CRÓNICAS CUARTOS DA COPA DA COSTA DE VETERANOS : “BUÑO-SAN RAMÓN E RAZO-NANTÓN SON OS CUARTOS DE FINAL”.

Sen dúbida a sorpresa deta xornada dos Oitavos de Final da Copa da Costa de Veteranos, foi a eliminación en mans do Buño, do San Lorenzo, campión da División de Honra de Veteranos. Ademáis este choque foi o único no que fixo falla chegar os lanzamentos de penalti, onde foi mellor o equipo oleiro, con relevancia no seu porteiro Juan Abelenda. Preséntanse unhas semifinais para o vindeiro Domingo 28 de Maio sen ningún dos equipos favoritos en liza. As semifinais serán a encontro único : Buño-San Ramón ás 10:00 horas no Xaviña, e o Razo-Nantón, no Areal, (Razo) ás 10:30 horas. 

 

-Choques de Cuartos da Copa-

 

SD Castríz 0-1 ACD San Ramón

Un gol de penalti aos 88 minutos de xogo materializado por Juan Maceiras deulle o pase o San Ramón nun choque no que xogaron dende o minuto 51 cun menos por expulsión con vermello direto de Jesús Óscar Ponte.

Ábitro : Esteban Domínguez. Amonestou aos locais Dani Pazos, Longinos e José Luis e expulsou con vermello direto a Jesús Óscar Ponte, (51´).

 

As paradas de Juan Abelenda claves no pase do Buño.

 

SCD Buño 1-1 SD San Lorenzo

(3-0 nos penaltis)

Adiantouse o San Lorenzo os 6 minutos de xogo por medio de Rolando e empataba pouco despois Víctor para os oleiros, (11´). Resultado que xa non se movería. Na tanda de penaltis tan só fixeron falla 6 lanzamentos, pois os de Verdillo fallaron os 3 primeiros e os oleiros marcaron os 3.

Ábitro : Roi Rey. Amonestou a Whashington, Jesús, Jonatan e Abelenda polos locais e a José Marta polos visitantes.

 

CD Razo 3-1 Arasolis FC

Adiantouse o Razo por medio de David o cuarto de hora de encontro, Empataba Luis Manuel para os fisterráns na segunda metade, (54´), e no treito final dous goles cáseque seguidos de Docampo, (70´e 73´), decantaban a eliminatoria para os carballeses.

Ábitro : Miguel Blanco. Amonestou polos locais a Marcos e polos visitantes a Aitor, Juan Carlos e Luis Manuel.

 

CD Nantón 2-0 SD Corcoesto

Encontro que quedou resolñto na primeira metade. Fran Viña facía o primeiro gol aos 34 minutos de xogo e José Luis facía o segundo 10 minutos despois, xusto antes do descanso. Na segunda metade non chegaría un gol visitante que abrise o encontro.

Ábitro : Bruno Méndez. Expulsou a Amarelle polos locais e a Moisés nos visitantes, ambos o mesmo tempo, con amarelos no 70´e 74´.

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies