CRÓNICAS DA 1ª GALICIA G2, (18ª Xda) : “VITORIA DO SONEIRA NO DERBI CO BAIO, EMPATES DE DUMBRÍA E MAZARICOS E VITORIA DO VOLANTES”.

O Mazaricos queixouse da arbitraxe ante o Unión.

 

CD Unión 2-2 CF Mazaricos

Chicho, (Adestrador do CF Mazaricos) : “Partido no que salimos cun posicionamiento repregado-pregado buscando facerlle dano con contras a espalda. Sufrimos moito coa amplitude e bo xogo do Unión na 1ª parte. Na 2ª cambiamos o dibuxo e adiantamos liñas. E nunha boa combinación entre Viturro e Fano este último fai o 0-1. Desde aí aproveitamos que quedaron un pouco “groggy” o Unión para noutra contra facer o 0-2. Aí aparece o árbitro a querer ser protagonista. Xa viña dende a 1ª parte sendo arbitrario… Nas decisións.. Pero co 0-2 abreu a veda… E sacaunos do partido. Eles nun corner no, 88, que fallamos na marca, e no 95, (teóricamente añadeu 4)… No desconto nunha falta que se inventa, (nun plantillazo), marcan en foro de xogo claro…en fin”.

Goles : 0-1,Estéfano, (61´); 0-2, Viturro, (73´); 1-2, Oscar, (88´); 2-2, Jonathan, (95´).

 

SD Soneira 3-0 CD Baio

Pedro Gómez, (Adestrador do SD Soneira) : “A primeira metade foi de claro dominio visitante. Ainda así,na primeira chegada, o Dumbría tras un mal rexeite consegue poñerse por diante. O Soneira non se descompuxo e tivo ocasións suficientes por medio de Richi,Rober, Leilán,Javi ou Diego Lois para darlle a volta ó marcador pero faltounos eficacia na finalización. No comezo da segunda metade o partido troca ca expulsión de Agra e o conseguinte gol de Richi en propia meta. Co 2-0 as contras do Dumbría foron constantes ata o final, e co 3-0 xa sentenciaron o choque”.

Bruno, (2º Adestrador do CD Baio) : Cando nos chegue seu comentario poñerémolo aqui.

Goles : 1-0, Diego Lois, (26´); 2-0, Javi “Rubio”, (41´); 3-0, Diego Lois, (44´).

 

SD Agolada 1-3 Volantes de Baño

José Manuel “Sil” (Adestrador do Volantes de Baño CF) : “Partido intenso xogado de poder a poder e con moito ritmo.
Creo que tivemos o partido controlado os 90 minutos. No plano defensivo estivemos ben tanto defendendo o futbol directo como as superioridades que trataban de crear por fora. Non sufrimos ningunha ocasion na nosa porteria e solo tivemos uns minutos de dúbidas tras o gol deles nunha acción aillada tras balón parado. Por outra parte nos creamos varias ocasións e xa os 5 minutos marcamos o primeiro gol e xa antes tivemos outras duas ocasións. Ademáis aproveitamos ben o balón parado”.

Goles : 0-1, Ángel “Pesco”, (5´); 1-1, Pablo, (23´); 1-2, Berto, (40´); 1-3, Kevin, (45´).

 

Cordeiro CF 2-2 CF Dumbría

Pablo Conde, (Adestrador do CF Dumbría) : Cando nos chegue seu comentario poñerémolo aqui.

Goles : 0-1, Marcote, (17´); 1-1, Sergio, (62´de penalti) ; 2-1, Samuel, (80´de penalti); 2-2, Darío Capelo, (desconto).

 

CLASIFICACIÓN

SD Soneira : 2º con 36 puntos

CF Dumbría : 4º con 31 puntos

CD Baio : 9º con 25 puntos

CF Mazaricos : 11º con 24 puntos

Volantes de Baño CF : 16º con 16 puntos.

 

Darlle as gracias aos nosos colaboradores e adestradores pola sua colaboración na confección das crónicas, fotos, vídeos e todo que nos aportan en beneficio da información.

www.piratasdemuxia.es non se responsabiliza polas opinións vertidas polos colaboradores, sendo suas e intransferibles.

 

-Foto : Jorge Villar “Gorrión”

-Texto : colaboradores/piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.