CRÓNICAS CATEGORÍAS BASE DO FISOBER FSF : “O XUVENIL MASCULINO CAMPIÓN DA 1ª GALICIA FS E O ALEVÍN CAMPIÓN DA LIGA GALEGA”.

CATEGORÍAS INFERIORES FISOBER

Pois un fin de semana especial que se pechou o domingo con dous títulos, a Liga Galega polo alevín feminino e a Primeira Galicia polo xuvenil masculino, para celebrar da mellor maneira este vinte aniversario do club.

 

PREFERENTE FUTGAL ALEVÍN FEMININO 

17ª Xornada


O PARRULO 0-0 FISOBER FSF 

Polo Fisober formaron : Jimena, Noa, Martina Fernández, Claudia Ares, Martina Lago. Tamén: Alba, Zoe, Marina, Icia, Paula, Marina, Alejandra.

Goles : Partido sen goles entre o primeiro e segundo clasificado, que lle deu o título matemáticamente ó Fisober.

Árbitros : Carmen Rodríguez e Óscar Pita foron os colexiados dun partido disputado na tarde do domingo no P. do Ensanche en Ferrol.

CRÓNICA : Un Fisober que da man de Paula, Adriana e Sharay aínda non coñece a derrota e tan só cedeu dous empates levouse o título de liga.

Cun plantel no que xogaron: Jimena, Xenia, Claudia Ares, Noa, Alba, Lola, Icia, Martina Fernández, Martina Lago, María, Marina, Alejandra, Paula, Carmen e Zoe.

Incidencias : O seu vindeiro partido é o aprazado co CD Seguridade Galega, para rematar a liga recibindo ó Viaxes Amarelle.

PREFERENTE FUTGAL ALEVÍN FEMININO

17ª Xornada

FISOBER FSF 2-5 RIBEIRA FS

Polo Fisober formaron: Carlota, Sabela, Claudia Otero, Mar, Noa. Tamén: Lola, Zoe, Carmen, Paula, Ainara.

Goles : Os goles costeiros foron obra de Sabela e Claudia Otero.

Árbitros : Jorge Beiras e Marco Formoso foron os colexiados en partido disputado na tarde do sábado nas ID de O Conco en Dumbría.
A vindeira xornada visitan ó Casás en Lugo.

 

PRIMEIRA FUTGAL XUVENIL MASCULINO

14ª Xornada

MANDELA FC 0-4 FISOBER FSF

Polo Fisober formaron: David, Iago, Pablo Costa, Juan Emilio, Mario. Tamén: Brais, Lucas, Gael, Adri, Pablo Taboada, Samuel.

Goles : Os goles costeiros foron obra de Pablo Costa en dúas ocasións, Iago, Juan Emilio.

Árbitro : O colexiado foi Nicolás Villegas, en partido disputado na tarde do domingo no P. Monte das Moas coruñés.
 

CRÓNICA : Necesitaba os tres puntos o Fisober para acadar o título, neste partido que se aprazara na xornada catorce e que despois de que non se presentara o Mandela a semana pasado o comité de competición decidiu que se xogara este domingo.
O Fisober cumpriu e levouse o título para a Costa.

Un equipo adestrado por Ana e Dani, que despois de caer nos dous primeiros partidos, tan solo cedeu dous empates no resto da liga.
Cun plantel no que xogaron : Adrián Martínez, Brais, David, Iago, Samuel, Pablo Costa, Gael, Adri Trasmonte, Mario, Álex, Lucas, Javi, Pablo Taboada e Juan Emilio.

Agora toca esperar pola Copa e a fase de ascenso.

-Foto e texto : Luis Sambad/Prensa Fisober FSF

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies