CRÓNICAS DA 14ª Xda DA LIGA DA COSTA : “CORME, ESTEIRANA E PONTECESO ESCÁPANSE POR ARRIBA E POR ABAIXO NINGUÉN GAÑA”.

LIGA DA COSTA

14ª Xornada

 

 

RESULTADOS

Cabana 1-4 Ponteceso

Esteirana 6-3 Cee 

Lira 1-1 Muxía 

Muros 2-4 Castríz 

Buño 1-1 Cerqueda 

Malpica 1-0 Zas

Baiñas 2-2 Coristanco 

Corme 3-1 San Lorenzo 

 

CRÓNICAS

 

Cabana SD 1-4 SD Ponteceso

Duda, (Xogador do Cabana SD) : “Partido no que comezamos cunha presion alta e sen deixar xogar o rival.Teriamos unha gran ocasion polo medio de castro,pero o balon iriase o pao,pero na seguinte xogada marcariamos de penalti que moreno non perdonaria,e antes no descanso un dos noso marcaria en propia tras querer despejar un centro rival chegariamos o descanso co empate 1-1 na segunda parte,foi moi distinta porque os 4 minutos o ponteceso marcaria 2 goles seguidos un deles nun claro fora de xogo,pero seguimos peleando con algunha chegada por banda pero sen crear demasiado peligro e a falta de 20 minutos abel (ponteceso) seria expulsado con roja directa tras unha forte entrada,o ponteceso marcaria.o cuarto desde un tiro lonxano e remataria o encontro”.

Pablo Mallón, (Adestrador do SD Ponteceso) : “Moi mala primeira parte nosa. Os 20 min ibamos perdendo un cero, pero o Cabana fixo méritos para meter algún máis e nós tiñamos que quedar con 10 homes no campo. Non encontrabamos unha saida de balón óptima, os pases eran imprecisos e casi siempre decidiamos de maneira incorrecta. No segundo tempo todo cambiou. En tres minutos metemos dous goles e empezamos a dominar o tempo do partido, errando algunha ocasión bastante clara”.

Goles : 1-0, Diego, (15´); 1-1, Aarón, (25´en propia porta); 1-2, Eloy, (46´); 1-3, Abel, (48´); 1-4, Luis, (76´).

Incidencias : Expulsado con vermello direto o pontecesán, Diego, (58´).

 

Carlos Rama vive unha segunda xuventude na SCDR Esteirana.

 

SCD Esteirana 6-3 UC Cee

Geno, (Adestrador do SCDR Esteirana) : “Foi un partido no que quríamos entrar fortes e poder poñernos por diante canto antes. Conseguímolo, e esta situación fixo que disputáramos o resto do partido con máis tranquilidade. Creo que no computo do partido fomos merecedores dos tres puntos aínda que o Cee tivo os seus momentos. Quero felicitar a Rafa, adestrador do Cee, porque cun equipo tan xoven e fiel as súas ideas, e fai un tipo de fútbol que gusta ver”.

Rafa Suárez, (Adestrador do UC Cee) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.

Goles : 1-0, Pablo Rama, (10´de penalti); 2-0, Raúl Lestón, (14´); 2-1, Ezequiel, (56´); 3-1, Raúl Lestón, (61´); 4-1, Carlos Rama, (64´); 4-2, Bruno, (72´); 4-3, Rubén, (73´); 5-3, Carlos Lestón, (78´); 6-3, Carlos Lestón, (84´).

 

CF Lira 1-1 Muxía CF

Juan Rey, (Adestrador do CF Lira) : “Partido con duas partes moi distintas. A primeira donde o Muxía foi superior acadando un gol e tendo ocasións para facer algún mais. Nos tentamos de defender cerca da area e salir a contra, pero non seriamos capaces de facelo hasta casi o remate da mesma donde tivemos duas boas ocasions para o empate. A segunda foi distinta, o equipo volcouse facendo un enorme esforzo tanto en defensa como en ataque, e o intercambio de golpes era continuo, o Muxía seguía creando perigo, pero nos tamén, e disporíamos de varias ocasions. Nunha delas chegaría o empate, e o partido continuaria na mesma tónica podendo decantarse para calquer lado. Meritorio empate ante un gran rival”.

Diego Lobelos, (Adestrador do Muxía CF) : “Saímos moi ben e fixemos unha primeira media hora mui boa, adiantámonos con gol de Abel e pudemos aumentar o marcador con varias xogadas de perigo e un gol anulado a Manu Nogueira. Tras ese bo inicio, non fomos capaces de manter o ritmo e o partido igualouse. No segundo tempo, o Lira apretou e empatou na saída dun córner con gol de Mamadou. Ata o final volvemos a levar o peso po xogo pero non fomos quen de marcar e levarnos o partido”.

Goles : 0-1, Abel Insua, (16´); 1-1, Pape, (71´).

 

CD Muros 2-4 SD Castríz

Sarillo, (Xogador do CD Muros) : “Partido tolo. Onde o Muros dominou na primeira metade. Tuvo 3 ou 4 ocasións moi boas para porse por diante. Pero adiantaríase o Castriz na primeira chegada de perigo. Na segunda metade, metería o 0-2 moi pronto cun tiro lonxano de Espi que non logra despexar Xandre. Co Muros pensando máis en atacar que en defender, chegaría o 0-3 nun erro defensivo. Pelos recortaría distancias de penalti. Quedaríamonos cun menos logo dunha dobre amarilla. E pouco despois outro expulsado, por unha man na liña de gol. Dende os 11 metros chegaría o 1-4. Tentabao o Muros a balóns largos. Pero inda quedaría cun home menos por unha entrada por detrás. Con 8 homes no campo faríamos o 2-4 pra maquillar o resultado”.

SD Castríz : “Cando nos chegue o comentario poñerémolo aquí”.

Goles : 0-1, Adrián, (39´); 0-2, Pablo, (32´); 0-3, Adrián, (55´); 1-3, Javier, (65´); 1-4, Pablo, (81´); 2-4, José Sestayo, (90´).

Incidencias : Expulsados polo CD Muros, Daniel con dobre cartón, (74´e 75´) e con vermello direto : Flavio, (81´) e Miguel, (83´).

 

SD Buño 1-1 UD Cerqueda

Jañoto, (Presidente do SD Buño) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.

Javier Souto, (Xogador do UD Cerqueda) : “Fomos superiores durante todo o partido. Creamos perigo por banda, corners, saques de banda…en todo. Na primeira parte unhas 10 ocasións claras de gol que malloría parou Brais, que foi o mellor do partido de longo. Na segunda parte menos ocasións, “só” 5 ou 6 claras incluso algunha o pao. Por parte do Buño 1 tiro de Elías desde fora da área na primeira parte, e o gol de falta de Antelo. Merecimos ganar, pero no fútbol tamén xoga a sorte e neste partido non a tivemos.”.

Goles : 0-1, Lagoa, (59´); 1-1, Antelo, (desconto).

 

Un gol no desconto deulle os puntos o Malpica sobre o Zas.

 

SCD Mapica 1-0 Sporting Zas

Adrián “Gurita”, (Adestrador do SCD Malpica) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.

Roberto, (Presidente do Sporting Zas) : “Encontro decidido no desconto para o Malpica, nun choque sen apenas ocasións. O malpicán Manteca empuxaba a gol un centro lateral sen tempo para máis”.

Goles : 0-1, Manteca, (desconto).

 

CD Baiñas 2-2 SD Coristanco

José Barca, (Adestrador do CD Baiñas) : “Partido con duas partes moi diferenciadas, no que nos entramos un pouco durmidos e na primeira media hora pasounos por enriba o Coristanco, que entrou con duas marchas máis e en 20 minutos adiantáronse poñéndose 0-2 e incluso tiveron algunha ocasión máis, nas que salvounos Brais. O primeiro gol ven tras un tiro lateral por toda a escadra do segundo pau, e o segundo nunha contra que nos collen un contra un, levando ben o noso defensor e definindo ben. Cos goles espabilamos e comezamos a chegar mellor por banda e puidemos acurtar por medio de Santi Díaz que se lle foron algo altos os disparos a porta. Antes do descanso conseguimos marcar con duas boas xogadas por banda, e un centro de Santi que rematou Aba o fondo das mallas. Na segunda metade cambiou bastante o partido. Fixemos tres trocos e saimos doutra maneira e con outro esquema de xogo. Na primeira intentamos entrarlles polo medio e non fomos capaces, xa que é un equipo que acumula moita xente na zona central do campo, pero na segunda entramos por bandas e creo que fumos superiores, e empatamos cunha boa combinación antre Baba e Santi que se plantou diante do porteiro e defineu ben. Despois tivemos ocasións moi craras de Abel, con paradón do porteiro, outra de Santi, Baba e unha baixada de cabeza de Abel, que diego rematou alto no área pequena. Estamos a arrastrar os memso problemas a hora de definir, creamos ocasións e claras pero fáltanos rematalas. Creo que fixemos méitos para remontar, pero como decía, duas partes diferenciadas, a primeira deles e a segunda nosa. O mellor é que recuperamos efectivos, que xa facía tempo que non contábamos con tanta xente. No banquillo puidemos cambiar o partido cos trocos. Traballar a definición, é o Talón de Aquiles levamos en 14 partidos só 18 goles e como non subamos ese rexistro vainos costar. Tentar estar fortes os 90 minutos. Onte fixemos media hora moi mala e a segunda metade moi boa e agora tentar estar así todo o partido”.

Juni, (Adestrador do SD Coristanco) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.

Goles : 0-1, Pazos, (7´); 0-2, Daniel, (24´); 1-2, Baba, (43´); 2-2, Santi Día, (56´).

 

Corme CF 3-1 SD San Lorenzo

Suso da Torriña, (Presidente do Corme CF) : “Houbo e haberá outros , pero o Corme-San Lorenzo de onte no Cairo poderá ser recordado como un dos mais bonitos dos últimos anos. Dous equipos en busca do gol, que primeiro lle sorrío ao Sanlo con gol de Brais Cancela e logo unha segunda parte na que o Corme , pese as importantes baixas que ven arrastrando nos últimos partidos , foi quen de darlle a volta a ao partido con un Sergio Sueiro en plan estelar e cun gol de Lucas case ao final que saíra na segunda parte despois de varios partidos sen xogar. Onte eran baixa , por uns e outros motivos : Eloy, Diego, Jesús, Brais Andrade, Pandi, Alejo, Javi Peón, e Adrián Doldán a partir do minuto dez. Cun xuvenil no campo, xa habitual, Javi Bermúdez e con outros tres no banquiño conseguimos sacar a diante un partido que se nos puxera mal diante dun San Lorenzo que demostrou ser un moi no equipo”.

Santi Cambón, (Adestrador do SD San Lorenzo) : “Tarde soleada e sen vento no Cairo(Corme) no que os dous equipos empezaron sen arriesgar e tanteandose nos primeiros quince minutos. O equipo local a partir de aquí empezaba a dominar o partido a través do balón pero nunca pérdida adiantaríase o equipo visitante. O Corme seguia dominando a través do balón,e xeraba perigo a través de balóns as espaldas da defensa vermella e tamén con saques de esquina e o equipo de Carballo xeraba acasións a balón parado e en salidas rápidas. Chegaríase o descanso con 0-1. A segunda metade empezou como rematou a primeira o equipo local dominaba a través do balón e o equipo visitante xeraba ocasións en saidas rápidas tras roubo.Os vinte minutos da reanudación empataria o Corme a través dun corner, é dez minutos despois marcaría o segundo nunca contra. Ainda así o equipo visitante volcouse polo empate e a dous minutos para o final,noutra saida rápida dos locales,sentenciaron o encontro”.

Goles : 0-1, Brais Cancela, (20´); 1-1, Sergio, (57´); 2-1, Sergio, (70´); 3-1, Lucas, (88´).

 

CLASIFICACIÓN

 

PICHICHIS

1º-Alejo Cambón, (Corme CF) : 16 goles en 10 encontros, (4 de penalti)

2º-Brais Cancela, (SD San Lorenzo) : 14 en 14, (3 de penalti)

3º-Sergio “Xuco”, (SD Ponteceso) : 13 en 13, (2 de penalti)

4º-Iván Rojo, (UD Cerqueda) : 12 en 12, (5 de penalti)

 

PRÓXIMA XORNADA, (15ª)

15/12/2019

Ponteceso-Esteirana 

Cee-Lira 

Muxía-Muros

Castríz-Buño : 15/12 ás 17:00 horas

Cerqueda-Malpica

Zas-Baiñas : 15/12 ás 16:30 horas

Coristanco-Corme

San Lorenzo-Cabana : 15/12 ás 16:00 horas

 

Darlle as gracias aos nosos colaboradores e adestradores pola sua colaboración na confección das crónicas, fotos, vídeos e todo que nos aportan en beneficio da información.

www.piratasdemuxia.es non se responsabiliza polas opinións vertidas polos colaboradores, sendo suas e intransferibles.

 

-Fotos : piratasdemuxia.es

-Foto Sporting Zas : o clube

-Texto : colaboradores/piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.