Liga da Costa
Espectacular encontro no Grupo 1B antre Zas e Buño.
Grupo 1A
-1ª Xornada-
UC Cee 3-2 Lira CF
Un gol en propia porta do xogador do Lira, Pablo aos 14 minutos de xogo foi a postre decisivo para que se levasen os 3 puntos os ceenses, xa que ainda que os da Vila da Xunqueira se poñían con 2-0 aos comezos da segunda metade, cun tanto do fisterrán Isaac Fábregas, (49´), os lirachos que este ano dirixe Gabriel Formoso, conseguían empatar con goles de Lucas, (61´) e Juan Formoso, (64´), pero o desnivel de novo a favor dos de Rafa Suárez chegaba a 4 minutos do final por medio de José Bermúdez, (86´).
CD Muros 3-1 CD Baiñas
Iván e Xoaquín poñían cun claro 2-0 aos muradáns, con goles de Iván, (19´) e Xoaquín, (29´), resultado co que se ía a vestiarios. Nada máis comezar a segunda metade, Chrístian Canosa poñía no encontro aos da parroquia vimiancesa, (49´), pero un gol de Xabier a dez minutos do final, (80´), decantaba o choque para os de Muros, nun duelo no que puido chegar o empate como chegou o gol da vitoria dos muradáns.
UD Monte Louro 1-5 SCDR Esteirana
Unha extraordinaria segunda metade dos de Esteiro decantou claramente o derbi muradán para os de Uxío. Adiantáronse os das Salinas os 2 minutos de xogo, gracias a un tanto en propia porta de Juan Lois. Non chegaría a resposta dos do Agra da Filgueira ata a segunda metade, cando igualaba a contenda José Louro ao tranformar unha pena máxima, (59´). Non faltaba máis ca media hora, pero bastoulle aos de Esteiro para amosar poderío rematador, con goles de Carlos Rama, nada máis recibir o empate, (60´), e Óliver, (67´), e Raúl Lestón, (68´), de maneira seguida. Xa cos de Louro entregados, Oliver repetía n o tempo de desconto.
Muxía CF 1-3 Outes CF
Adiantaba os muxiáns no primeiro minuto de xogo o vimiancés, Fran-chute, pero a resposta era cáseque instantanea por parte dos outeses, pois no minuto 3 igualaba o choque Iván Capelo. Todo apuntaba a un duelo de vértigo, pero todo o contrario, non foi ata os derradeiros minutos, cando Rober Solís, que tantas veces xogou de neno na Arliña, facía dous tantos cáseque seguidos, (87´e desconto), para levarse os 3 puntos para as terras do sur.
Descansou : Camariñas CF
CLASIFICACIÓN
O primeiro lider por golaveraxe é o SCDR Esteirana, seguido do CD Muros e o Outes CF e UC Cee, os 4 equipos que conseguiron a vitoria.
Grupo 1B
-1ª Xornada-
San Lorenzo SD 4-1 Cabana SD
Plácido encontro para os de Berdillo que xa deuixaron visto para sentenza o choque na primeira metade cun claro 3-0, con goles de Alexis, (10´), Pablo, (22´) e Diego, (43´). Tentou na segunda o equipo cabanés meterse no encontro, pero o gol que buscaban chegou no derradeiro treito do encontro, por medio de Sergio, (85´) e cando perdía xa por 4-0, cun novo gol de Alexis, (65´).
Sporting Zas 3-3 Buño SD
Empate que lle sabe a menos os zacenses, que na primeira metade levaron o peso do encontro, co equipo de Buño repregado e esperando montar contras. Non se moveu o marcador na primeira metade e deu paso a unha segunda das que gustan o afeccionado, con 6 goles repartidos por partes iguais, e con numerosas ocasións de gol, en especial pola parte local. Adiantouse no marcador o Buño, con 2 minutos xogados da reanudación, (47´), e pouco despois Juan Antelo facía o segundo, (53´). Reaccionou o equipo zacense e igualaría con goles seguidos de Iago, (59´) e Iván Mato, (61´). Pouco lles duraría a ledicia da igualada, pois Juan Antelo reppetía para os buñeses, (63´). Deu un paso atrás o equipo visitante e tirouse arriba o equipo local, acadando a igualada por medio de Iago, (71´). Ata o final o choque non desluceu en absoluto. Moi molestos os de Zas co colexiado cormelán Bruno Méndez que lles amosou ata 6 cartóns, por ningún os visitantes.
UD Cerqueda 2-3 SD Coristanco
Brilante remontada do SD Coristanco que tivo que navegar contra corrente durante todo o choque, pois adiantábanse os cerquedenses por medio de Julián no 23, e co 1-0 iríanse a vestiarios. Na segunda metade empataba Pazos para os da Terra da pataca, (55´), pero conseguía meterse de novo por diante o equipo cerquedense, cun tanto de Dani García, (60´). Queimaron as naves os coristanqueses e conseguían empatar por medio de Daniel, nada máis sacar de centro, (60´), e completaban a remontada cun novo gol de Pazos, (70´).
CD Nantón 0-4 SD Castríz
Non deu tregua o equipo xalleiro ao nantonés, con dous tantos en cada tempo e dous penaltis nos intres claves do encontro. Adiantábanse cun tanto de Braulio aos 11 minutos de xogo e antes de irse o descanso chegaba o primeiro penalti, que transformaba Juan Álvarez, (43´). Xa na segunda metade e cos das Fontiñas tratando de meterse no encontro chegaba o segundo penalti, que tranformaba Iván, (72´), e que deixaba finiquitado o choque. O cuarto da tarde tamén foi obra de Iván Pastoriza, no treito final, (81´).
Descansou : SCD Malpica
CLASIFICACIÓN
O primeiro lider por golaveraxe é o SD Castríz, seguido do SD San Lorenzo e o SD Coristanco, os 3 equipos que conseguiron a vitoria, séguenos Sporting Zas e SD Buño con 1 punto.
-FotoS : Comunicación Sporting Zas/Roberto Mouro
-Texto : piratasdemuxia