CRÓNICAS DA 13ª Xda DA 1ª GALICIA G2 CON EMPATE DO SONEIRA, VITORIAS DO MAZARICOS, TORDOIA E DUMBRÍA E DERROTA DO BAIO E VOLANTES”.

Os xogadores do Volantes sairon cunha pancarta

de ánimos o seu compañeiro Pri.

 

Nesta 13ª xornada da 1ª Galicia G2, os resultados tiveron “unha de cal e outra de area”. No “encontro da xornada” co derbi costeiro antre o Volantes de Baño CF e o CF Dumbría, a vitoria era para os dumbrieses, (0-2). O SD Soneira segue mandando na liga tras empatar co segundo, O Pino, (1-1), no outro “encontro da xornada”, neste caso por ser duelo nas alturas, e sumaron os 3 puntos o SD Tordoia, ao que seguimos por ter como adestrador a Dani Calvete, gran colaborador da nosa web. Os tordoieses derrotaban ao Praiña Sporting Club, (2-1), namentras que o CF Mazaricos tamén acadaba unha importante vitoria ante o Val do Ulla, (4-2). Non sumaba o CD Baio que caía de maneira axustada na sua visita ao Atlético Riveira, (3-2).

Abaixo despois das clasificacións podedes ver os días e horarios da vindeira xornada. Os equipos da nosa zona xogan o día 6 , festivo da “Constitución” e o Domingo 8.

Así viron os adestradores e colaboradores os choques dos nosos equipos :

 

SD Soneira 1-1 O Pino

Pedro Gómez, (Adestrador do SD Soneira) : “Foi un partido que dominamos de principio a fin. Defensivamente non pasamos apuros e apenas concedemos ocasións de gol. Na segunda metade, o Pino púxose por diante nun libre directo que pega nun defensor e desvía a traxectoria. Non nos descompuxemos, incluso minutos despois de errar un penalti, e conseguimos empatar o partido cun gol en propia meta, e dispuxemos de ocasións para gañar o partido, pero o porteiro visitante freou tódalas nosas chegadas e ó final o partido acabou en tablas”.

Goles : 1-0, Rubén, (56´); 1-1, Jorge, (70´ en propia porta).

 

Volantes de Baño CF 0-2 CF Dumbría

José Manuel “Sil”, (Adestrador do Volantes de Baño CF) : “Creo que o partido estaba sendo igualado incluso nos tivemos un man a man de Pesco nunha gran asistencia de Rubén. E creamos tamén inquietude a balón parado, ata que nun balón sin peligro a área cometemos un erro individual e puxéronse por diante. A partir de ahí o Dumbría fíxose co control do balón e a nós éranos difícil roubarlle, dada a ansiedade e como consecuencia a desorganización. Tivemos o empate nunha boa ocasión de Charles, pero chegou o segundo do Dumbría pouco antes do descanso nunha presión mal feita, e despous en outro erro garrafal individiual, e a verdade a partir de aí nunca creemos en competir o partido. En ocasións nos tivemos as nosas. Pero a sensación é que o Dumbría tivo un partido cómodo, dada a nosa falta de competitividade o minimo contratempo”.

Pablo Conde, (Adestrador do CF Dumbría) : “Fixemos unha primeira parte bastante boa. Entendemos ben a situación cando atacabamos e controlamos bastante ben as contras do Volantes. Fomos capaces de colocarnos 0-2 á media hora do partido; pero ao Volantes no seu campo non o podes dar por morto, porque só co balón parado de Pesco, Amoedo, Jano, etc…crean moito perigo. Aínda así, fixemos unha segunda parte bastante seria, onde non tiveron moitas opcións”.

Goles : 0-1, Pablo Paz, (15´); 0-2, Yuyo, (28´).

 

Atlético Riveira 3-2 CD Baio

Bruno, (2º Adestrador do CD Baio) : “Non foi un partido moi bo pola nosa parte, nos primeiros 45 minutos foi un partido bastante roto, con 2 goles para cada equipo, que tanto eles como nos facíamos ocasións con moi pouca cousa. Despois na segunda parte eles adiantáronse e nós tivemos 3 ou 4 boas ocasións pero quedaría así a cousa”.

Goles : 1-0, Álvaro, (10´); 1-1, Santiso, (19´); 1-2, Martín “MC”, (22´); 2-2, Yago, (30´); 3-2, Nacho, (63´).

 

Importante vitoria do Mazaricos no Pino do Val.

 

CF Mazaricos 4-2 Val do Ulla UD

Chicho, (Adestrador do CF Mazaricos) : “Partido que se nos pon de cara Moi pronto. Un fallo de despeje do seu Porteiro orixina o 1-0. Sin tempo para nada Viturro gana o espacio e fanlle penalti, que el mismo trasforma no 2-0. En 5 minutos o partido púxose moi de cara. Pero o Val do Ulla non lle perdeu a cara o partido. Nos seguimos co plan inicial en plegado para recuperar e darlle amplitud o xogo. Nunha xogada por banda Fano conecta con Viturro e fai o 3-0. Chegamos o descanso. E facemos fincapé… En que era necesario seguir concentrados para amarrar os 3 puntos. Na segunda o Val do Ulla saleu dando 2 pasos adiante, a por todas. E empezou a crear peligro con balóns a nosa espalda. Pero nos seguíamos cómodos a contra e tuvemos algunha para matar o partido, pero o 4-0 chega nun mal entendemento entre Porteiro e defensa rival que propicia unha cesión, que Viturro transforma. Aí apagámonos, 15 minutos de desconexión total, de erros defensivos que meten o Val do Ulla con 2 goles en 5 minutos no partido de novo. 4-2 e toca concentrarse e volver o partido… Pois aí estábamos k.o…Despois duns minutos de desórden volvemos a organizarnos e partido calmase, temporizamos ata o final. 3 novos puntos que amarramos no longo e duro camiño para tratar de conseguir a permanencia”.

CF Mazaricos : Dani Fedello, Mario, Borja, Maroñas, Cutu, (Pose 35′), Adrián, (José Ángel 80), Pereiro, (Joseph 72), FANO, Barbeira, Yago, (Ricardo 60), e Viturro.

Goles : 1-0, FANO, (2´); 2-0, Viturro, (6´); 3-0, Viturro, (43´); 4-0, Viturro, (60´); 4-1, Miguel, (63´); 4-2, Marian, (68´).

 

SD Tordoia estreou equipación de chandal e suadeira.

 

SD Tordoia 2-1 Praiña Sporting Club

Dani Calvete, (Adestrador do SD Tordoia) : “Importantisima victoria do Tordoia que sempre compite mellor cos equipos da zona alta da clasificación. Os primeiros minutos foron de tanteo e o Praiña pudose adelantar nun fallo defensivo pero Santi estuvo acertado no man a man. Desde hai ata o descanso o Tordoia foi superior, tendo ocasións para ir por díante no marcador, sobre todo un man a man de Dani. Fariña, Denis, Arcai tuveron tiros francos que se irán fora. Manu pisou area con perigo ata en tres ocasions. Na segunda parte o Praiña tuvo os seus mellores minutos inquietando a area local, e nunha boa combinación poñeriase por díante no marcador. Pouco despois Denis rouballe o balón o central no borde da área e o mesmo comete falta e é expulsado o ser ocasión manifiesta de gol. De ahí o final o Tordoia controlou o partido a pesar de que por momentos era demasiado precipitado. Unha falta lonxana lateral Pombo sacaria e fairia o empate nun balón que se enveneraria quizás con fortuna pero facendo un golazo. E o pouco chegaria a xogada desgraciada do partido o autor do empate disputaria un balón de cabeza, recibindo un golpe caendo a plomo ca cara contra o chan, tivo que ser evacuado en ambulancia, afortunadamente esta ben, ainda que rompeu duas pezas dentales. Cos cambios de campo esgotados os últimos minutos Juanjo xogou delantero dispoñendo dunha ocasión clara a que no marcou por pouco. David teria duas boas ocasións pero o balón non entraría. No engadido Andrade recibe un balón entre líneas conduce hacia a frontal e saca un zurdazo que se colaria pola escuadra para unha merecida victoria local”.

Goles : 0-1, Adrián, (63´); 1-1, Adrián, (74´); 2-1, Óscar, (90´).

 

 

CLASIFICACIÓN

 

 

VINDEIRA XORNADA, (14ª)

Praiña Sporting Club-CF Mazaricos, (06/12 ás 12:oo horas)

SD O Pino-SD Tordoia, (08/12 ás 16:30 horas)

CD Unión-SD Soneira, (06/12 ás 16:30 horas)

CD Baio-SD Negreira, (08/12 ás 16:00 horas)

CD Dumbría-Atlético Riveira, (08/12 ás 16:00 horas)

Val do Ulla UD-Volantes de Baño CF, (08/12 ás 16:00 horas).

-O noso agradecemento aos nosos colaboradores dos equipos, por facilitarnos a labor de levar a información aos siareiros do noso fútbol-

 

-Fotos : Volantes de Baño/Dani Calvete

-Texto : piratasdemuxia.es/adestradores

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.