CRÓNICAS DA 11ª XORNADA DA 1ª GALICIA A COSTA/SANTIAGO GRUPO 2B : “O CF DUMBRÍA LÉVASE OS PUNTOS DO “CAIRO” NUNHA TARDE EN LEMBRANZA DE LUCAS VICENTE…O VOLANTES REPITE VITORIA E O TORDOIA COLLE O LIDERATO”.

1ª GALICIA A COSTA/SANTIAGO GRUPO 2B

O Dumbría levouse os puntos do Cairo.

 

11ª Xornada

Domingo 16 de Xaneiro 2022

CD Baio CF Mazaricos

Suspendido por COVID-19

Hora : 

Campo : 

Colexiado : 

 

Ponteceso SD Soneira SD

Suspendido por COVID-19

Hora : 

Campo : 

Colexiado : 

 

Corme CF 1-2 CF Dumbría

Hora : 16:30

Campo : “O Cairo”, (Corme)

Colexiado : Iván Miño Rojas. Amosoulle 5 cartóns amarelos aos locais, e 2 aos visitantes.

O CF Dumbría recuperou a senda da vitoria a costa dun Corme CF que suma a 6ª derrota do campionato e que vislumbra cada vez máis lonxe a derradeira, e única vitoria do campionato, un 5 de Nadal, ante o CD Belvís, (4-5). Ben e certo que en moitos dos encontros caeu por un gol, pero recibindo moitos goles en contra, e xa son 21 en contra, por tan só 10 a favor, o que fai complicada a reacción. Adiantouse aos 10 minutos de xogo o equipo cormelán, cun tanto de Toniño, pero a ledicia durou un suspiro, pois non pasou nen un minuto en recibir o gol do empate, obra de Codesal. O gol que lle daba os 3 puntos aos dumbrieses chegaba no 79, cando Mario Insua batía a Suso.

 

Vitor Recarei na entrega cos familiares de Lucas.

O Cairo tivo un acto moi emotivo coa figura do tristemente desaparecido Lucas Vicente, (D.E.P.), ao que lle foi adicada a xornada dos cormeláns. Os compañeiros do colectivo arbitral do xove cormelán, agasallaron cun cadro cunha camiseta asinada por tódolos compañeiros árbitros do rapáz, a nai do mesmo. Entregoullo o delgado arbitral da costa, Vitor Recarei.

 

Volantes de Baño CF 2-1 CD Belvís

Hora : 16:35

Campo : “Eleuterio Balayo”, (Muros)

Colexiado : Marcos Bravo González. Amosoulle 3 cartóns amarelos aos locais, e 2 aos visitantes.

Deixa atrás o clube de Baño a mala racha inicial e suma a terceira xornada consecutiva en positivo, tras empatar co Soneira na 8ª xornada, (1-1), e despois de parar por asuntos de pandemia, derrotaba na 10ª ao Dumbría, (2-3), e agora nesta o CD Belvís, terceira vitoria no que vai de campionato. Adiantábanse os muradáns por medio de Pesco, aos 28 minutos de xogo, resultado co que se ía a vestiarios. Nada máis comezar a segunda metade empataba Lucas para os visitantes e de novo pouco despois, (55´), Pesco repetía, desta volta de penalti.

 

SD Tordoia 2-1 SD Negreira

Hora : 16:15

Campo : “Os Gorgullos”, (Tordoia) 

Colexiado : Miguel Ángel Vilas Lorenzo. Amosoulle 2 cartóns amarelos aos locais, e 6 aos visitantes.

Volve a estar no máis alto o equipo de Tordoia, tras derrotar ao máximo favorito ao ascenso, e aproveitando que o Mazaricos non xogaba por problemas de COVID-19. Adiantábanse os tordoieses por medio de Abel aos 18 minutos de xogo, e 4 despois poñíanse cun craro 2-0, cun tanto de Denís. De penalti, na segunda metade recurtaba distanzas o equipo nicraniense, cun gol de penalti transformado por Alberto Rial, e xa non se movería o resultado. Con esta vitoria os tordoieses póñense con 24 puntos, 2 máis co Mazaricos, e un encontro menos. Os de Negreira siguen na 3ª parza con 19, un encontro menos co Tordoia e 2 menos cos de Mazaricos.

 

CLASIFICACIÓN

 

-Fotos : Fin Lema

-Texto : piratasdemuxia