CRÓNICAS DA 1ª XORNADA DOS DOUS GRUPOS DO ASCENSO A LIGA DA COSTA : “INICIO SEN SORPRESAS”.

 

O Camelle sacouse a espiña da derrota en liga co  Castrelo.

 

Grupo 1

Sábado 19/03

UD Corcubión 1-0 Sporting Seaia CF

Un gol de Luis Lago aos 13 minutos de xogo deulle a vitoria aos corcubioneses, que son os favoritos ao ascenso neste grupo.

 

SD Camelle 2-1 CF Castrelo

Chegou con tan só 12 xogadores o Castrelo a Camelle, pero plantou cara e foi quen de empatar o gol inicial de Daviz Vázquez a, que adiantaba aos camelláns aos 18 minutos de xogo. Samuel, empataba para os catrelenses a media hora de xogo. O gol da vitoria camellana chegaba no 79 por medio de Adrián Pasantes.

Descansa : Xallas FC “B”

 

CLASIFICACIÓN

GRUPO 1

UD Corcubión : 9

SD Camelle : 5

Xallas FC “B” : 4

Sporting Seaia CF : 3

CF Castrelo : 1

 

GRUPO 2

Domingo 20/03

CF Porteño 1-0 Atlético Pereiriña FC

Plantoulle cara ao Porteño o equipo ceense no seu feudo. Tras unha primeira metade na que se chegou o descanso co marcador inicial de 0-0, pasouse a unha segunda máis disputada e con maior contacto. Ata 10 cartóns amarelos tivo que amosar Óscar Santos, (5 por equipo), e deixaba aos da Pereiriña cun menos por dobra cartón de Rubén, a hora de xogo. Foi pouco despois no 70 cando o xuvenil Alan, facía o gol que a popstre lles darían os 3 puntos aos da Ponte do Porto. Un gol que chegaba de penalti. 

SD Ameixenda 1-2 SD Laxe

 Óscar Toja a media hora de xogo encarrilaba o choque, para irse ao descanso coa vitoria parcial. Xa na segunda metade Paredes, facía o segundo a favor dos laxenses no 69, pero non tardaba Javi Carballo en recurtar distanzas e meter os ceenses no partido, (77´). No treito final os da Ameixenda quedaban cun menos o ver o segundo amarelo José, (84´).

Descansa : SD Oza.

 

CLASIFICACIÓN

CF Porteño : 9 puntos

SD Laxe : 5

SD Oza : 4

Atlético Pereiriña FC : 3

SD Ameixenda : 1

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia