FASE ASCENSO 1ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA
-Cuartos-
Tal e como vos adiantamos na previa e cos resultados, xogouse a primeira tirada da loita polo ascenso a 1ª División galega, así como as da permanenza na 2ª División. Aquí vos traemos o que aconteceu nos 3 encontros xogados por equipos costeiros no tocante a Fase de Ascenso. Lembrar que como a RFGF vai a reducir o número de grupos nesta categoría os equipos que quedan fora terán agora que loitar pola permanenza, da igual que en liga quedasen campións ou que quedasen quintos. Nesta loita tíñamos ao Xallas, Cee e Dumbría, dos que os dous primeiros pasan a semifinais, que serán a un só encontro e o Dumbría terá que esperar rival na loita pola permanenza na 2ª División, xa que era o único dos 3 que sufría unha derrota. Explicar que non poñemos as goleadoras dos encontros debido a que dende a RFGF, (na sua web), non nos facilitaron nada máis ca os minutos en que foron os goles.
O Dumbría deberá loitar pola permanenza.
Atlético San Pedro 2-0 CF Dumbría
Fran Figueroa, (Adestrador do CF Dumbría Feminino) : “Na previa do encontro o At. San Pedro recibeu a copa de campionas de liga recibindo o pasillo do equipo dumbriés. E de ahí a un duelo do máis disputado, lonxe do que se podía predecir, polas baixas das visitantes, púdose ver un partido tenso, trabado por momentos onde ambos equipos tuveron que sacar o mellor para disputalo. Empezou dominando o Dumbría con varias internadas de Kelly e Sabela, pero non atoparon premio. Si o conseguiron as locales nun pase ás costas de Ainoa, a máis destacada do At. San Pedro, que Alba non desperdiciou ante Naira. Tralo gol o dominio do balón foi para as locales, ainda que non daban finalizado polo traballo da zaga dumbriesa. Atoparon o segundo gol tras un mal despexe, que volveu a deixar a Alba soa diante de Naira, que non pudo evitar ser superada chegando así ó descanso. Lonxe de virse abaixo, as visitantes subiron en intensidade, ben armadas atrás, e buscando contragolpes cos que levar perigo.
O partido era de ída e volta e as locales intentaban arañar tempo cada vez que o balón iba afora.
Naira gardou perfectamente a portería tapando duas boas ocasións que puderon matar o encontro, pero as dumbriesas tuveron tamén ataques con perigo tanto en xogada como a balón parado pero sin a claridade necesaria nos últimos metros, a mellor ocasión foi nos pes de Juliette que roubou e foi derribada cando encaraba a Ángela, o libre directo sairía alto. E o esforzo por meterse na loita difuminouse, eso si, plantando unha bonita batalla a un equipo campión e con ocasións ata o final.
Tocará ahora esperar rival para loitar por conservar a categoría nestas eliminatorias impropias do que merece o fútbol femenino aficionado no que incluso os gañadores das ligas poden verse no risco de descender“.
CF Dumbría : Naira, Carril, Mai, Noa, Martina, Eva, Claudia, Kelly, Yoli, Sabela e Juliette.
Tamén xogaron : Lissette, Lucía, Reyes, Paula Rodríguez e Icía.
Goles : 1-0, (20´); 2-0, (40´).
Árbitro : Abel González. Amonestou polas locais a Uxía e polas visitantes a Eva Lema.
Próximo encontro
SD Xuventú Aguiño-CF Dumbría
As dumbriesas xogarán o vindeiro 28 de Maio no A Tasca de Aguiño os Trintadousavos de Final da loita pola permanenza. Será a dobre enfrontamento.
UC Cee 5-1 Cacheiras SD
UC Cee : Buscamos colaborador para as crónicas e novas do UC Cee Feminino
UC Cee : Noemi, Lucía Rodríguez, Lucía Facal, Alba, Nerea, Saray, Lucía Caamaño, María Lijó, Sharay, Uxía, e Lucía Martínez. Tamén xogaron : Andrea, Rutha, Laura Blanco, Antía e Sabela.
Goles : 1-0, (39´); 2-0, (46´); 3-0, (48´); 4-0, (53´); 4-1, (67´); 5-1, (72´).
Árbitro : Iván Guerra. con Diego Grille e Daniel Chouciño nas bandas. Amonestou a visitante Judith.
Próximo encontro
Lóstrego VF B-UC Cee
Semifinal polo ascenso o 28 de Maio no A Gándara de Chaín. Antes o venres 26 xogarán en Cee a previa da Copa da Costa feminina recibindo o Mazaricos.
Xallas FC 3-2 Eirís SD
Rupper, (Adestrador do Xallas FC Feminino) : “Eliminatoria que a priori eu tiña moitas esperanzas en pasar aínda que sin tanto sufrimento. Unha primeira metade de absoluto dominio e con moitas chegadas a meta do Eirís que por H ou por B non fomos quen de materializar en goles. E na única vez que chegaron unha boa xogada da súa dianteira puña por diante o equipo visitante… Cando xa pensaba en arreglar o desaguisado e animar as rapazas no vestiario, un gol de Luchy despois dunha falta lanzada por Olalla e un máis de Yasmina dábanlle a volta o marcador chegando o tempo de lecer co 2-1 favorable.
A segunda parte o equipo visitante estivo mellor defensivamente e en ataque a base de ímpetu e balóns longos metiu en apretos a nosa línea defensiva, mesmo antes do gol do empate Rosio gañaría un man a man. A renglón seguido cando xa facía números por si se alargaba o encontro cunha prórroga. Olalla cunha golazo dende fóra da área metía unha puñalada no corazón do Eirís que xa non se poideron recuperar. O obxectivo antes de comezar esta aventura era a permanencia na 2° Div. que quedou resolta con este partido. Agora toca visitar a partido único o Friol para poder seguir pelexando por cotas maiores“.
Xallas FC :Rosio; Laura, Rita, Saskia, Andrea Otero; María, Luchy, Andrea Barbeira; Olalla, Alicia e Yasmina.
Tamén xogaron : Inés, Carla, Claudia Espasandín, Paula Barcia, e Nuria.
Goles : 0-1, (32´) ; 1-1, Aurora, (35´); 2-1, (40´); 2-2, (78´); 3-2, (79´).
Árbitro : Pablo Rama, acompañado nas bandas por Iván Vilanova e Tiago Alonso. Non amosou ningún cartón.
Próximo encontro
PM Friol B-Xallas FC
O 28 de Maio no A Reigosa de Friol.
Todo aquel clube que non sexa da costa e que queira participar deste típo de crónicas, pode poñerse en contacto connosco, (info@piratasdemuxia.es), e serán tratados da mesma maneira que os que con nosco colaboran.
Piratasdemuxia.es non se responsabiliza dos comentarios vertidos polos protagonistas, que són únicos, propios e intrasferentes. Só pedimos coherencia nos comentarios e corrección. Todos aqueles comentarios que nos cheguen con insultos non serán publicados. As críticas a terceiros, (árbitros, público, etc), só as emitiremos baixo a corrección e o respecto. As críticas sobre arbitraxes que poida haber, son propiedade do que as di, pois no mundo do fútbol en tódalas ligas, as críticas arbitrais son totalmente normais. Tamén queda abertan a nosa porta a todo aquel do colectivo arbitral que queira amosar a sua disconformidade con calquer comentario, no dereito a respota, así coma outra clase de persoas nomeadas, (delegados, adestradores, xogadores, aficións, etc…). Por último agradecer a tódolos que colaboran nestas crónicas, que son ás máis completas da nosa prensa deportiva e que amosa dous puntos de vista sobre un mesmo encontro. Sen eles non sería posible pois este é un traballo de todos…Gracias.
Tamén invitar aos que ainda non se uniron a este sistema de crónicas, que contacten connosco, para compartir as suas, así como fotos e todo o material que queiran achegar.
-Foto Dumbría : Fran Figueroa
-Montaxes e Texto : Xosé Búa “Pirata”/adestradores