CRÓNICAS DA 11ª Xda DA 2ª GALEGA FEMININA G1 : “O Muxía segue presionando o Tordoia que non decae, o Bergantiños B derrota o Corme no derbi e sube a 3ª praza, o Cee vence e sube na táboa namentras que o Dumbría caía e a Esteirana empataba”.

2ª GALEGA FEMININA G1

11ª Xornada

30/11/2025

UC Cee 2-1 Unión Campestre

Bergantiños FC “B” 4-1 CF Dumbría

SD San Lázaro 1-0 CF Corme

AD Nicrariense 0-1 Cultural Maniños

SDC Órdenes 2-2 SCDR Esteirana

Eirís SD 2-2 SCD Milagrosa

Victoria CF “C” 1-5 CF Muxía

Brexo Lema SD 2-0 Orillamar SD

Descansou : SD Tordoia

 

AVISO : Só poñemos os comentarios dos que nolos queiran mandar. O noso whatsapp : 626 72 00 47 está aberto a todo aquel pertencente a un club que nos queira mandar información, fotos, comentarios, vídeos, etc…

 

Comentario xeral 

A 11ª xornada na 2ª Galega Feminina G1 deixou un panorama moi esixente para os equipos da Costa, cun balance irregular pero cargado de emocións, goles e lecturas. O CF Muxía continúa firme como o principal perseguidor do intratable Tordoia e asinou unha das grandes vitorias da xornada cun contundente 1-5 na Coruña. Pola súa banda, o Bergantiños FC “B” levou o derbi costeiro ante o CF Dumbría nun duelo marcado pola intensidade, polos momentos anímicos e por unha segunda metade moi aberta.

O UC Cee reencontrouse co triunfo nun partido no que mandou ata o tramo final, mentres que o CF Corme regresou de baleiro de Lugo tras un encontro que non atopou o seu ritmo e no que a falta de efectivos pesou. A SCDR Esteirana salvou un punto en Órdes nun partido no que lle custou entrar, pero no que soubo reaccionar.

Moi diferentes sensacións para os equipos costeiros nesta recta final antes do parón, con varios deles xa pensando en recuperar xogadoras, mellorar físico e, quen sabe, incorporar reforzos.

CRÓNICAS 

 UC Cee 2-1 Unión Campestre

Goles: 1-0, Naiara (55’); 2-0, Cristina (56’); 2-1, Marta (80’, penalti).
O Unión Campestre chegou ao San Paio de Refoxos con só 12 xogadoras.

O UC Cee sacou adiante un encontro no que marcou dous goles en apenas un minuto para encarrilar o choque. As visitantes, moi xustas de efectivos, reduciron distancias de penalti no tramo final, pero as ceenses conseguiron manter a vantaxe e sumar tres puntos importantes.

 Bergantiños FC “B” 4-1 CF Dumbría

Goles:
1-0, Julia Varela (25’);
2-0, Carmen (34’, penalti);
2-1, Carla Lago (51’);
3-1, Julia Varela (64’);
4-1, María Tojo (89’).

Incidencias: O colexiado David Vázquez expulsou con vermello directo no 84’ ao adestrador dumbries.

Derbi intenso, eléctrico e moi físico no campo 5 de As Eiroas. O Bergantiños “B”, equipo xoven e cun ritmo altísimo, levou o partido con autoridade, aínda que o Dumbría chegou a meterse dentro do encontro na reanudación.

Pablo “Djalma” , (adestrador do Bergantiños FC “B”) :

“Vitoria por 4-1 fronte ao Dumbría, nun encontro esixente ante un rival moi combativo que nunca perdeu a cara ao partido a pesar de ir sempre por debaixo no marcador. O equipo entrou moi forte desde o inicio, mostrando claridade de ideas e unha intensidade que nos permitiu levar o control da primeira metade, na que conseguimos poñernos 2-0.

Xa no arranque da segunda parte, un Dumbría conseguiu facer o 2-1 cun auténtico golazo de tiro lonxano, o que nos obrigou a manter a concentración en todo momento. A pesar diso, as nosas souberon xestionar moi ben os tempos, ampliando a vantaxe cando tocaba e defendendo con orde cando o partido o pedía.

Un triunfo de moito mérito, baseado no traballo, na intensidade e na constancia dun grupo que segue crecendo xornada tras xornada. Moi orgulloso do esforzo de todas.”

 

 Santi Cubelo (adestrador do CF Dumbría):

«Saída complicada a deste finde, contra un rival xoven pero superintenso. Os primeiros 15 minutos serían de ritmo frenético, sen control, e pouco a pouco o equipo local íbase facendo co control e coas ocasións máis claras, atopando ben os espazos ás costas e facendo o primeiro, e provocando un penalti co que farían o segundo gol. Nós teríamos un par delas pero sen xerar perigo claro.

Á volta do descanso seriamos capaces por un momento de dominar, conseguindo recortar distancias e tendo algunha que outra ocasión para lograr o empate, pero ningunha delas de gran perigo. Si as tería o Bergan, salvadas ben por Liss. O partido foise volvendo cada vez máis intenso e as locais souberon sacar rendemento desa situación facendo o terceiro, o cal nos mataría anímicamente.

Toca facer análise interno para tentar saír desta situación anímica o antes posible».

 SD San Lázaro 1-0 CF Corme

Gol: 1-0, Mireia (19’, penalti).
O Corme chegou ao Municipal Lago 1, de Lugo, con 12 xogadoras.

Partido incómodo para as cormelás, que non atoparon sensacións nin balón nin duelos nun encontro onde San Lázaro impuxo o seu físico e o seu xogo directo.

Rubén Souto (adestrador do CF Corme) :

«Derrota dolorosa desde o punto de vista do gran desprazamento que hai que facer ata Lugo e non creo que sexa un rival para perder puntos, pero posiblemente foi o peor partido noso da tempada, que xa ía tocando facer algún así. Non estivemos ben en ataque, pero desta volta, a nivel defensivo tampouco estivemos ao nivel que viñamos dando, e permitímoslle demasiada comodidade a un rival que busca en todo momento tensionar o partido a partir do duelo físico, e por primeira vez no que vai de ano perdemos máis duelos dos que gañamos.

Íamos moi condicionadas pola falta de efectivos e aínda tivemos a mala sorte da lesión de Cris, pero aínda con todo iso, o gol vén dun penalti por unha man despois dun bote e tivemos 3 ocasións claras de gol que desta volta non quixeron entrar.

Arbitraxe moi caseiro que tampouco nos permitiu meternos no partido en ningún momento, cada balón perigoso era falta previa ou fóra de xogo…

E unha afección rival que deixou moito que desexar en canto a comentarios burlóns durante todo o partido, como preguntarnos que idioma falabamos por falar en galego, ¡EN LUGO!.

Cheganos a xornada de descanso no mellor momento posible para descansar, resetear e volver con forzas para acabar o ano. A ver se Papá Noel nos trae algún agasalliño en forma de reforzo, que nos fai moita falta (aceptamos currículos, eh jejejeje).

Moi orgulloso do meu equipo e do esforzo que fixeron: xente que traballou o domingo e pediu empezar máis cedo do que lle tocaba para poder saír antes e chegar ao partido, ou xente que saíu cando puido e fixo a viaxe Corme-Lugo e chegou para meter unha man na segunda parte… ¡CASI NADA EH!

E unha vez máis, sexan os quilómetros que sexan, alí estaba a nosa afección empuxándonos… que sorte temos de vervos!

Darlle as grazas tamén ao club que organizou a viaxe para comer en Lugo, tanto xogadoras como afección previo ao partido, demostrando unha vez máis a clase de FAMILIA que significa formar parte do Corme».

 SDC Órdenes 2-2 SCDR Esteirana

Goles:
1-0, Anabel (13’);
1-1, Bárbara (48’);
2-1, Anabel (69’);
2-2, Rut (74’).
A Esteirana chegou ao anexo do Vista Alegre con só 13 xogadoras.

Fran Figueroa (adestrador da SCDR Esteirana) :

«Visitamos nesta xornada as colistas da competición coa idea de refrendar a nosa dinámica das últimas xornadas, pero lonxe de conseguilo atopamos un rival que competiu mellor ca nós na primeira parte e soubo sufrir e aproveitar a única ocasión que tiveron no segundo tempo para conseguir un punto.

Nesta competición cada rival ten argumentos para facer dano, e se te quedas buscando escusas en lugar de sacar esforzo podes pagalo. Sensación de poder rascar algo máis, pero contento pola aprendizaxe que levamos.

E por suposto felicitar ás rivais que, para a miña opinión, ocupan un posto que, tras o visto neste partido, seguramente sexa provisional».

 Victoria CF “C” 1-5 CF Muxía

Goles:
0-1, Patri Romaní (6’);
0-2, Lau Doce (16’);
0-3, Eva Lema (36’);
1-3, Alejandra (63’);
1-4, Barca Toba (77’);
1-5, Nerea Barrientos (87’).

Gran triunfo das muxianas, que seguen na persecución do liderado e manteñen un ritmo goleador elevadísimo nesta primeira metade de curso.

Noe Iglesias , (adestradora do CF Muxía) :

“Buen partido entre dos equipos que mostramos buen fútbol. El Victoria tiene un equipo joven pero que toca muy bien el balón y con calidad.

Salimos muy enchufadas y marcamos muy pronto sin darle tiempo a reaccionar a las rivales. Al cuarto de hora ya ganábamos dos a cero y se le hizo un poco cuesta arriba a las locales. Aún así los dos equipos dispusimos de ocasiones para ampliar el marcador, además de nuestro tercer gol.

En la segunda parte, las locales dieron un buen empujón desde la reanudación, intentando crear ocasiones por la banda derecha y con buena presión a nuestra salida de balón. Así consiguieron su único gol. Hacía el final del partido volvimos a tener el control y lo cerramos con dos goles más”.

TÁBOA DE GOLEADORAS

1ª Rebeca Puente (SD Tordoia): 16 goles en 10 partidos
2ª Barca Toba (CF Muxía): 15 en 10
3ª Eva Lema (CF Muxía): 13 en 9
4ª Irene García (SCD Milagrosa): 13 en 11
5ª Julia Galán (Victoria CF “C”): 13 en 11

 CLASIFICACIÓN

1º SD Tordoia: 30 pts
CF Muxía: 25 pts
Bergantiños FC “B”: 23 pts
CF Corme: 22 pts
5º Victoria CF “C”: 21 pts
6º SCD Milagrosa: 19 pts
7º SD San Lázaro: 18 pts
UC Cee: 18 pts
CF Dumbría: 16 pts
10º Eirís SD: 13 pts
11º SCDR Esteirana: 13 pts
12º Brexo Lema SD: 13 pts
13º Unión Campestre: 11 pts
14º Cultural Maniños: 6 pts
15º AD Nicrariense: 4 pts
16º Orillamar SD: 3 pts
17º SDC Órdenes: 2 pts

2ª GALEGA FEMININA G1

12ª Xornada

07/11/2025

Orillamar SD  SDC Órdenes

Cultural Maniños  Brexo Lema SD

CF Dumbría  Victoria CF “C”

CF Muxía  AD Nicrariense, ás 12:00

SD Tordoia  Bergantiños FC “B”, ás 12:00

Unión Campestre – SD San Lázaro, ás 12:30

SCD Milagrosa  UC Cee, ás 17:00

SCDR Esteirana  Eirís SD, ás 18:45

Descansa : CF Corme

(Os horarios son oficiosos os definitivos poñerémolos na nosa AXENDA PIRATA da fin de semana)

Os comentarios dos adestradores son propios e intrasferibles dos propios protagonistas polo que piratasdemuxia.es non se fai responsable dos mesmos.

.

-Foto Dumbría : Santi Cubelo

-Foto esteirana : Fran Figueroa

-Foto Muxía : Noe Iglesias

-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”