CRÓNICAS DA 11ª Xda DA 3ª DA COSTA : “ACABA A PRIMEIRA VOLTA CON MOITO DITO”

O Camariñas FC é o único equipo invicto da categoría.

 

Acabou a primeira volta na 3ª da Costa 2019/20 e algunhas cousas xa están ditas. O Camariñas FC é un dos que van a ascender. Moi mal se lle teñen que dar xa que pechou este primeiro ciclo gañando tódolos encontros, (9), agás o que empataba esta mesma semana ante o Castrelo, (1-1), e polo tanto sen coñecer a derrota. Outro dos grandes candidatos o ascenso direto e único que lle pode dar que facer o equipo camariñán, ata o visto, é o Outes CF, cuns números excelentes con tan só 1 encontro perdido, 1 empatado e 8 gañados.

Logo hai un grupo de 5 equipos, (UD Monte Louro, CD Nantón, SD Camelle, SD Laxe e Sporting Seaia), que dependen moito de recuperar xente lesionada, ademáis dos posibles reforzos, que se van a facer máis fortes e que poden entrar na loita e que de seguro van a dar moita emoción na loita pola promoción.

Xa máis descolgados pero que coa recuperación de xogadores e reforzos loitarán por entrar nun posto de promoción, como son o UD Corcubión, CF Porteño, CF Castrelo e SD Ameixenda.

Pero isto é fútbol e sobre iso non hai nada dito ata o pitido final…

 

 

O SD Ameixenda foi de menos a máis nesta primeira volta.

 

CRÓNICAS

 

SD Camelle 2-2 SD Laxe

Para ir a crónica PREME AQUÍ

 

CF Castrelo 1-1 Camariñas FC

Para ir a crónica PREME AQUÍ

 

UD Monte Louro 1-0 Sporting Seaia

Juan Purrúa, (Adestrador do UD Monte Louro) : “Econtro moi complicado para o U.D MONTELOURO, que dominou gran parte do encontro pero topouse cun moi bo Seaia, a nivel defensivo, e gran partido do seu porteiro. A “U.D” votou todo o que tiña para levarse o 3 puntos ca entrada de Rapante e Minos, cando todo parecía que sería un empate aparecería Minos cunha internada pola banda, (posición bastante dubidosa), e batiría o porteiro visitante, por antre as pernas, e así remataría o partido. Darlle a noraboa o Seaia polo partido realizado”.

Sánchez Da Silva, (Adestrador do Sporting Seaia CF) : “Partido no que empezamos ben aguantando o Monte Louro, pero sen ter chegadas, sen claridadade. Xa na segunda metade, máis do mesmo, e cando xa estábanos chegando o final, marcaría o equipo lourés en fora de xogo claro”.

Goles : 1-0, Minos, (87´).

 

Pastoriza facendo o 4-0 para o CD Nantón.

 

CD Nantón 4-1 SD Ameixenda

Fernando, (Xefe de prensa do SD Ameixenda) : “Sairon os rapaces do Ameixenda pouco tensionados e cando se quixeron dar de conta xa perdían 2-0 ós 10 minutos, os dous goles de Souto. Mui cómodo o Nantón, dominaba o partido sin problema, e no m.33 o propio Souto facía o 3-0 deixando o partido resolto. No segundo tempo o Ameixenda saiu mellor, máis resolutivo en defensa e chegando con certo perigo a área do Nantón. Pero foron os locales os que marcaron a saida dun corner, por medio de Pastoriza de cabeza. Intentou marcar o Ameixenda e nun erro do porteiro, Ezequiel consigue o 4-1 definitivo no m.82”.

Fachal, (Adestrador do CD Nantón) : “Partido que dominamos e xogamos un bo fútbol combinativo. Josiño marcou as diferencias, marcando todas as que tivo. Creo que empezamos a funcionar de maneira máis eficiente e vanse vendo cousas. A intensidade baixou algo co resultado a favor, pero continuamos combinando. Tivemos un erro no gol deles, un malentendido, pero creo que foi un bo partido”.

Goles : 1-0, José Souto, (8´); 2-0, José Souto, (10´); 3-0, José Souto, (33´); 4-0, Pastoriza, (67´); 4-1, Ezequiel, (82´).

 

UD Corcubión 3-1 CF Porteño

Antón Lestón, (UD Corcubión/Radio Nordés) : “Chegaban ao Novo Cubaleiro dous equipos cunhas necesidades extremas de puntuar, xa que nin Corcubión nin Porteño estaban a priori deseñados este ano para ser equipos da zona baixa. A volta de Tito Cerviño ao equipo do seu pobo tras un paso fugaz polo Cee non lle puido sentar mellor aos de Nito, que a media hora xa iban gañando con dous tantos do dianteiro grazas a moi boas asistencias de Alán primeiro, e Kali despois. Chiru aínda tendría o terceiro na súa bota esquerda antes do descanso, pero o seu disparo de falta directa foise á cruceta.Tras o paso por vestiarios, os visitantes colleron o mando do encontro e fixeron esforzarse a Marco en un par de xogadas antes de que Nené, que entrara ao campo uns minutos antes, disminuise a vantaxe. Os últimos minutos foron de agobio do porteño sobre a meta local, pero nunha contra moi ben levada polos blanquiazuis, Lagoa fixo o terceiro para sentenciar o choque e darlle vida ao Corcubión de cara a esas opcións de entrar en playoffs.”.

Manuel Castiñeiras, (Presidente do CF Porteño) : “Partido dominado absolutamente polo Corcubión que se adianta no minuto 15 aproximadamente cunha xogada entre liñas que define ben o seu diantero. Dez minutos despois marcan o 2-0 nun balón longo. Partido de claro dominio local con varias ocasións para ampliar a ventaxe antes do descanso. Na segunda parte o Porteño sube liñas e presiona máis arriba, máis dominio de balón por parte nosa na segunda parte, na que marcamos no 73 por mediación de Jose que acababa de entrar. Seguimos co equipo arriba e tendo ocasións para empatar. Casi no 90 a contra marcan o 3-1 definitivo”.

Goles : 1-0, Augusto, (11´); 2-0, Augusto, (28´); 2-1, Xoxe, (73´); 3-1, Brais, (90´).

 

Este vindeiro xoves unha escolma de fotos do SD Camelle-SD Laxe.

 

CLASIFICACIÓN

 

PROXIMA XORNADA, (12ª)

Corcubión-Nantón : 07/12 ás 16:00 horas

Camelle-Porteño : 08/12 ás 16:15 horas

Castrelo-Outes : 07/12 ás 16:30 horas

Monte Louro-Camariñas : 08/12 ás 16:00 horas

Seaia-Ameixenda : 06/12 ás 17:00 horas

 

PICHICHIS

1º-Javi Antelo, (FC Camariñas) : 10 goles en 9 encontros

2º-Brandon, (FC Camatiñas) : 9 en 8 

3º-José Louro, (UD Monte Louro) : 7 en 7

4º- : Martín, (FC Camariñas) : 7 en 7

6º-Santi Álvarez, (Outes CF) : 7 en 10

5º-Iago Lema, (UD Corcubión) : 6 en 8, (1 de penalti)

 

-Fotos : Xosé Búa “Pirata”/piratasdemuxia.es

-Fotos SD Ameixenda : Fernando Domínguez

 -Texto : Colaboradores/piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.