LIGA DA COSTA
O Castriz asalta a liga no Grupo 1B.
-GRUPO 1 A-
16ª Xornada
Domingo 13 Marzal 2022
Outes FC 1-1 SCDR Esteirana
Hora : 17:00
Campo : Municipal do Conchido
Colexiado : Jesús Piñeiro Lugo.
Co título na man a Esteirana non baixou o ritmo e empatou un encontro que se volveu duro no treito final, no que se repartiron 6 cartóns nun cuarto de hora, un deles vermello ao adestrador dos da Serra. Adiantouse o equipo outés aos por medio de Lires del Río aos 27 minutos de xogo, gol que neutralizaron os esteiráns xusto antes de irse o vestiario por medio de Elías, (44´).
Camariñas FC 0-3 CD Baiñas
Hora : 17:00
Campo : “Hermanas Patiño”, (Camariñas)
Colexiado : Carlos Señarís Balsas.
Paso atrás do Camariñas, que tiña a oportunidade de meterse en posto de promoción, ao descansar o CD Muros, pero veu como os baiñeses se levaban 3 puntos incontestables do feudo camariñán. Antelo adiantaba aos baiñeses ós 14 minutos de xogo, resultado co que se irían o descanso. Nada máis comezar a segunda metade Crístian Canosa facía o segundo, que lle complicaba as cousas aos camariñáns. O propio Crísrian mataba o choque no 76.
Muxía CF 4-0 CF Lira
Hora : 17:00
Campo : “A Arliña”, (Muxía)
Colexiado : Chrístian Sendón Villar.
Gran encontro dpos muxiáns que certificaron o posto de promoción e a segunda praza. Púxoselles moi de cara o encontro aos 7 minutos de xogo, cando Fran Moreira materializaba unha pena máxima. Mauroi Romanía por partida dobre sentenzaba antes do descanso, (24´e 40´). Xa na segunda metade Manu Nogueira finiquitaba o encontro a hora de xogo.
UD Monte Louro 2-0 UC Cee
Hora : 17:00
Campo : “Agra de Filgueira”, (Louro-Muros)
Colexiado : Alejandro Castro Liñares.
Deixou o encontro pechado o equipo lourés na primeira metade con goles de Xian Saborido, o primeiro deles no 37 e o segundo, xusto antes do descanso, (44´).
Descansa : CD Muros
CLASIFICACIÓN
-GRUPO 1 B-
16ª Xornada
Domingo 13 Marzal 2022
SD Castríz 2-0 SD Coristanco
Hora : 17:00
Campo : “San Pedro”, (Castriz-Santa Comba)
Colexiado : Óscar Santos Rodríguez.
Impresionante o ritmo que leva o Castriz, que a pesares de ter que xogar 3 encontros que lle foran adiados pola pandemia, máis os da xornada que tocaba, foi sumando de 3 en 3 e xa comanda a clasificación a falla de 2 xornadas para o final da liga regular. Desta volta a sua víctima era un Coristanco, que fai pouco comandaba a liga e que sae ata de postos de promoción con esta derrota. Juan Álvarez aos 8 minutos de xogo e Adrián, antes do descanso, (40´), facían os goles dos castricenses.
CD Nantón 1-4 Cabana SD
Hora : 16:30
Campo : “As Fontiñas”, (Nantón)
Colexiado : Esteban Domínguez Lado.
Levouse o derbi o equipo cabanés nun choque que se afeou no treito final. Ata 7 cartóns viron os xogadores locais na derradeira media hora de xogo, coa expulsión por dobre cartón o meta Guillermo, (45´e 63´), a segunda tras un penalti, outra dobre para Martín, e un vermello direto de Fariña, (59´), ambas por protestar.
Así veu o encontro o adestrador do Cabana SD, Duda : “O partido foi basado en balóns en largo xa que o terreno de xogo estaba impracticable. Comezaríamos mandando no partido con unha boa chegada de Raul Corzón pero dispararía fora, seguríamos buscando con balóns en largo a Manuel Simón e Raúl. Nunha xogada o porteiro local levaría un golpe e o partido estaría parado uns 5 minutos. O Nanton adiantaríase no marcador, nunha xogada na que Victor saía pero resbalaba e o balón quedaba morto e José Souto non fallaría. Seguíamos chegando e nun corner botado por Cachadiña, Sergio Antelo empataba o encontro, e na seguinte xogada o noso killer, Manuel, facía o 1-2, resultado co que se chegaba o descanso. Na segunda metade, domino claro pola nosa parte, roubaría Vidreiro un balón en saida local, na que lla daba a Manuel, que facía un fermoso gol de vaselina. Antes as protestas do equipo local que o árbitro expulsaría a 2 xogadores a vez…Entraba Rubén Reigía, que como se dí chegar e bicar o santo, pois primeira ocasión e penalti cometido sobre él mesmo e sería expulsado o porteiro locar por dobre amarila. Ruben sería o encargado de lanzalo e marcaría o 1-4 final”.
UD Cerqueda 0-1 SD San Lorenzo
Hora : 17:00
Campo : “Xaviña”, (Buño)
Colexiado : Manuel Rodríguez Rojo.
Un gol aos 8 minutos de Brais Cancela, danlle aos de Berdillo, 3 puntos de ouro. Esta vitoria pola mínima, sumado a derrota do Coristanco en Castriz, poñen aos berdilleses en posto de promoción a falla de 2 xornadas para o final da liga regular.
SCD Malpica 0-2 SCD Buño
Hora : 17:00
Campo : “Pedra Queimada”, (Malpica)
Colexiado : Marcos Ordóñez Rodríguez.
Accidentado derbi malpicán que se levou o veciño do interior con goles na primeira metade de Omar, (23´) e de Antelo, (35´), que tranformaba unha pena máxima. Ata 13 cartóns amosou o árbitro, con 2 expulsados nos locais e un nos visitantes.
Descansa : Sporting Zas
CLASIFICACIÓN
-Foto : FaceBook SD Castriz
-Texto : piratasdemuxia