CATEGORÍAS INFERIORES FISOBER
Sin partido do senior feminino o fin de semana tiña dobre cita o domingo para as masculinos de Liga Galega.
Na Liga Galega Infantil Masculina o Fisober recibía na mañán do domingo ao Ribeira FS no P. M. Augusto César Lendoiro de Corcubión en partido correspondente a 2ª xornada no Subgrupo Norte 2 da 2ª Fase con resultado de dous a catro a prol dos visitantes.
Polo Fisober formaron: Adrián, Pablo Taboada, Mario, Xavi, Rubén, tamén xogaron: Miguel, Sergio, Eloy, Gael, Borja.
Os goles costeiros foron obra de : Mario en dúas ocasións.
Os colexiados foron : Pedro Riveira e Mateo Ameneiro.
Próximo compromiso
A vindeira xornada será tralo parón de Entroido ca visita ao Club del Mar San Amaro o fin de semana do 25-26 de febreiro.
Na Liga Galega Cadete Masculina no seu grupo Norte e dentro da 18ª xornada o Fisober visitaba na tarde do domingo ao Los Tres Monos Lago Dvsport no P. Monte Caxado de As Pontes de García Rodríguez co resultado de sete a seis a prol dos locais.
Polo Fisober formaron: David, Pablo Costa, Iago Larrañaga, Javi, Álex; tamén xogaron: Juan Emilio, Adrián, Iago Insua, Arturo.
Os goles costeiros foron obra de : Adrián en tres ocasións, Álex en dúas e Iago Larrañaga.
Os colexiados foron : Roberto Amor e Berta García.
Próximo compromiso
A vindeira xornada será tamén tralo parón de Entroido recibindo ao 5 Coruña B.
O martes de Entroido día 21 si haberá concentración na Liga Galega Alevín Feminina e Xuvenil Feminina.
-Foto e Texto : Prensa Fisober FSF/Luis Sambad