CRÓNICAS : “CATRO ENCONTROS DAS XUVENÍS E ALEVÍNS DO FISOBER FSF, CO DEBÚT DAS MÁIS PEQUENAS”.

CATEGORÍAS INFERIORES FISOBER

No festivo do día 12 de outubro tiñan dobre cita tanto as xuvenís coma as alevíns do Fisober, en formato de concentración.

 

 

 Fisober FSF Xuvenil

As xuveniles baixo a dirección de Dani Costa desprazábanse a Ferrol para xogar no P.M. de Esteiro a primeira e segunda xornada da Liga Galega Xuvenil Feminina no seu grupo A.

Polo Fisober viaxaron: Sharay, Claudia, Uxía, Lucía Martínez, Saray, Laura e Kenny.

Na que voltaban a vestir de negro Laura e Kenny que voltaba despois de moitos meses e con operación de por medio.

No primeiro partido enfrontábanse ao Viaxes Amarelle co resultado de igualada a tres. Polo Fisober marcaban Kenny, Uxía e Saray.

No segundo dos partidos enfrontábanse ao Parrulo Ferrol co resultado de seis a tres a prol das costeiras. Polo Fisober marcaban Saray en tres ocasións, Lucía Martínez en dúas e Uxía.

As próximas xornadas a modo de concentración desputarase no festivo do 1 de novembro en lugar sen decidir, no que o Fisober se enfrontará ao SDCR Narón O Freixo e novamente fronte ao Viaxes Amarelle para iniciar a segunda volta neste grupo.

 

 

Fisober FSF Alevín

As alevíns baixo a dirección de Patri e Barca xogában desta vez coma locatarias nas ID de O Conco en Dumbría para xogar tamén a primeira e segunda xornada da Liga Galega Alevín Feminina no seu grupo B.

Polo Fisober formaron a convocatoria: Carlota, Claudia, Icía, Ainara, Sara, Alba, Zoe, Iria, Sabela, Lola.

No primeiro partido enfrontábanse ao Lago Dvsport con triunfo para as de As Pontes.

E no segundo dos partidos o rival era o SDCR Narón O Freixo con triunfo tamén para as de Ferrolterra.

Era a primeira vez que vestían a camisola do Fisober tódalas convocadas e a pesares dos resultados desfrutaron da experiencia e incluso se lles fixo curta.

As próximas xornadas a modo de concentración desputaranse no festivo do un de novembro en lugar sen decidir, no que o Fisober se enfrontará ao Arealonga FS Chapela e de novo ao Lago Dvsport para iniciar a segunda volta neste grupo.

-O haber fotos con menores, publicámolas co consentemento do Fisober FSF, pero se algún pai, nai, ou titores desexan que non sexan publicadas, que se poñan en contacto connosco e serán retiradas.

-Fotos e Texto : Fisober FSF/Luis Sambad

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies