.

Goles : 0-1, Iago Torres, (18´), 1-1, Yago, (32´ de penalti); 1-2, Gora, (36´); 2-2, Crístian Caamaño, (37´); 2-3, Felipe, (49´); 2-4, Felipe, (51´); 3-4, Crístian Caamaño, (69´); 3-5, Santi Casas, (84´); 3-6, Iago Torres, (90´).

Incidencias : O colexiado do encontro Ángel Acuña, expulsou no descotno o xogador do Laxe Gora, que vía o segundo cartón amarelo. Lesionados os xogadores do Nantón, Redondo, cunha escordadura de nocello e Maikel con molestias musculares. A ambos desexámoslles una pronta recuperación.

 

Por fin xuntou xente o Ameixenda.

 

 

SD Buño 3-1 CF Lira

José Antonio Carabel, (SCD Buño) : “Partido moi complicado no que nos costou moito entrar sobre todo nos 15 primeiros minutos. Tivemos a posesión do balón pero carecíamos de equilibrio e o Lira tuvo varias ocasions moi claras en varias pérdidas de balón nas que o contragolpe non estiveron acertados. Despois de correxir varios aspectos comenzamos a dominar ben o partido e puxemonos por diante nunha xogada por banda de Eloy Santos que centra e Omar remata de cabeza. A partir de ahí, o partido ponsenos moi de cara e nunha falta lateral Breogan remata de cabeza para poñer o 2-0. Xusto antes do descanso, Elías de falta directa facía o 3-0. A segunda parte, o Lira intentou reaccionar e tivo un remate de cabeza o pao nun centro lateral e o gol de Pablo Leis que marca tras un erro nun despeje de Martín. Cerca do final, Eloy Suárez e Eloy Santos tuveron o 4-1 nunha doble ocasión que sacou a defensa do Lira na línea de gol“.

Gabri de Sil, (Adestrador do CF Lira) : “O partido que fixemos foi de sobresaliente alto, un equipo con tanto talento coma o Buño non nos xerou nin unha soa ocasión de gol. Na primeira parte fallamos numerosas ocasións entre elas 4 mans a mans diante do porteiro, ademais de varias chegadas con moito peligro. Eles con un erro noso á hora de defender un centro lateral, un fallo no marcaxe en unha falta do medio campo, e unha falta na frontal puxéronse 3-0. Inédito. Había que velo para creelo. Na segunda tivemos dúas moi claras, unha delas ó pau, e conseguimos o gol por medio de Pablo. O Buño, repito, con todo talento que ten e o bo equipo que é, non foi quen de xerarnos nin unha soa ocasión de gol, mentres nós cansámonos de xerar ocasións. E nunca me queixei das baixas pero desta vez fomos a Buño sin os 3 centrais, nin Cartamil, nin Crístian, nin Golpes, ademáis da ausencia dun xogador diferencial na categoría como Saúl Relo, ou tamén Alexis. E ainda así fixemos o partido que fixemos.”.

Goles : 1-0, Omar, (29´); 2-0, Breogán, (38´);3-0, Elías, (44´); 3-1, Pablo, (76´).

Incidencias : Debutou no equipo “oleiro” a nova fichaxe, Simón Prieto, xogador que xa estivo no Buño, e en equipos coma o Montañeros ou o Imperator.

 

 

Xallas FC B 2-3 CD Baiñas

Jorge Quintáns “Churian”, (Adestrador do SCD Buño) :Moi bo partido do Xallas, onde a 1ª parte fomos claros dominadores do encontro, chega o gol de Jota e ainda tivemos varias ocasións para poder meter o segundo. Na segunda parte, lesión de Stiven, e perdemos algo o control do partido no medio campo, donde o Baiñas conseguía igualar o partido, despois un fallo do árbitro donde o Baiñas conseguío o 1-2. Fixemos cambios para empatar e ir polo partido e encaixamos o terceiro. Seguimos traballando e metémonos no partido outra vez co 2-3, e despois intentamos con todo ir polo empate, e non fomos capaces de conseguir. Moi, moi bo partido do Xallas contra un Baiñas de outra categoria“.

Ángel “Roski”, (Adestrador do CD Baiñas) : “Empezamos o partido algho fríos, non sei si polo horario (nunca xoghara un partido as 20:00 hras un Domingo), pero sobre todo pola boa primeira parte do Xallas con balón. Superaron a nosa presión sin problemas non fomos capaces de roubar arriba e cando tuvemos o balón estuvemos imprecisos, mui verticales e con prisas, eles conseguiron adiantarse no cun tiro da frontal que toca nun xoghador e envenenase. Teño que destacar que tuvemos unha lesión de rodilla de Esteban que nos fixo estar prácticamente 10 min con 10….para faser quentar a Samuel quen despois sobre o min 40 sufriu outra lesión de rodilla e xa xoghamos con 10 o que quedaba. Ainda así pudemos marcar o empate cunhas boa cheghadas de Chipi, nunha sacaron o balón prácticamente na raia.

Na segunda parte cambiamos de actitud sobre todo, axustamos cousas en defensa e xa fomos a polo partido, dominamos e non deixanos salir o Xallas do seu campo. Conseguimos empatar cun golazo da frontal de Maikol, antes tuveramos Unha moi boa ocasión de Chipi na que intenta picar nun man a man co porteiro e non chegha a entrar, xa cun balón en profundidad a Ruli consigue “con moita sangre fría” poñernos por diante, noutra boa xoghada Cristian centra a Maikol quen da frontal de novo Baixa co peito e consigue outro golazo. Dispuxemos de ocasions para anotar o cuarto pero Kevin estuvo impreciso e Carlos nun man a man cruza e saca ben o porteiro. O final eles anotan o 3-2 prácticamente co partido acabado. Moi boa reacción cun paso adiante dos xoghadores co seu cambio de actitud. Esperemos que as probas de hoxe sean boas para Esteban e Samueliño porque esa é a peor cara do fútbol. Por certo xoghar sabendo que Porteño e Buño ghanaran pudo perxidicar nos primeiros minutos pero na segunda parte ighual nos axudou….penso que o da primeira parte foi mais ben o rival que estuvo mui ben…Xogharon: Sergio, Hermida, Borja, Maikol, Raúl, Cristian Canosa, Oreiro, Esteban, Ruli, Kevin e Chipi. Tamen xogharon, Samuel Quintans, Carlos, Rodrigo e Samuel“.

Goles : 1-0, Jota, (36´); 1-1, Maikol, (61´); 1-2, Ruli, (70´); 1-3, Maikol, (74´); 2-3, Loureiro, (85´).

 

 

Sporting Seaia CF 1-0 SD Camelle

Óscar Moscoso, (Adestrador do Sporting Seaia CF) : “Primeira meade moi competida na que erramos varias ocasións de gol claras. Poñémonos por diante nunha boa xogada na cal recibe de frente Mara e tira a escadra. Logo no único corner que defendemos mal, empá,tanos o Camelle e antes do descanso a través de Alex volvémonos poñer por diante 2-1. O borde do descanso vémonos obligados o primeiro cambio pola lesión de Manu Garrido. Na segunda parte todo sigue igual de competido, temos unha moi boa ocasión a través de Sergio para facelo 3-1 pero non foi capáz de materializala. O tempo vai pasando, sin pasar grandes apuros, defendendo ben pero casi co partido acabado na miña opinión o árbitro interpreta mal unha xogada na nosa área e pitanos penalti en contra, o cal gracias a gran intervención do noso porteiro Isaac, cunha gran parada evita o empate do Camelle in extremis. A posteior do penalti na última xogada do partido volve ter o Camelle unha gran ocasión na que volve ser crucial o noso porteiro Isaac, que sin dúbida foi o xogador do partido”. 

Sergio “Crejo”, (Adestrador do SD Camelle) : “Partido no que foi superior o Seaia. Poñeríanse eles por diante nun barullo dentro da área, que acerta a marcar Mara cun forte disparo. Empataríamos nós nun remate a saida dun corner, e volverían a poñerse por diante cun disparo dende fora da área, previa man no control do xogador. Así iríamos o descanso. Eles tamén reclamarían un penalti. Segunda parte na que se equilibrou algo o xogo, pero as ocasións máis claras terianas eles, con dous disparos fortes que o noso porteiro saca con dificultade, e outra na que Quintelo a saca xusto na liña. Chegarían ocasións polo noso lado tamén, pero non tan claras. Xa nos últimos 10 minutos foi onde nós apretamos cun par de boas ocasións, chegando a fallar un penalti no minuto 89, e ainda así no último suspiro o porteiro deles sácalle unha man espectacular a tiro forte de Carlos, pero a segunda parte acabaría sen moverse o marcador. O Seaia foi xusto gañador”.

Goles : 1-0, Martín “Mara”, (20´); 1-1, Carlos, de Dido, (33´); 2-1, Alex Mato, (44´).

 

 

Sporting Zas 1-1 Atlético Pereiriña FC

Martín Vecino, (Adestrador do Sporting Zas) : “Partido cunha primeira parte que empezou lenta, con pouco ritmo, con moitos paróns. Non houbo moitas ocasións de gol claras. Adiantouse o Pereiriña nun balón longo sobre a banda dereita, na que sacaron un boísimo centro, e un bo remate de cabeza. Fomos capaces de empatalo encontro antes do descanso, nunha chegada de Ánxo por banda, que puxo un bo centro raso que enviaba a gol de tacón, Ivan.
O segundo tempo tivo algo máis de ritmo, foi chegando o cansancio e abríndose máis o que faltaba de encontro pero ningún dos dous equipos acertamos nos metros finais, e non se puido desfacelo empate”.

Emilio Corzón, (Adestrador do Atlético Pereiriña FC) : “Partido bonito o xogado no San Andrés, onde ambos equipos acudiamos con baixas. O Zas cun equipo moi novo tratou de levar o peso do partido, cedendo a iniciativa o Atlético Pereiriña que xuntaba liñas e trataba de aprobeitar os posibles erros rivais. Foi nunha xogada preciosa de Martín onde chegou o gol visitante. Minutos máis tarde nunha acción simular pediuse un gol fantasma ou penalti por man do defensa Manu Fuentes, sen conceder ninguha delas o colexiado. O empate ven precedido dunha indecisión defensiva ante Dani Mato que tras pase atrás conseguen a igualada. O 2° tempo foi máis impreciso, pero cara os minutos finais pudo o Pereiriña perder o punto ben traballado, nun xa habitual desaxuste defensivo co tempo cumplido“.

Goles : 1-0, Charli, (15´); 1-1, Sergio, (57´); 2-1, Dani, (65´); 2-2, Charli, (69´); 2-3, Miguel, (78´); 3-3, Sergio, (86´); 4-3, Dani, (91´).

Incidencias : Saeu lesionado cun golpe nas costas o xogador do Pereiriña, Martín Pérez, ao cal lle desexamos unha pronta recuperación.

 

 

CF Castrelo 2-4 CD Nantón

José Manuel Ordóñez, (Adestrador do CF Castrelo) : “Foi un partido moi igualado, donde o Nantón púxose por diante duas veces no marcado e conseguimos empatar as duas veces. Despois tivemos duas ocasións clarísimas para poñernos por diante pero foi o Nanton o que marcou no 85 ó 2-3. E na última xogada marcaron o 2-4 donde o noso porteiro Martín se lesionou no xeonllo esquerdo, esperemos que só se quede nun golpe”.

Sergio “Crejo”, (Adestrador do SD Camelle) : “Partido no que volvemos a sufrir as baixas por lesións e só poidemos ir con 12 xogadores, e na que incluso Eloy acostumado a xogar en defensa, tivo que facer as funcións de dianteiro. Primeira parte igualada e na que só houbo unha ocasión clara por cada equipo, e que acabaron en gol. Adiantámonos por medio de Eloy nun saque desde o curruncho, pero que nos minutos finais da primeira parte nun bo contragolpe do Castrelo nos empatan, co que chegamos con empate a 1 o descanso. Xa na segunda parte viuse un partido con máis ocasións. Adiantámonos os poucos minutos de comezar por medio de Martín, pero que rapidamente contrarrestou o Castrelo co gol do empate. A partir de aí, e ata máis ou menos os últimos 15 minutos o Castrelo dispuxo de máis ocasións, destacando un man a man que Guille consegue parar, e que puido decantar o partido para o seu lado, pero como dixen nos últimos minutos levamos nós o peso do partido e conseguimos adiantarnos co golazo de Javi, e minutos despois coa sentenza por parte de Redondo. Destacar que os últimos 10 minutos xogamos con Xoel lesionado xa que o cambio que tiñamos entrara a comezo da segunda parte. Agradecer unha vez máis os xogadores que a pesares dos problemas que estamos tendo ultimamente para cubrir as convocatorias, están intentando competir o máximo“.

Goles : 0-1, Eloy, (11´); 1-1, Rubén, (39´); 1-2, Martín, (48´); 2-2, Fran Guillín, (54´); 2-3, Muiño, )(84´); 2-4, Redondo, (87´).

Incidencias : Lesionouse Xoel do Nantón, e tamén o meta do Castrelo, Martín, cunha posible escpordedura de xeonllo, a espera de probas.Noso desexo dunha pronta recuperación para ambos.

 

 

CLASIFICACIÓN

 

 

-Resultados de todo o Fútbol senior masculino e feminino da Costa : PREME AQUÍ

 

Piratasdemuxia.es non se responsabiliza dos comentarios vertidos polos protagonistas, que són únicos, propios e intrasferentes. Só pedimos coherencia nos comentarios e corrección. Todos aqueles comentarios que nos cheguen con insultos non serán publicados. As críticas a terceiros, (árbitros, público, etc), só as emitiremos baixo a corrección e o respecto. As críticas sobre arbitraxes que poida haber, son propiedade do que as di, pois no mundo do fútbol en tódalas ligas, as críticas arbitrais son totalmente normais. Tamén queda abertan a nosa porta a todo aquel do colectivo arbitral que queira amosar a sua disconformidade con calquer comentario, no dereito a respota, así coma outra clase de persoas nomeadas, (delegados, adestradores, xogadores, aficións, etc…). Por último agradecer a tódolos que colaboran nestas crónicas, que son ás máis completas da nosa prensa deportiva e que amosa dous puntos de vista sobre un mesmo encontro. Sen eles non sería posible pois este é un traballo de todos…Gracias.

 

-Foto Ameixenda : Fernando Domínguez

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies