CRÓNICAS DA 15ª Xda DA LIGA DA COSTA PENÚLTIMA XORNADA DO 2019 CO CORME CF INTRATABLE.

O Corme CF “Campión de inverno” ca sua vitoria sobre o SD Coristanco.

 

RESULTADOS

15ªXornada

Ponteceso 2-0 Esteirana 

Cee 2-4 Lira 

Muxía 4-1 Muros

Castríz 2-0 Buño

Cerqueda 3-1 Malpica

Zas 3-2 Baiñas 

Coristanco 0-2 Corme

San Lorenzo 3-0 Cabana 

 

CRÓNICAS

 

SD Ponteceso 2-0 SCDR Esteirana

Pablo Mallón, (Adestrador do SD Ponteceso) : “Fixemos un gran partido. Viñamos de unha primeira parte moi mala contra o Cabana e tiñamos que cambiar cousas. O equipo puxo o mono de traballo e durante todo o encontro dou unha mostra de solidez que non vira antes. Non deixamos que o Esteirana esttivese cómodo, impuxemos un ritmo moi alto de presión e xogo rápido que facía que eles non tivesen ocasións e nos contabamos con unha cuantas chegadas peligrosas. O gol ratificou esas sensacións. Tras o descanso o guión continuou polos mismos derroteros e as sensacións eran idénticas ás da primeira metade. Co segundo gol tratamos e apunttalar o medio campo para tratar de manter a portería a cero.
O peor as 2 expulsións nun partido limpo e sin friccións”.

Geno, (Adestrador do SCDR Esteirana) : “Foi un partido onde o Ponteceso plantexou un partido sin deixar espazos, traballaron ben en defensa e saíron rápido en ataque. Nós non fomos capaces de entrar nesa defensa e foisenos o partido. Foi un partido onde non houbo casi ocasións pero acertaron en dous disparos lonxanos e creo que mereceron gañar o partido”.

 

UC Cee 2-4 CF Lira

Rafa Suárez, (Adestrador do UC Cee) : “Pouco que contar. Chegamos con baixas importantes e na primeira parte ainda competimos ben, a segunda parte foi un desastre, con moito o peor partido da temporada”.

Juan Rey, (Adestrador do CF Lira) : “Partido con duas partes moi diferenciadas, unha primeira donde o Cee tivo mais o balon e o Lira esperou no seu campo tentando sair a contra. As ocasions foron escasas por ambas partes pero ainda asi o primeiro gol do Lira foi un golazo de Manu en xogada individual e zapatazo dende fora da area, e o do Cee unha bonita combinación por banda con centro e remate de cabeza. Sin duda o mellor dos primeiros 45’ os goles. A segunda foi distinta, o Lira fixo 2 cambios ofensivos no descanso e saeu a buscar o Cee hasta a sua propia area presionando moi arriba e recuperando moi rapido o balon. Os balon recuperados eran xogados en boas combinacions e con moito criterio creando multiples ocasions de gol. Asi chegaria o 1-2, e ainda que o Cee por medio dw Bruno nun balon largo acadaria o empate a 2 o Lira sigueu dominando e creando, e asi chegaria o 2-3 e o 2-4. Polo visto na segunda metade, resultado xusto e moi bos segundos 45’ do equipo liracho”.

 

 

Muxía CF 4-1 CD Muros

Diego Lobelos, (Adestrador do Muxía CF) : “Atopamos un rival moi mermado polo gran número de baixas cas que contaban, pero que deron a cara en todo momento. A posesión foi nosa, e o Muros intentaba facer daño con un xogo máis directo e co balón parado. Tras varios acercamentos nosos sin acertar de cara a gol, Xavi abre o marcador para os visitantes nun disparo desde a frontal. Un minuto despois, Congui fai o empate con un disparo axustado. E no minuto 24, Víctor marca o gol do partido de falta directa. Tras o descanso, Manu Nogueira anota de cabeza a centro de Mauro. Pudemos marcar algún gol máis, pero faltounos acertar no remate. Logo o Muros foise arriba e o partido rompeuse, víronse máis ocasións, pero tanto Xandre como Maikel Cambeiro estuveron mi acertados. Xa no desconto, Manu Nogueira volve a marcar tras un gran centro de Mariño”.

Juan Rey, (Adestrador do CD Muros) : “Solo chejamos con 11 xojadores. Na primeira parte esperamolos atrás e intentamolo a contra. E nunha destas Xavi cunha vaselina faría o 0-1. Xusto despois empataría o Muxía cun tiro lonxano. E faría o 2-1 cun golazo de falta. Nn baixaría os brazos o Muros en ningún momento. Que ordenado atrás non concedería casi nada nestos 45 minutos. E inda tería algunha ocasión pra empatar. Na segunda metade o Muros adiantou liñas e concedeu espazos. O partido converteuse nunha ida e volta. Con ocasións pra os dous bandos. O 3-1 chegaría dun remate de córner. Xandre mantería vivo ao Muros parando un man a man. Tuvoa o Muros de cabeza ata en 3 ocasións. E o porteiro Muxían faríalle un paradón a Xavi. Xa con defensa de 3 e indo ao ataque. O muxía mataría o partido nunha contra xusto no final do encontro”.

 

SD Castriz 2-0 SD Buño

Iván, (SD Castríz) :

Richard, (SD Buño) : “Empezou o partido igualado pero foise facendo dominador o castriz e tuvo 1 par de ocasions claras. Pero nun fallo moi claro do noso defensa adiantoyse o Castríz. Na segunda apretamos arriba e fumos claros dominadores e con duas ocasions moi claras. Nunha contra a dez minutos do final marcaron eles e acabouse o partido”.

 

UD Cerqueda 3-1 SCD Malpica

Javier Souto, (UD Cerqueda) : “Partido mui igualado. Empezamos os 2 equipos indo a polo partido e os 2 dando sensación de peligro. Pero nun error do Malpica na salida de balón rouba Nico e marca. A partir de ahí o Malpica intentouno mais e tubo unha clara ocasión para empatar nunha entrada por banda. Pero nunha boa xogada nosa, metemos un balón en profundidad a Iván Mato que regatea o porteiro e marca. Pouco despois, empata o Malpica de penalti por mano de Javi Pazos. Co 2-1 fomos o descanso e nada mais empezar a segunda parte, queda un balón morto na área e Iván Rojo marca o terceiro. A partir de ahí, Cerqueda replegado e saliendo a contra e o Malpica con balón pero sin crear moitas ocasións de peligro”.

Adrián “Gurita”, (Adestrador do SCD Malpica) : “Pois foi un partido no que non fomos capaces de achegarnos o nivel que necesitamos para poder competir os partidos os 90 minutos. Fomos sempre por detras do Cerqueda e cando tiñamos algunha opción de meternos no partido marcaron o terceiro e xa non fomos capaces de volver a mertenos no partido”.

 

 

Sporting Zas 3-2 CD Baiñas

Roberto, (Sporting Zas) : “O Zas saeu moi enchufado nos primeiros minutos, asi, Fabián pronto facía o primeiro e mediado o primeiro tempo Panti facía o segundo. Tras isto o Baiñas mellorou e creou perigo en especial en balóns longos a espalda dos centrais e con xogadas a balón parado. Con isto os baiñeses recurtaban distanzas cun tanto de Crístian Canosa antes do descanso. Saíu máis metido no encontro o equipo baiñés a volta de vestiarios e no 58 Toño poñía a igualada no marcador. Non se veu abaixo o Sporting Zas e nos derradeiros 25 minutos de xogo creou ata 6 ocasións craras de gol, como para acadar unha goleada de escándalo, pero antre o porteiro dos baiñeses e a falla de precisión, (3 de Andrés, Kevin, Iván…), pero o gol da vitoria chegaría nos derradeiros instantes por medio de Andrés”.

José Barca, (Adestrador do CD Baiñas) : “Empezamos o partdo coma ultimamente, durmidos no campo e os 25 minutos xa tíñamos dous goles en contra, ambos tras rexeites no área. Houbo que comezar a remar e poñer o buzo de traballo na primeira metade e fomos capaces de meter un gol, nunha xogada por banda, un verdadeiro golazo de cabeza de Canosa. Na segunda metade embotellámolos no seu campo e conseguimos empatar cun tanto tras un lanzamento dende fora do área de Toño. Arriscamos a ir polo partido, pero chegaron as imprecisións. Eles pecháronse e sairon con contras e tiveron 2-3 ocasións para adiantarse no marcador. Nós tamén tivemos un par delas, pero nunha das suas contras xa no desconto adiantábanse no marcador. Nós seguímolo tentando pero non fomos capaces. Pasounos o de sempre, non somos quen de aguantar os 90 minutos cunha tensión sobre defensiva, que o estamos pagando. Estamos recibindo mínimo 2 goles, e así é complicado. Agora queda un partido para rematar o ano e a ver se no parón melloramos neses fallos que estamos tendo e a ver se na segunda volta estamos máis enchufados ca na primeira”.

 

SD Coristanco 0-2 Corme CF

Juni, (Adestrador do SD Coristanco) : “Comezou o Corme mandando e tendo máis posesión en campo rival. Sen embargo o gol sería froito de unha falta inexistente que o colexiado sinalaba. E tras o balón colgado, remataba en posición adiantada Alejandro a pracer. Chegaban entón os nosos mellores minutos ata o descanso, facéndonos co control do balón e tendo dúas moi claras en pés de Joni e Jose que non acertaban ante o meta e dúas faltas lonxanas de Mario que volvía parar. Na volta de vestiarios, un gol á saída dun córner dun central de novo poñía o 0-2 e prácticamente mataba o partido. Tivemos a posesión ata o final, cun Corme que esperaba saír a contra pero en ninguna das áreas se chegaría a ver ningunha ocasión clara”.

Lelo, (Adestrador do Corme CF) : “Empezaba o partido cun balón o travesaño de Alejo, logo dun pase atrás de Manu.O propio Manu marcaría de cabeza o rematar unha falta lateral. Eran uns primeiros minutos donde salimos mais enchufados.A raíz do gol buscamos as contra e o coristanco dominou o balon.Anularianlle un gol por fora de xogo o Coristanco,nun mal centro que se envenena,e Suso non acerta a despejar ben, deixandolle o balón o delantero do Coristanco, que marcaría a placer en fora de xogo. O Coristanco intentabao pero non con seguía ter ocasions claras en xogada.A balón parado creou algo de perigo pero Suso resolvía sin problemas.
Así chegabase o descanso. A segunda empezaba igual,mais ainda cando nun corner Toniño aproveita un balón soltó pa cruzarlla o porteiro e marcar o segundo.
O Coristanco dominaba pero non conseguía crear ocasions claras.Algun peligro con centros laterales pero a defensa sacounos sin muitos problemas. Seguramente este partido non fui un dos mais bonitos xogados polo Corme pero fui o partido que tocaba facer nun campo muí complicado sempre pa nos”.

 

SD San Lorenzo 3-0 Cabana SD

Santi Cambón, (Adestrador do SD San Lorenzo) : “Partido disputado nas Pedreiras,nun campo bastante pesado,pola cantidad de auga caida durante todo este mes. Ainda así ,foi un partido igualado durante os primeiros vinte minutos,no que o San Lorenzo dominaba o xogo xenerando ocasions a través internadas por banda,sacando centros laterais e a través de balon parado.O Cabana en cambio xeraba perigo a través de saidas rápidas sobre todo por zonas laterais.Chegaríase o descanso con 0-0 no marcador.Na segunda o equipo local seguía dominando o partido pero o Cabana seguía tendo algunha ocasión a través de saidas rápidas.Mediada a segunda metade o San Lorenzo adiantaríase no marcador a través dun centro lateral.A partir de aquí o Cabana adiantaría un pouco a linea defensiva e o San Lorenzo a través de saidas rápidas facia moito daño.Marcando dous goles mais a través de combinacións o borde do area rival.Ainda así o equipo visitante non merecía un resultado tan abultado polo visto no terreo de xogo,xa que estivo con opcións no partido ata que o San Lorenzo marcou o segundo”.

Duda, (Adestrador do Cabana SD) : “Partido no que comezariamos esperando o medio do campo e defendendo os balons as espaldas,con poucas ocasion xeneradas por parte do Verdillo,nos teriamos algunha clara pero entre a defensa e o porteiro pararian,chegando o descanso 0-0. Na segunda metade un pouco do mesmo, nunha internada se simon dentro da area que seria penalti pero na que o colexiado non pitaria,e na contra o verdillo marcaria o 1-0,segueriamos chegando con ocasion pero o largueiro e o porteiro na linea de gol salvarian o gol de aroon,nunha xogada polemica o verdillo empezaria a patadas nas mans o noso gardamete cando tiña xa o balon nas mans e o noso porteiro como e normal levantariase e empuxaria,ca conclusion que serian oa dous expulsados con vermella directa,case nos ultimos 20 minutos o san lorenzo marcaria o segunda e case acabando o terceiro…Decir que gran partido dos nosos”.

 

-Tedes que disculpar…hoxe as crónicas veñen máis tarde e sen corrixir o “síndrome whatsapp” en ortografía, por asuntos personais, pero xa sabedes que esta é unha web diferente é caseira…é coma nós…

 

Darlle as gracias aos nosos colaboradores e adestradores pola sua colaboración na confección das crónicas, fotos, vídeos e todo que nos aportan en beneficio da información.

www.piratasdemuxia.es non se responsabiliza polas opinións vertidas polos colaboradores, sendo suas e intransferibles.

-Fotos : piratasdemuxia.es

-Foto Corme CF : Eduardo Cambón

-Foto Sporting Zas : o clube

-Foto CD Muros : Manuel Caamaño

-Texto : colaboradores/piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.